Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

ÉBOLA

ÉBOLA

Virus do ebola / Imaxe:examiner.com 

 

Dende África Occidental chegan noticias preocupantes pola enfermidade do EVE (Enfermidade polo Virus do Ébola), que só tomamos en serio cando afecta aos nosos ou cando hai posibilidade de entrada na nosa contorna.

Segundo a OMS (Organización Mundial da Saude) están infectados polo ébola preto de 2.000 persoas, das cales máis da metade  xa morreron. Os países, en principio, efectados pola epidemia son: Guinea Conakry, Liberia, Nixeria e Serra Leoa.

Pero que é o ÉBOLA?

O virus do Ébola (virus da familia Filoviridae e do xénero Filovirus) causa no ser humano a EVE, antes coñecida como febre hemorráxica do Ébola, cuxa taxa de letalidad pode chegar ao 90%.

Detectouse por vez primeira en 1976 en dous brotes simultáneos acontecidos en Nzara (Sudán) e Yambuku (República Democrática do Congo). A aldea en que se produciu o segundo deles está situada preto do río Ébola, que dá nome ao virus.

O virus do Ébola introdúcese na poboación humana por contacto estreito con órganos, sangue, secrecións ou outros líquidos corporais de animais infectados. En África documentáronse casos de infección asociados á manipulación de chimpancés, gorilas, morcegos fruxívoros, monos, antílopes e puercoespines infectados que se encontraran mortos ou enfermos na selva.

Posteriormente, o virus propágase na comunidade mediante a transmisión de persoa a persoa, por contacto directo (a través das membranas mucosas ou de solucións de continuidade da pel) con órganos, sangue, secrecións, ou outros líquidos corporais de persoas infectadas, ou por contacto indirecto con materiais contaminados polos devanditos líquidos.

A EVE é unha enfermidade vírica aguda grave que se adoita caracterizar pola aparición súbita de febre, debilidade intensa e dores musculares, de cabeza e de garganta, o cal vai seguido de vómitos, diarrea, erupcións cutáneas, disfunción renal e hepática e, nalgúns casos, hemorraxias internas e externas.

O período de incubación (intervalo dende a infección ata a aparición dos síntomas) oscila entre 2 e 21 días.

Non hai vacina contra a EVE. Estanse a probar varias, pero ningunha está aínda dispoñible para uso clínico.

Lamentablemente o medo aumenta no mundo, aínda que o risco de contaxio no noso país é remoto!

FONTE: www.who.int

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A tapa de pulpo máis grande do mundo / Imaxe: laregion.net

 

Na miña terra, no Carballiño (Ourense) onte volvérono conseguir. As mans de 20 profesionais da Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras de Arcos conseguiron preparar a tapa de polbo máis grande do mundo. Para iso valéronse de 420 quilos de pulpo ou polbo e dun prato de 5,10 metros de diámetro. Ademais, estes expertos na arte da cocción, o aliño e o picado traballaban baixo a presión dun cronómetro o que non lles impediu bater o seu propio récord. Se o ano pasado o recipiente tiña un diámetro de 4,60 metros e tardaban en enchelo 12 minutos, onte con medio metro máis, completaron a súa tarefa en 10 minutos e 35 segundos.

Este segundo intento sebeuse a que tan só catro memes despois de conseguilo o ano pasado foi superado en Ponferrada (León).

Esta actividade enmárcase na 52 edición da Festa do Pulpo que terá lugar o próximo domingo, día 10, que coincide sempre coa subida ao Monte, nas festas da miña segunda terra, A Guarda.

Xa sabedes para pulpo, Carballiño!

7º ANIVERSARIO

7º ANIVERSARIO

 

Cumpre este blog 7 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 edende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 137.408

Visitas no último ano: 19.840                        

Promedio mensual: 1.653 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 363

Promedio mensual: 30 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

COMO PAGAR A SUBSCRICIÓN ANULA DE WHATSAPP

COMO PAGAR A SUBSCRICIÓN ANULA DE WHATSAPP

WhatsApp / Imaxe: bittonet.com 


Cando expira a licenza gratuíta de WhatsApp de uso dun ano, é necesario pagar unha cota de subscrición para continuar gozando do servizo sen incómodos contratempos.

O prezo de WhatsApp dunha subscrición anual é de 0,73 euros. As subscricións son acumulativas, de modo que se pagamos por un ano adicional de servizo, se ampliará un ano máis a subscrición actual. Cabe ter en conta que se borramos a aplicación e a volvemos descargar, non cambia de ningún xeito a subscrición.

Á hora de aboar a cota, WhatsApp ofrece tres opcións:

Google Wallet: Podemos pagar mediante unha tarxeta de crédito, débito ou unha tarxeta regalo. Así mesmo, é posible aboar a cantidade a través do noso operador de telefonía, de forma que o pagamento aparecerá reflectido na factura, aínda que non todas as compañías ofrecen esta alternativa.

Paypal: A forma máis doada e segura de pagar a cota é mediante Paypal. Para iso deberemos ter aberta unha conta nesta plataforma de pagamento online.

Enviar enlace de pagamento: Esta última opción ten a vantaxe de que mediante un enlace podes pagar WhatsApp dende o ordenador ou outro dispositivo, ou ben pedirlle un amigo que pague por ti (non necesita acceso ao teu móbil). Outra vantaxe é que non se gardará no teu teléfono ningún contrasinal nin datos de tarxetas de crédito.

