Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

LEMBRANZAS DO ENTROIDO

LEMBRANZAS DO ENTROIDO

 

Xa choveu dende aquela! Nesta fotografía tomada no antigo Colexio de E.X.B. "Manuel R. Sinde", fronte ao Recreo Artístigo Guardés, aparece o meu grupo de alumnos, a maioría deles xa casados e con fillos e a punto de que estes últimos cheguen a este IES. Entre eles, este profesor disfrazado con eles na comparda "Os punks do Sinde".

Tempos aqueles!

TEMPO DE ENTROIDO

TEMPO DE ENTROIDO

Máscara de arlequín / Imaxe:artesanum.com

Chega o Entroido, termo propio do rural, ou carnaval, máis propio de vilas e cidades. Tempo de lecer e de certas licencias que non se premiten no resto do ano.

Uns días de descanso, polo que non volveremos ás aulas ata o xoves, día 14. Despois, traballo pois a 2ª avaliación xa está na metade da súa duración e os resultados apremian.

Divertídevos!

MELLOR VÍDEO CIENTÍFICO DO ANO PARA UNHA INSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 

Por unha vez, a ciencia española coouse nos "Oscar" da ciencia de EUA. Un vídeo divulgativo sobre a simulación en tres dimensións do funcionamento dun corazón humano realizado na Barcelona Supercomputing Center  (Centro Nacional de Supercomputación) resultou o gañador do Concurso Internacional de Visualización de Ciencia e Enxeñaría, organizado pola revista "Science" e pola National Science Foundation de Estados Unidos.

A película, chamada Alya Red: A computational heart (Alya vermella: un corazón computacional), non só gañou o premio absoluto na categoría de vídeo, senón que tamén foi o traballo máis votado polo público. Pero non se trata só dun traballo divulgativo, senón que detalla o funcionamento real dunha ferramenta (baseada nun modelo computacional pioneiro) para simular o funcionamento do corazón humano.

Os científicos que forman parte do proxecto poden hoxe en día simular modelos ventriculares procedentes de xeometrías reais. É dicir, poden estudar pacientes individuais con problemas cardíacos caso a caso, o que supón un gran paso adiante cara á medicina personalizada.

Parabéns!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

 

Dende o ano 2000, a Organización Mundial da Saúde (OMS) dedica a data do 4 de febreiro a recordar o Día Mundial contra o Cancro, unha enfermidade cuxa incidencia crece de ano en ano en todo o mundo.

En España hai algo máis de 300 casos de cancro por cada 100.000 habitantes, unha gran parte deles debidos a hábitos evitables como o consumo do tabaco.

Este vídeo trata de informar sobre esta enfermidade que con só nomeala xa trememos: CANCRO.

O SATÉLITE KOSMOS-1484 PRECIPÍTASE SOBRE A TERRA

O SATÉLITE KOSMOS-1484 PRECIPÍTASE SOBRE A TERRA

Foto de arquivo do satélite soviético Kosmos-1484

O satélite soviético Kosmos-1484, que foi lanzado en 1983 para explorar os recursos naturais do noso planeta, colisionara posiblemente hoxe contra a Terra. O máis probable é que o aparato se desintegre case na súa totalidade ao entrar en contacto coa atmosfera terrestre, segundo informan as axencias rusas, que citan fontes espaciais estadounidenses. En caso de impacto faríao sobre Canadá.

O Kosmos-1484, que ten uns seis metros de longo, mantén nestes momentos unha órbita cunha altura de 208 quilómetros de perixeo e 356 de apoxeo.

O satélite, que nunca chegou a cumprir coa súa función debido a un problema no sistema de orientación, sufríu unha explosión hai dez anos, polo que perdeu parte da súa estrutura orixinal.

As axencias espaciais rusa (Roscosmos), europea (ESA) e norteamericana (NASA) formúlanse cooperar na loita contra o
lixo espacial, xa que esta ameaza o funcionamento da Estación Espacial Internacional.

FONTE: Xornal deia/Internet e Ciencia

HUMOR: RECORTES NO ENSINO

 

Non ten desperdicio esta parodia sobre "os recortes", en concreto en Educación, do humorista José Mota, nome artístico de José Sánchez Mota (Montiel-Ciudad Real, 1965).

Que o disfrutedes!

FELIZ ANO NOVO 2013

FELIZ ANO NOVO 2013

 

Outro ano que rematou e outro que empeza: 2013. Que nos deparará este ano novo? Por pedir que non sexa: mellor que o 2012, pois é un deses anos a olvidar. O meu desexo é que sexa un ano de recuperación económica, de traballo e de tranquilidade na nosas casas.

Ante a imposibilidade real de saber como será, non sería mala idea recordar o que pasou no 2012, sobre todo para aprender dos error e para lembrar o pouco bo que pasou. Se queres facelo só te que pinchar AQUÍ.

Por certo, o 2013 remata en 13, pero non podemos ser supersticiosos!


FOTCIENCIA10

FOTCIENCIA10

Foto gañadora de Fotciencia10

Déronse a coñecer os gañadores da 10 edición de FOTCIENCIA, que é un certame de fotografía científica convocado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) cuxo obxectivo é achegar a ciencia e a tecnoloxía aos cidadáns mediante unha visión artística e estética suxerida a través de imaxes científicas e un comentario escrito do feito científico que ilustran.

Neste ano, a foto gañadora, que vedes na parte superior, foi "Bailarina" de Juan Manuel Maroto Romo

Para ver o resto das fotos gañadoras só tes que premer AQUÍ.

FONTE: fotciencia.es