Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

A PELÍCULA MÁIS DIMINUTA DO MUNDO

 

Esta película está máis preto dun Nobel que dun Oscar. Feita como a animación a lapis fotograma a fotograma, IBM creou un curto dun neno que xoga cunha pelotiña. O seu mérito está en que o contorno das figuras, os rudimentarios puntos que se ven, son en verdade átomos, e a película é un alarde da precisión coa que a compañía é capaz de manipular a estrutura básica da materia. Non se trata só dun divertimento: o manexo de átomos, un a un, é clave para a futura computación cuántica.

FONTE: Xornal El país/Ciencia

UN LIBRO PARA LER: "LOBA"

UN LIBRO PARA LER: "LOBA"

Hoxe presentovos un libro onde se mestura o valor e a fantasía: "LOBA". Esta obra é a gañadora do Premio Gran Angular 2013 (XXXV Edición dos Premios SM). A súa autora é Vérónica Murguía.

Verónica Murguía  (México DF, 1960) Estudou Historia na Universidade Nacional Autónomo de México. Vive e traballa como escritora, tradutora e xornalista no Distrito Federal.

Sinopse do libro: O rei Lobo goberna con man de ferro en Moriana, un país que basea a súa prosperidade na escravitude e a guerra. Angustiado por unha maldición segundo a cal xamais poderá ter un fillo varón, Lobo desatende as súas dúas fillas, en especial a Soidade, a primoxénita, que non logra o cariño do seu pai por máis que o intenta adestrándose en cazarías e combates simulados. Cando a noticia dunha ameaza terrible -un dragón- chega á corte, Soidade acepta a responsabilidade de partir aos confíns do reino para ver canto hai de verdade nos rumores. Esa busca levaraa a coñecer a amizade, o amor, a maxia e, en última instancia, a esencia de si mesma.

Interesante!

FONTE: Literatura Infantil y Juvenil SM

DATA DE CADUCIDADE E DE CONSUMO PREFERENTE

DATA DE CADUCIDADE E DE CONSUMO PREFERENTE

Caducidade dos iogures / Imaxe: segre.com


A decisión do Goberno de eliminar a data caducidade dos iogures (ata agora era de 28 días dende a súa elaboración) e substituíla por unha data de consumo preferente que establecerán libremente os fabricantes desatou reaccións a favor e en contra por parte das asociacións de consumidores e produtores. A decisión sobre o consumo recae agora no consumidor.

Que diferenza hai entre ámbalas dúas datas? A data de caducidade indica ata cando un produto é seguro para o consumo e afecta aos alimentos moi perecedoiros e con risco microbiolóxico, como carnes e peixes crus e frescos, a pastelaría ou algúns produtos lácteos (ata o pasado 29 de marzo tamén afectaba ao iogur). Unha vez que caducou, o produto non debe consumirse porque existe o risco de que estea en mal estado ou teña bacterias patóxenas. Para aproveitar os alimentos que van caducar pronto, a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) suxire conxelalos. Iso si, ao desconxelados hai que consumilos en menos de 24 horas.

A etiqueta de consumo preferente aplícase a produtos máis duradeiros e indica a data a partir da cal o produto vai perdendo ou cambiando parte das súas propiedades organolépticas (sabor, aroma, textura, cor, etc). Non obstante, aínda que estea rancio ou cambie a súa textura ou cor, se se conservou de xeito axeitado, o seu consumo despois da data non entraña riscos para a saúde.

Esta mefida foi tomada, segundo o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), para incorporar a lexislación europea á española e reducir a dilapidación de alimentos (a medida enmárcase nunha campaña denominada "Máis alimento, menos desperdicio" que pretende reducir á metade a comida que se tira cara a 2025).

FONTE: Xornal El Mundo/Economía

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE VERÁN

As 2 pasarán ser as 3 esta noite / Imaxe: diariodenavarra.es

Esta noite (madrugada do domingo), os españois deberemos axustar os nosos reloxos. Ás 2 da mañá haberá que adiantar as agullas unha hora para adaptarse ao horario de verán que rexerá ata o 27 de outubro.

Segundo cifras oficiais, España aforrará uns 300 millóns de euros en iluminación coa medida. Do total, 90 millóns corresponderían ao potencial dos fogares españois, o que supón un aforro de seis euros por fogar. Os 210 millóns de euros restantes aforraríanse nos edificios do sector servizos e na industria.