Unha advertencia sobre o sistema de enlace: o número de teléfono forma parte da dirección do enlace, polo que só débese usar o xerado pola nosa conta de WhatsApp. Cada número dispón do seu propio enlace.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

REMATAMOS O CURSO NA PRAIA

REMATAMOS O CURSO NA PRAIA

Alumnado de 1º ESO C, equipo verde, ganadores da proba de pistas

 

Coma todos os anos, o último día de clase pasámolo na praia da Armona-Lamiña de Camposancos, nun día marabilloso e radiante.

Para empezar unha caminata ata o lugar. Alí, chisco de Educación Física, outro chisco de Ciencias da Natureza e moito ocio: praia e baño (que por certo estaba moi boa a auga). E para rematar, outra camiñata ata o noso IES.

Un fin de curso redondo!

PARABENS GABRIEL!

PARABENS GABRIEL!

Gabriel Otero Moreira / Imaxe: Víctor M. Gómez

O mar é  a súa contorna sempre foi un tema que formou parte das mellores novelas e relatos. Se a iso lle engadimos un toque ecolóxico e ambiental temos un combinado perfecto.

Este é o caso do relato dun alumno do noso IES, concretamente de 2º ESO A, que foi finalista no Concurso de Relatos, na categoría xuvenil modalidade microrrelatos, que organizou o Centro Oceanográfico de Vigo con motivo da celebración do Centenario do Instituto Español de Oceanografía. O rapaz en cuestión é Gabriel Otero Moreira con "La desaparición de los arrecifes". Aquí tedes o seu texto:

LA DESAPARICIÓN DE LOS ARRECIFES

Cuando yo era pequeño ya sabía que quería dedicarme a la biología. Quería estudiar los animales, yo decía que me gustaban porque se movían. Pensaba que los arrecifes de coral, al no moverse, no eran animales pero con el tiempo aprendí a apreciarlos. Ahora sé que son uno de los principales elementos que dan vida al océano y que tenemos que protegerlos para evitar un desastre ecológico de consecuencias desastrosas para la humanidad.

Hace años solía ir de vacaciones con mi familia a Cangas do Morrazo. Un día, al atardecer, cuando estaba disfrutando de los últimos rayos de sol en la playa me fijé en un hombre mayor que a mí me pareció que tenía mil años. Comencé a hablar con él tímidamente; poco a poco comencé a darme cuenta de que detrás de aquellas arrugas había una persona llena de sabiduría y muchas experiencias que compartir. El tiempo voló mientras escuchaba fascinado las historias de aquel hombre, me habló de cuando, siendo joven, viajó a Australia y estuvo buceando por los arrecifes de coral. Me dijo que había sido una de las experiencias más bonitas de toda su vida y me contó emocionado todo lo que había aprendido allí. Desde ese día empecé a interesarme por el buceo y los ecosistemas coralinos y desde entonces, visitar los arrecifes australianos es uno de mis sueños. Empecé a investigar sobre la riqueza de los océanos, y decidí que quería dedicar mi vida a la biología marina.

Hoy, cuando miro documentales sobre la vida marina todavía me impresionan, porque me doy cuenta de que todavía hay mucha vida por descubrir en esos preciosos jardines marinos. Los arrecifes de coral, aún a pesar de que son ecosistemas muy poco conocidos y valorados por la mayor parte de la población mundial, son uno de los temas más importantes que existen en el campo de la biología marina. Para empezar, en ellos habitan la mayoría de los seres vivos acuáticos; de hecho, sin ellos los océanos no tendrían tanta belleza como la que tienen ahora. En estos grandes ecosistemas sumergidos, habitan una gran diversidad de seres vivos; entre ellos, tortugas marinas, crustáceos, gran cantidad de peces, tiburones de arrecife y muchos más organismos. Los arrecifes de coral son incluso utilizados para la investigación y fabricación de medicamentos que ayudan a mejorar nuestra calidad de vida. Sin embargo, por culpa de la contaminación provocada por la irresponsabilidad del ser humano, están empezando a desaparecer.

Este mes el Oceanogràfic ha recreado en su sala oval los arrecifes del Océano Indo-Pacífico y del Caribe. Todavía me acuerdo de cuando, siendo muy pequeño, mi madre nos llevó allí y me quedé extasiado viendo todos los animales marinos que hasta entonces había admirado en mis libros sobre el océano. Ese es mi gran sueño, trabajar en un sitio así y poder contribuir a que la belleza que hay bajo ese manto azul siga permaneciendo para las generaciones venideras.

 

Os meus parabén para este incipiente escritor e amante da bioloxía!

EQUIPO DO NOSO IES NO CAMPIONATO DE MODELADO 3D DE PRECISIÓN CO MÓBIL

 

Conxunto real de pistón, biela e cigoñal dun motor de explosión dun automobil. Modelo en 3d realizado co programa 123D Catch.

Este modelo foi realizado por alumnos do IES A Sangriña  para participar no campionato do mundo de modelado 3D de precisión co móbil, "d3mobile.es Metrology World League".

O nome do equipo é tecnosang 2.1

Se queres votalo preme AQUÍ.

ALGUNHAS ESTAFAS NO WHATSAPP

ALGUNHAS ESTAFAS NO WHATSAPP

Icona do Whatsapp / Imaxe: hiperdroid.com

Whatsapp ten en España máis de 25 millóns de usuarios activos que case todos os días utilizan a aplicación. Pero a app máis coñecida no noso país tamén esconde algúns riscos.

Un estudo elaborado por Panda Security confirma que os usuarios de Whatsapp están expostos a posibles roubos de información e mesmo de cartos. A coñecida empresa de antivirus elaborou unha lista con algunhas das estafas máis comúns que quixemos analizar para que saibas en que consisten e que facer fronte á ameaza. Preme AQUÍ para coñecelas.

FONTE: expasión.com/tencoloxía