Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CO OUTONO CHEGAN OS COGOMELOS

CO OUTONO CHEGAN OS COGOMELOS

 

Despois destas primeiras choivas aparecen os primeiros cogomelos. Na fin de semana pasada, na miña terra de Ourense, conseguín os primeiros exemplares de lepiota (Macrolepiota procera). Onte pola tarde fixen a primeira saída aos montes de Oia e xa vedes o botín conseguido. Pouco, pero para min como se fosen os zapatos novos dun rapaz: varios exemplares de níscaro (Lactarius deliciosus) e moi poucos de boleto (especie Boletus pinophilus).

Por certo, nunca collades exemplares de cogomelos sen estar seguros que é unha especie comestible. Facédeo na compaña dalgún experto. En caso de dúbida non consumir. E sempre con cesta e navalla para cortar. Nunca arrincar.

Se queredes investigar tedes unha guía para facelo premedo AQUÍ.

Gozade do monte, pero con respecto. Espero que sexa un bo ano para os amantes dos cogomelos!

TAL DÍA COMA HOXE: O LOGRO DE JUAN DE LA CIERVA

TAL DÍA COMA HOXE: O LOGRO DE JUAN DE LA CIERVA

Autoxiro C.8 MkII G-EBYY co que La Cierva cruzou o Canal da Mancha en 1928

Tal día coma hoxe, o 18 de setembro de 1928, hai 74 anos, Juan de la Cierva, conseguiu atravesar o Canal da Mancha por primeira vez co seu autoxiro (aeronave de á xiratoria, é dicir, voa como os avións pero a súa á é un rotor que xira pola acción do vento relativo que o atravesa de abaixo arriba)

De la Cierva saíra pola mañá de Southampton ata o aeródromo londiniense de Croydon, xunto ao director de «LŽAeronautique», que voou con el. E como o autoxiro non levaba radio, foi escoltado por un aparato do servizo regular París-Londres. A súa idea era precisamente realizar un voo co seu "helicóptero" da mesma forma que o realizaban os avións comerciais.

Aterrou, despois de cruzar o Canal e con algunhas paradas en territorio francés, no aeroporto de Le Bourget, en París, onde o esperaban multitude de periodistas e fotógrafos.

Pero quer era este home?

Juan de la Cierva y Codorníu, naceu en Murcia en 1895 e morreu en 1936, con 41 anos de idade, ao estrelarse no despegue, no aeroporto de Croydon (Inglaterra), o Douglas DC-2 de KLM en voo regular Londres-Amsterdam. Enxeñeiro de camiños, canais e portos e aviador español, creador do autoxiro, precursor do actual helicóptero.

HUMOR: MATEMÁTICAS APLICADAS

HUMOR: MATEMÁTICAS APLICADAS

Viñeta do xornal Faro de Vigo, de hoxe, do Gogue (O Grove, 1953). Nela en tóno matemático satírico, perfílase no fondo unha palabra: Polígamo (Persoa que está casada á vez con varias persoas doutro sexo).

Bueno, hai moito polígamo sen estar casado!

A COVA DE EIRÓS: OS PRIMEIROS RESTOS DE ARTE PARIETAL PALEOLÍTICO

A COVA DE EIRÓS: OS PRIMEIROS RESTOS DE ARTE PARIETAL PALEOLÍTICO

Arte parietal paleolítico na cova de Eiros / Imaxe: Xornal El País

Os traballos arqueolóxicos levados a cabo na cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), propiciaron o descubrimento dos "primeiros restos de arte parietal paleolítico" do noroeste, en forma "de pinturas e gravados rupestres". Á espera da proba do carbono, os expertos sitúan a súa elaboración hai 30.000 anos, basándose no estilo e a  técnica empregada. Son as primeras pinturas rupestres atopadas en Galicia.

Este é o cuarto ano de escavacións nesta gruta natural, datada no Paleolítico, por un equipo de investigación da Universidade de Santiago (USC), co apoio de arqueólogos da Universidade Virgili i Rovira de Tarragona.  Antes deste achádego, as escavacións no subsolo xa permitiron recuperar dende 2008 máis de 4.000 pezas, restos de animais e ferramentas do hombre do Paleolítico, cunha antigüidade de entre 35.000 e 85.000 anos.

En resumo, a Cova de Eirós vai camiño non só de ser a Atapuerca galega, senón tamén a Altamira do noroeste peninsular.

VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012

 

A 67 Volta Ciclista a España comenza hoxe en Pamplona. Do 18 de agosto ao 9 de setembro, día do remate en Madrid, disputaranse un total de 21 etapas, das que 5 serán polo noso territorio galego, conceratmente a etapa 10ª (Ponteareas-Sanxenxo), a 11ª (Cambados-Pontevedra), a 12ª (Vilagarcía-Mirador de Ézaro), a 13ª (Santiago-Ferrol) e a 14ª (Palas de Rei-Os Ancares).

Para seguir día a día esta proba, toda a información premendo AQUÍ ou no enlace VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2012.

A sintonía desta edición será "Día Cero",  do grupo donostiarra La Oreja de Van Gogh.

5º ANIVERSARIO

5º ANIVERSARIO

5 velas, cinco anos / Imaxe:pocoproject.org

Cumpre este blog 5 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 89.980

Visitas no último ano: 33.365                       

Promedio mensual:  2.780 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 327

Promedio mensual:  27 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.


CANCIÓN DO VERÁN: UN POUCO DE HUMOR ANTE UNHA SITUACIÓN CRÍTICA DO PAÍS

 

Tomando o tema de Juan Luis Guerra "La Bilirrubina", o humorista e imitador, Carlos Latre, interpreta está canción "Me sube la prima de riesgo" nun dos mellores programas da autonómica de cataluña TV3, Polònia, programa de sátira política dirixido por Toni Soler.

Un pouco de humor para tempos revoltos! A verdade é que saíume case a realidade, o título unha novela, e que todos seguimos! 


REFORMAS NO SISTEMA EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO

REFORMAS NO SISTEMA EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO

José Ignacio Wert, Ministro de Educación e Cultura / Imaxe:lavanguardia.com

O Goberno quere instaurar unha reválida ao final de todas as etapas educativas, é dicir, exámes nacionais externos que deberán pasar todos os alumnos para poder continuar estudando. Tamén en primaria, aínda que con peculiaridades: se un alumno suspéndea porque non acadou coñecementos mínimos nas materias básicas de matemáticas ou lectura, e non repetíu antes ningún curso, non poderá pasar a secundaria: deberá volver a estudar 6º (11-12 anos). Pero se o estudante que a suspende foi repetidor, pasará a secundaria, pero cunha notificación para que teña apoio escolar.

Esta reforma —lei de mellora da calidade educativa— empezarase a discutir agora coa comunidade educativa, sindicatos e partidos para intentar conquerir o maior acordo posible, co obxectivo tela redactada en outubro para empezar a tramitala no Congreso antes de remate o ano. Así, podrería desplegarse por todas as etapas nos tres anos seguintes á súa aprobación, momento no que chegarían esas reválidas.

Estas probas externas suporán, ao rematar o bacharelato, o fin das probas de acceso á Universidade (Selectividade). Tamén, Educación contempla unha reducción da carga de asignaturas —pequena en primaria, máis intensa na ESO e, sobre todo, en bacharelato— para reforzar o tempo adicado ás materias básicas: Lingua, Matemáticas, Ciencias e Inglés. Esto supón aumentalo nun 25% nas dúas etapas da secundaria. Así mesmo, eliminarase Educación para a Cidadanía en primaria e na ESO, con contidos limados, será Educación Cívica e Constitucional. Só se poderá pasar de curso con dous suspensos e eliminarase o apelido de Cidadanía á materia de Filosofía de 1º de bacharelato.

Tamén, adiántase a 3º da ESO, aínda que tímidamente, a elección no curso que conduce á FP ou ao bacharelato, con algunhas materias optativas; e en 4º os itinerarios de cara a unha ensinanza ou outra xa estarán “ben diferenciados”. 

Haberá dous exames de reválida distintos ao final da ESO: un para os que queiran estudar Formación Profesional e outro para os que vaian ao bacharelato. Os alumnos conseguirán o título obrigatorio ao aprobar todas as asignaturas de 4º, pero se queren seguir estudando, terán que facer esa reválida. Se un estudante suspende algunhas materias (enténdese entre unha e dúas) poderá presentarse igualmente ao exame: se o pasa, obterá o título e poderá seguir estudando.

Esto lémbrame, cando eu era rapaz aos meus estudos, con dúas reválidas. Veremos como remata esto!