Pero hai unha voz discordante, á que nos unimos moitos cidadáns, a da Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), quen pedíu ao Goberno que elimine a medida disposta para esta fin de semana, recuperando así a súa hora solar, adoptando o fuso horario do Meridiano de Greenwich e abandoando o de Berlín, no que estamos dende o 2 de maio de 1942.

ATA SEMPRE LOIS

ATA SEMPRE LOIS

Retrato de Lois, tomado da exposición "Descubrindo a Lois" do CEIP Manuel R. Sinde. do pasado mes de xuño.

Lois morreu!

Despois dunha longa loita entre a vida e a morte, esta última acabou gañando a partida e levounos un mestre, un artista e, sobre todo, unha boa persoa.

Moitos son os nenos e nenas que pasaron polas súas mans, na súa actividade profesional no CEIP "Manuel Rodríguez Sinde", ata que no curso pasado xubilouse pola enfermidade que, xa daquela, rondaba na procura da súa presa.

Só me queda por decirlle a este bo amigo: Ata sempre Lois!

CHEGA A PRIMAVERA

CHEGA A PRIMAVERA

Cerdeira en flor no Val do Jerte (Cáceres) / Imaxe:travelnauta.com

Hoxe, mércores 20 de marzo, ás 12 horas 02 minutos hora oficial peninsular, unha hora menos en Canariasa, comeza a primavera de 2013. Esta estación durará 92 días e 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do verán.

Esta é a época do ano en que a lonxitude do día se alonga máis rapidamente. O Sol sae polas mañás antes que o día anterior e pola tarde ponse despois. Como consecuencia, o tempo en que o Sol está por enriba do horizonte aumenta case tres minutos cada día.

O domingo 31 de marzo terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán. Este día coincide co Domingo de Pascua.

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemórase hoxe 8 de marzo, coma todos os anos. É unha xornada onde os grupos femininos en todo o mundo potencian a figura das mulleres como artífices da historia e afunden as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Todo temos mulleres na casa, empezando pola nosa nai. Valoremos o seu traballo e colaboremos na súa dignificación dándolle un trato igualitario.

Para centrar o tema do día, aquí tedes esta presentación elaborada pola biblioteca do CEIP "Mestres Goldar" de Vigo, editado en vídeo polo CEIP "Víctor Sáenz" de Mazaricos para esta celebración. O centro de interese é o libro escrito por Anthony Browne "O libro dos Porcos" e editado por Kalandraka. Musica: "Les jours tristes" de Yann Tiersen.

Bo día a todas as mulleres!

CONTOS QUE NON SON CONTOS: POR SAN FROILÁN

CONTOS QUE NON SON CONTOS: POR SAN FROILÁN

 

O San Froilán é unha festa de moita sona en Galicia. Entre os días 4 e 12 de outubro,  Lugo  vive estas festas , cuxa celebración atrae centos de miles de visitantes cada ano. Dentro do programa destacan, sobre todo, dúas das xornadas festivas: o 5 de outubro, cando teñen lugar os actos relixiosos na honra do patrón San Froilán; e o domingo seguinte, o chamado "O domingo dás Mozas", que está adicado á exaltación do traxe tradicional e ao folclore galego. Alí situamos o noso conto:

Pepe da Corga e Estevo de Castro encontráronse despois de moito tempo, entre a multitude, no San Froilán.

Abrazos e alegróns polo encontro, pero só un intre porque Estevo tiña moita présa. Perdera a súa dona e andaba na súa procura coma un deseperado por toda a festa.

- Vaia home, que casualidade -dixo o Pepe-. Pois eu tamén perdín á miña esta mañá e co xentío que hai este ano tampouco a dou atopado. Se che parece, dime como é a tua dona e así avísote se a vexo.

- Pois si. A miña Raqueliña éche unha xoia. Única herdeira do pazo do Regato. Cose, tece, pasao o ferro e borda que é un primor. De cociñeira non quero que a haxa. Alta coma nós pero "moi ben formada", pernas longas e bonitas. Cara fermosa de ollos azuis, busto perfecto... (meu deus como falou aquel home). E dime temén como é a túa...

- A miña? A miña? -dixo de novo o da Corga-. Esquece a miña e imos os dous agora mesmo buscar a túa!!!!!!

FONTE: Almanaque Agrícolas ZZ 2013