Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

BOAS FESTAS!

BOAS FESTAS!

 

Nestas festas tan entrañables, deséxovos Bo Nadal e próspero ano 2013.

Víctor

INVERNO

INVERNO

Frío de inverno / Viñeta de Forges (Antonio Fraguas de Pablo)

Hoxe, ás 12 horas e 12 minutos (hora oficial peninsular) segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento) comeza o inverno.

O inicio das estacións vén dado, por convenio, por aqueles instantes en que a Terra se encontra nunhas determinadas posicións na súa órbita arredor do Sol. No caso do inverno, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis austral. O día que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Sur (-23º 27’) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia, e por iso, a esta circunstancia o a chama tamén solsticio (Sol quieto) de inverno. Neste instante no hemisferio sur iníciase o verán.

Esta estación, a máis curta do ano dende hai algúns séculos, durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2013 co comezo da primavera.


O CURRICULUM DE TODOS

 

Se a finais de outubro faciamonos eco da campaña de GADIS , onde se poñía en valor as características dos galegos, agora outra firma, CAMPOFRÍO, fai o mesmo pero apelando aos logros dos españois, como país, na sitación de crise que estamos a pasar. O vídeo, que podedes ver na parte superior, leva por título: "Un curriculum de todos".

Non é por nada pero persoalmente prefiro a nosa versión galega!

1 DE DECEMBRO: "DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA"

1 DE DECEMBRO: "DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA"

Cada 1 de decembro, Día Mundial da loita conta a SIDA, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

SIDA é o acrónimo da Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida que afecta aos humanos infectados polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Dise que unha persoa padece a SIDA cando o seu organismo, debido á inmunodepresión provocada polo VIH, non é capaz de ofrecer unha resposta inmune adecuada contra as infeccións. 

Aínda que pareza unha enfemidade que non está preto de nós, un dato a ter en conta: "Segundo a Coordinadora Estatal da SIDA en España (CESIDA), hoxe, no noso país, hai entre 120.000 e 150.000 persoas afectadas pola SIDA e cada ano prodúcense unhas 3.500 novas infecciones máis".

Para ter unha idea de conxunto sería bo coñecer DEZ DATOS E CIFRAS sobre a SIDA.

A mellor forma de evitalo e a prevención!

 

TUCHO XUBILOUSE

TUCHO XUBILOUSE

No centro Tucho, á esquerda por proximidade Paco e Manolo, pola dereita  por proximidade Castor e Víctor

Hai uns días xuntámonos catro amigos con outro que recentemente acaba de xubilarse como mestre do ensino, o mesmo que todos nós. Seguramente algúns dos que me siguen coñecerédelo: Tucho.

Tucho, como o coñecemos, é en realidade Antonio Hipólito Hermida Carou (Vigo, 1957) e comezou o seu traballo profesional no colexio de O Rosal, un  ano antes da miña chegada A Guarda (1984). Ao curso seguinte pasou a esta localidade onde se afincou, exercendo como mestre de Educación Infaltil na Escola Unitaria de Cividáns (Sete Camiños), ata este ano. Moitos alumnos e alumnas que pasaron por este IES, pasaron previamente polas súas mans.

Anticipadamente tivo que deixar esta traballo que o ilusionaba, pero son cousas que acontecen cando chega unha enfermidade. Con toda seguridade esta nova situación vaina encarar co ánimo e forzas diarias, coma se estivese dando clase, para manter a raia a ese inimigo que truncou antes de tempo a súa profesión.

Dende aquí o meu recoñecemento por este gran profesional e bo amigo.

A mellor das sortes, Tucho!

OS GALEGOS NA PUBLICIDADE

 

Unha vez máis, a publicidade de GADIS, toca a fibra sensible dos galegos. Neste caso os nenos son os protagonistas, co telón de fondo da crise.

Os pequenos da casa non viven indiferentes ao que acontece ao seu arredor. Unha mensaxe común, "Axudemos como galegos!", repítese nos centos de mensaxes cos que os nenos e nenas galegas están inundando a rede para demostrarlle aos seus pais que están ahí, que son o que son gracias a eles e que xuntos enfrontarán a crise baixo un único desexo: "Vaite e non volvas!".

Esta vez, superaronse!

HORARIO DE INVERNO: CAMBIO DE HORA

HORARIO DE INVERNO: CAMBIO DE HORA

A normativa da Unión Europea establece que cada ano, o último domingo de outubro, procederase ao cambio de hora para adaptarse ao horario de inverno. Ás 3 da madrugada (hora da Península) de mañá, domingo 28 de outubro, haberá que atrasar o reloxo ata as 2, e polo tanto, este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Este horario permanecerá ata o 31 de marzo, último domingo dese mes, no que procederase ao cambio de hora para adaptarse ao horario de verán.

