Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE

ADOLESCENCIA E SEXUALIDADE

 

Os adolescentes afrontan cambios biolóxicos, psicoafectivos e sociais de singular calado. Os cambios na sexualidade, imaxe corporal, identidade e orientación sexual, afectos sexuais (desexo, atracción e namoramento) e actividade sexual, ocupan un lugar preeminente. O inicio cada vez máis precoz das relacións sexuais pode levar consigo problemas de embarazos non desexados, abandono de estudos e proxectos vitais, interrupcións voluntarias de embarazo, infeccións de transmisión sexual, desenganos, insatisfacción e problemas emocionais. Para tratar de reducir estas consecuencias, é esencial que a nosa sociedade recoñeza o dereito dos adolescentes a ser sexualmente activos e os prepare para gozar de forma responsable da súa sexualidade.

Os pediatras poden xogar un importante papel neste proceso, podendo apoiar aos adolescentes con CONSELLOS que lles poden axudar.

FONTE: sepeap.org (Sociedade Española de Pediatria Extrahospitalaria e Atención Primaria)

AS COMPUTADORAS DO FUTURO

 

As computadoras son un elemento esencial na nosa vida cotiá. O desenvolvemento actual busca deseñar dispositivos cada vez máis pequenos e veloces, e que faciliten unha utilización máis eficiente da enerxía. Ademais, os técnicos encóntranse abocados a producir unidades de memoria que impliquen un paso máis cara á intelixencia artificial.

Este vídeo conta a historia das supercomputadoras e os retos a superar para o futuro.

FONTE:actualidad.rt.com

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2014

 

A Xunta de Galicia organiza un ano máis durante as vacacións de verán, campamentos para rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos. Sendo o aloxamento en albergues, residencias ou tendas.

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta pola natureza, actividades de multiaventura....

No prezos hai descontos do 50% aos membros de familia que teñan o título de numerosa e do 25% as persoas usuarias do Carné Xove.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de abril. 

Estás interesado? Pois aquí tes toda a información:

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

A madrugada do sábado ao domingo adiantamos unha hora o reloxo / Imaxe:afines.com

Na madrugada de hoxe, sábado a domingo 30 de marzo, procederase ao cambio de hora, polo que teremos que adiantar o noso reloxo 1 hora, de forma que ás 2 serán as 3, tendo o día 23 horas.

Segundo estimacións do (IDAE), Entidade Pública Empresarial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, no noso país, o aforro en iluminación no sector doméstico polo cambio de hora durante os meses que teñen efecto; é dicir, dende final de marzo ata final de outubro, pode representar un 5%. Se o consumo medio dunha familia española é de 3.200 kWh, o aforro sería de máis de 6 € por fogar e máis de 60 millóns de euros para o conxunto deles.

De obrigado cumprimento, a pregunta real é: merece tanto a pena?


O CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS

O CASTRO DE SAN CIBRAO DE LÁS

Interior do centro de interpretación inagurado / Imaxe: farodevigo.es 

O castro de San Cibrao de Lás  localízase xusto na fronteira dos municipios de San Amaro (concello dos meus avós paternos) e de Punxín (concello onde eu nacín), nunha lomba de 472 m, onde se dividen os dous concellos , sendo un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño de Galicia. Podemos consideralo como un poboado castrexo pero achegándose máis a unha gran cidade fortificada romana, razón pola que este castro era coñecido como "A Cidade". O seu período de ocupación debeu estar comprendido entre os séculos II a.c. e o II d.c. e alcanzaría o seu explendor cara a mediados do primeiro século da nosa era, coincidindo co comezo da romanización de Galicia.

A pasada fin de semana botou a andar o seu centro de interpretación e as visitas guiadas, polo que anímovos a vístalo. Quedaredes gratamente sorprensidos, xa que é distinto ao que temos na nosa localidade, o de Santa Trega.

Co apareitivo, no vídeo superior tedes imaxes aéreas do citado castro, onde se amosa a súa magnitude e a súa singularidade!

VACACIÓNS: CHEGOU O ENTROIDO

VACACIÓNS: CHEGOU O ENTROIDO

Pantallas, de Xinzo (Ourense) coas tradicionais vexigas de vaca inchadas / Imaxe: Iñaki Osorio/ vivirgaliciaturismo.com 

Chegoron uns día de descanso. Chegou o ENTROIDO!

Das festas do ano, quizais o Entroido sexa a que máis entusiasmo esperta e a que ten raices máis afastadas. Dende hai millares de anos, o Entroido son días nos que se vive por un investimento de valores, de trastornar papeis, de "tolear" colectivamente rompendo moldes e maneiras de vivir. É tempo no que cada quen sente a necesidade de inverter o papel que lle tocou vivir, a muller viste de home e o home de muller; os pobres séntense ricos, e os ricos visten de farrapos; as máscaras cobran papel de autoridades e os non disfrazados poden ser obxecto das bromas máis crueis.

Vémonos o xoves, día 6 de marzo. Que o pasedes ben!

XXII XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

XXII XOGOS OLÍMPICOS DE INVERNO

Cartel dos Xogos de Inverno 2014 / Imaxe:quehaydonde.es 

Dende hoxe ás 16 horas, venres día 7, ao domingo, día 23 de febreiro, celébranse os XXII Xogos Olímpicos de Inverno  na cidade de rusa de Sochi, aínda que algúns eventos terán lugar na cidade de Krasnaya Polyana, nos que participarán máis de 2.500 representantes de 88 países.

España participará cunha delegación de 20 deportistas (14 homes e 6 mulleres) que competirán en 7 dos 15 deportes destes xogos: Biatlón, Esquí acrobático, Esquí alpino, Esquí de fondo, Patinaxe artístico, Skeleton e Snowboard.

Se queres seguir polo míudo estes xogos só tes que premer AQUÍ .

Boa sorte a todos! 

ERUPCIÓN DO VOLCÁN SINABUNG

ERUPCIÓN DO VOLCÁN SINABUNG

 Volcán Sinabung en erupción / Imaxe:rtve.es

Polo menos 14 persoas morreron, o sábado pasado, engulidas polas nubes de cinza quente que lanza o volcán  Sinabung, ao norte da illa de Sumatra, no oeste de Indonesia.

O volcán Sinabung leva latente 400 anos, pero espertouse en 2010 e de novo en setembro de 2013. A situación estaba tranquila dende mediados de xaneiro, pero de súpeto estalou a mañá do pasado sábado, expulsando rochas e cinzas quentes ata 2.000 metros. O campo dos arredores, zona fundamentalmente agrícola, está cuberto de po gris.

O Sinabung (estratovolcán, cunha altitude de 2.460 m) é un dos 129 volcáns activos en Indonesia, atopándose no Arco de Sonda, unha cadea volcánica que une o cinto alpino co Cinto de Lume do Pacífico. Ten catro cráteres, dos que só un está activo.

FONTE: Xornal El Mundo e wikipedia.org