TUCHO XUBILOUSE
No centro Tucho, á esquerda por proximidade Paco e Manolo, pola dereita por proximidade Castor e Víctor
Hai uns días xuntámonos catro amigos con outro que recentemente acaba de xubilarse como mestre do ensino, o mesmo que todos nós. Seguramente algúns dos que me siguen coñecerédelo: Tucho.
Tucho, como o coñecemos, é en realidade Antonio Hipólito Hermida Carou (Vigo, 1957) e comezou o seu traballo profesional no colexio de O Rosal, un ano antes da miña chegada A Guarda (1984). Ao curso seguinte pasou a esta localidade onde se afincou, exercendo como mestre de Educación Infaltil na Escola Unitaria de Cividáns (Sete Camiños), ata este ano. Moitos alumnos e alumnas que pasaron por este IES, pasaron previamente polas súas mans.
Anticipadamente tivo que deixar esta traballo que o ilusionaba, pero son cousas que acontecen cando chega unha enfermidade. Con toda seguridade esta nova situación vaina encarar co ánimo e forzas diarias, coma se estivese dando clase, para manter a raia a ese inimigo que truncou antes de tempo a súa profesión.
Dende aquí o meu recoñecemento por este gran profesional e bo amigo.
A mellor das sortes, Tucho!
0 comentarios