CHEGA O OUTONO
Comezo do outono / Imaxe: natursan.net
Mañá, martes 23, día de Santa Trega, ás 4 horas e 29 minutos, hora oficial peninsular, entra o outono.
Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 22 de decembro co comezo do inverno.
O inicio astronómico desta estación vén dado, por convenio, como o instante en que a Terra pasa por unha determinada posición da súa órbita arredor do Sol. Esta posicion é dende a que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Como consecuencia a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia chámase tamén equinoccio de outono.
Perda de luminosidade nos días, baixada das temperaturas, cambio de hora, chuvia...
É o que toca!
0 comentarios