O cambio de hora encóntrase regulado en España polo Real Decreto 236/2002 da 1 de marzo, que incorpora ao noso ordenamento xurídico a Directiva 2000/84/CE de 19 de xaneiro de 2001 do Parlamento Europeo e do Consello da Unión.

Mirádeo polo lado positivo, mañá podemos durmir unha hora máis!

A FAMILIA E OS ESTUDOS

A FAMILIA E OS ESTUDOS

Que se pode facer dende a familia para loitar contra os malos resultados dos alumnos españois en el   informe PISA? Moito. Aínda que debería ser unha combinación ideal de esforzos entre a familia, o neno e a escola, a actitude dos pais é máis importante nas notas dos fillos do que nun principio poida parecer. Esa é a idea que   Victòria Cardona Romeu  traballa no se u libro «Quen educa ao meu fillo?», e do que se poden quitaras as seguintes pautas de estudo para axudar aos nosos fillos a render mellor nos estudos: 

 FACER AGRADABLE O ESTUDO. Isto significa anirmalos con comentarios como: «Que toca hoxe?, se podo bótoche unha man...», «non terás interrupcións», «aproveita agora que tes o ordenador libre por se tes que buscar algo en internet...». Nunca faremos comentarios que desprestixien a autoridade do profesor como, por exemplo, «eses profesores póñenche demasiados deberes», ou ben que preocupen ao noso estudante: «Mira como traballan os teus pais para pagarche un bo colexio!». Se ten que realizar algún traballo, procuraremos que o noso fillo non sexa adicto ao cortar e pegar, senón que a lectura sexa instrutiva e sirva para adquirir coñecementos. «Aínda que os estudantes que len ficción teñen máis probabilidades de lograr unha puntuación alta, son os estudantes que len unha gran variedade de materiais os que conseguen facelo realmente ben», di textualmente o informe PISA. É un consolo saber que o fracaso escolar non se debe á utilización que fan das redes sociais; non obstante, convén que na casa establezamos un horario para a comunicación na rede cos seus amigos, que sexa distinto do tempo de estudo, igual que facemos con algunha actividade extraescolar e con algún deporte que practique.

DISPOÑER DUN ESPAZO AXEITADO. Hai que intentar dispoñer dun espazo no fogar para o estudo dos nosos fillos, que sempre sexa o mesmo. Sen música, sen ruídos, sen iluminación; á vez, como cada un é diferente, debemos distinguir ao que sabe estar concentrado durante moito tempo do que necesita facer pausas de descanso e continuar os deberes ou o estudo. Nas familias con pisos pequenos, pódese arranxar un espazo para estudar, aínda que sexa a mesa da cociña ou do comedor, coa única condición de establecer un horario par ano ter que cear cos libros ocupando a mesa. Para non os dispersar, non podemos interrompelos a cada momento. O que si podemos facer é preguntarlles o que memorizaron; desa forma saberemos se aprenderon a resumir e sintetizar, e se reflexionaron sobre o que están a estudar. Sería ideal que non tivesen o ordenador aberto mentres estudan, a non ser que estean a buscar na rede algún documento relacionado co estudo. Cando o noso fillo le detidamente, aprende. Concentrarse no estudo é unha tarefa que os pais temos que facilitar. O noso fillo necesita o seu lugar.

APOIAR AOS PROFESORES. Escoitemos e secundemos o que nos din os profesores sobre o noso fillo. Se non soubésemos a versión do colexio poderiamos deixar de lado aquel fillo ou filla que, con máis dificultades, necesita máis tempo para aprender e, polo tanto, máis atención da nosa parte e -en caso necesario-, de profesores ou especialistas da linguaxe; mesmo pode suceder que outro con máis facilidade para estudar se converta en preguiceiro por non realizar ningún esforzo.

RESUMINDO

-Orientémolo nos deberes de casa, pero deixemos que sexa el quen os resolva. 
-Nas cualificacións escolares, procuremos fixarnos máis no esforzo que nas cualificacións do noso fillo para obter mellores resultados.
-Cando o alumno está motivado e é valorado pola súa familia e polo seu profesor, responde mellor a todas as tarefas escolares.
-As motivacións que deamos ao noso fillo deben ser menos materialistas e máis fundamentais, como recibir a gratificación polo traballo ben feito e aumentar así a súa propia autoestima.
-Estimular no interese polo estudo e secundar o que pide no colexio.
-O noso fillo necesita unha ampla cultura para ter máis medios para ser máis libre; a ignorancia é mala conselleira, porque coarta a súa capacidade de elección.
 
FONTE: Xornal ABC