Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CHEGA O OUTONO

CHEGA O OUTONO

Comezo do outono / Imaxe: natursan.net

 

Mañá, martes 23, día de Santa Trega, ás 4 horas e 29 minutos, hora oficial peninsular, entra o outono.

Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 22 de decembro co comezo do inverno.

O inicio astronómico desta estación vén dado, por convenio, como o instante en que a Terra pasa por unha determinada posición da súa órbita arredor do Sol. Esta posicion é dende a que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Como consecuencia a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia chámase tamén equinoccio de outono.

Perda de luminosidade nos días, baixada das temperaturas, cambio de hora, chuvia...

É o que toca!

MÚSICA CON CONTIDO AMBIENTAL IV

Vídeo 1: “Heal the World”  Vídeo 2: “Earth Song

 

Os seus temas e a súa peculiar forma de bailar fixeron de Michael Jackson (1958-2009) un das principais iconas da música pop de todos os tempos. En 1991 publicou “Heal the World” (Cura ao mundo), un chamamento para facer do planeta un lugar mellor en todos os aspectos. Catro anos despois lanzou “Earth Song” (Canción da Terra), onde se mostra máis crítico pola destrución do mundo causada polos seres humanos.

FONTE: Revista Consumer

QUE É A ELA?

QUE É A ELA?

Por que se produce a ELA? / Imaxe:Rodrigo Silva/Xornal El Mundo

 

A Esclerose Lateral Amiotrófica é unha enfermidade dexenerativa que afecta ás células nerviosas do sistema motor. Este é o encargado de controlar o movemento reflexo e voluntario, o que provoca que ao diminuír o funcionamento deste tipo de células xérese debilidade e atrofia muscular.

Atendendo á súa denominación, a palabra “esclerose” fai referencia ao endurecemento do tecido nervioso tras a súa dexeneración, mentres que o conxunto deses nervios que se atopan a ambos os dous lados da espiña dorsal fai que se lle asigne ao nome da enfermidade o termo “lateral”. Como consecuencia diso aparece a atrofia muscular á que se lle concede o vocábulo “amiotrófico”.

Descoñécese a orixe e as causas desta afección aínda que algúns expertos teorizan sobre algúns posibles factores que poderían ter relación con esta: o compoñente xenético como o seu detonante, unha alteración concernente ao crecemento neuronal na que se desencadea o suicidio destas vitais células nerviosas…

A media de idade na que a Enfermidade Lateral Amiotrófica comeza a facer a súa inmersión oscila entre os 40-70 anos, aínda que iso non descarta que se poida producir en persoas máis novas.

Entre as súas características cabe mencionar que non se trata dunha enfermidade contaxiosa, aínda que a súa incidencia na poboación española é de 1 por cada 50.000 habitantes, afectando en maior número a varóns.

O diagnostico da enfermidade é complexo xa que non existe unha avaliación definitiva, senón que un neurólogo especialista debe examinar por completo o paciente atendendo así mesmo ao seu historial médico. A realización dun electromiograma é fundamental para determinar o estado dos nervios e músculos.

En canto ao seu tratamento non existe cura, sendo os tratamentos de control e os paliativos as únicas alternativas para mellorar a calidade de vida dos afectados. A esperanza de vida dos pacientes varía en cada caso.

Hai moitos afectados por esta enfermidade, un dos máis coñecidos é o físico e científico Stephen Hawking.

FONTE: Xornal Faro de Vigo

VOLVENDO Á RUTINA

VOLVENDO Á RUTINA

Rematan as vavacións / Imaxe:93dias.blogspot.com 

 

Remataron as vacacións para todos e mañá volveremos á rutina diaria. Non queda outra!

O curso 2013/2014 remata nun días, xa que só quedan os exames de setembro que serán os días 1, 2 e 3. A entrega de notas será o día 5, venres, ás 9 horas (para o alumnado de ESO).

O curso 2014/2015 comezará oficialmente o día 15, luns.

Pensade positivamente, despois...volven as vacacións!

