UN LUGAR E A SÚA FÁBULA
Trátase dun dos recunchos máis rechamantes do Carballiño (Ourense). O río Arenteiro, ao seu paso por esta vila, ten que bordear con un meandro unha elevación rochosa de 384 metros de altura. Atópase entre a piscifactoría e a antiga fábrica dá papel da Lavandeira. Este pequeno montículo está coroado con dúas grandes rochas que a tradición asocia a unha parella, dando lugar a unha serie de fábulas amorosas.
No conxunto rochoso aínda habitan os ecos da tráxica relación entre Boán e Marta, un adiñeirado pagán atraído por unha moza cristiá. Boán coa intención de seducir á rapaza, decidiu botar man dos servizos dunha sacerdotisa pagá. A pitonisa preparou unha bebida máxica. Marta bebeu da beberaxe sen saber que a apócema presentaba un dobre fío. Tratábase de que se a rapariga en realidade xa desexaba a Boán, a beberaxe faríaa tolear. Marta perdeu o xuízo e precipitouse ao baleiro desde a rocha. Pola súa banda, Boán, preso de dor decidiu acompañar á súa amada. Hai quen asegura que cando sopra o vento, iste trae consigo os queixumes do malaventurado mozo.
Un lugar, dentro da ruta do Arenteiro, que merece a pena visitar!
FONTE: laregion.es e galiciamxica.eu
0 comentarios