MÚSICA CON CONTIDO AMBIENTAL III

 

O amor é o tema principal das cancións do grupo mexicano Maná, pero non só polas relacións de parella, senón tamén polo medio. Demóstrano con títulos como "Onde xogarán os nenos?" de 1992, e tamén co seu activismo ecolóxico. Os seus integrantes crearon en 1995 a Fundación Selva Negra para financiar diversos proxectos ambientais, como a protección da tartaruga mariña, e pola que recibiron diversos premios.

FONTE: revista Consumer

MÚSICA CON CONTIDO AMBIENTAL II

 

Seguimos co percorrido por esa ducia de cancións  en cuxas letras está presente o medio ambiente. Hoxe tócalle a un tema do ano 1989 “Entre salitre e suor” do grupo donostiarra Duncan Dhu. Nel denunciase a caza de baleas que levou á desaparición destes cetáceos da costa do Cantábrico.

FONTE: Revista Consumer

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2014

 

Spot da Volta Ciclista a España 2014, coa bailadora flamenca Sara Baras.

 

Maña, sábado 23, comeza a Volta a España 2014, ata o domingo 14 de setembro. O seu punto de partida será Xerez da Fronteira (Cádiz)  e contará con 21 etapas, cun percorrido total de ao redor de 3.239,9 quilómetros, que a levará á nosa Comunidade, a Santiago de Compostela, onde rematará.

Cun final galego (“O final do camino”), contará en total con 4 etapas na nosa Comunidade, a saber:

Etapa 17: Ortigueira - A Coruña

Etapa 18: A Estrada – Monte Castrove. Meis

Etapa 19: Salvaterra do Miño- Cangas do Morrazo

Etapa 20: San Estevo de Ribas do Sil / Porto dos Ancares

Epata 21: Santiago de Compostela – Santiago de Compostela

 

Se queres coñecer o percorrido de tódalas etapas preme AQUÍ.

Para estar ao día na 69ª edición desta proba ciclista, no refrente a clasificacións, historia…só te que premer AQUÍ.

MÚSICA CON CONTIDO AMBIENTAL I

 

Inicio este apartado que pretense facer un percorrido por unha ducia de cancións, de toódolos tempos, en cuxas letras está presente o medio ambiente. De seguro que non son as máis coñecidas, pero si amosan compromiso e denuncia, facendo a súa aportación á defensa deste planeta tan acosado ambientalmente.

Comezamos pola canción do 2006 “Ready to Fall” (Preparados para caer), de Rise Against, unha banda estadounidense de hardcore punk. Nela denunciase a destrución do planeta, pero ao final do tema, o seu cantante, Tim McIlrath, dá unha mensaxe de esperanza: "Cada acción ten unha reacción. Nós temos un planeta e unha oportunidade".

Aquí tedes a súa letra en galego:

Agárrate reduce a velocidade

outra vez no cume

agora

e dinme todo

Coñézoo

tería sido para o que sempre parece

Pero aquí agora espero

convencelo que non son un fantasma ou un forasteiro

Pero máis preto do que ti pensas

Ela soamente continúa

ela quéreo e este fai a súa vida

por favor non morras sobre min

O costume de ter ás tómame

Teño os ollos pechados

Entón dou un paso

Pero non mires abaixo

Dou un paso

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer

Pensan que estou no bordo agora, pero eu poderia

equivocarme

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer

Movemento perpetuo o foco de costume de imaxe

Un aspecto borroso é todo o que vin

Pero aqui neste momento, é como estar no ollo da tormenta

Isto todo vino claro

Atopei un ombreiro onde inclinarme

Unha razón infalible de vivir absolutamente só

Fixen unha última mirada das alturas

ás que unha vez me gustaron

E logo corrín como o inferno

O costume de ter ás tómame

Teño os ollos pechados

Entón dou un paso

Pero non mires abaixo

Dou un paso

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer

Pensan que estou no bordo agora, pero eu poderia

equivocarme

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer

Conto as veces

ás que te é coñecido (coñézoo)

Agora a miña confesión afógase devagar (coñézoo)

Se hai un tempo estas paredes poderían protexerme (coñézoo)

Entón deixei aquel tempo para ter agora a razón

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer

Pensan que estou no bordo agora, pero eu podria

equivocarme

Estou de pé sobre un tellado apunto de caer (x5)


FONTE: Revista Consumer e musica.com