Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

VACACIÓNS

VACACIÓNS

Chegou o día das NOTAS, e despois, para unha grande maioría VACACIÓNS! E o resto? Pois terán que convivir co descanso, que dalgún xeito tamén son vacacións, co estudo para superar esas materias que quedaron para setembro.

Denque aquí, quero animar a eses que deixaron algunha materia, dicíndolles que o curso remata en setembro e que, se poñedes gañas, aínda podedes conseguilo. Ánimo!

De calquera xeito, para todos e todas, FELICES VACACIÓNS!

EMILIO BOB ESPONJA

EMILIO BOB ESPONJA

Emilio Cuartero / Imaxe: Xornal ABC

Un barrendeiro da empresa FCC, Emilio Cuartero, de 48 anos, leva tres anos  parándose durante só uns minutos, na metade da súa ruta diaria pola zona de Valverde de Madrid, fronte á porta do colexio Las Tablas para despertar aos alumnos máis pequenos do centro ao berro de "¿Quién vive en una piña debajo del mar?". E eles fanlle os coros: "Bob Esponja, Bob Esponja".

Algo entrañable nos tempos que corren, que manifesta que aínda hai boa xente!

LOIS, MESTRE E ARTISTA

LOIS, MESTRE E ARTISTA

Unha perspectiva de parte da exposición "Descubrindo a Lois" do CEIP Manuel R. Sinde

Algúns dos que seguides este blog (alumnos ou pais), fostes alumnos de LOIS no CEIP "Manuel Rodríguez Sinde", desta localidade. Este compañeiro e amigo persoal acaba de xubilarse. A comunidade educativa do seu centro, así coma compañeiros, amigos e exalumnos participamos onte nunha homenaxe consistente en dar a coñecer algo que moi poucos saben: o lado artístico de Lois.

Lois é un gran debuxante, con especial tenacidade na caricatura. Tamén no apartado da escultura, a pequeno tamaño, coa súa navalla ten cousas fermosísimas. Esta faceta descoñecida de Lois preséntase nunha exposición, nomeada DESCUBRINDO A LOIS que dende onte ata o día 22 estará aberta a todos, en horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

Non a perdades!

PARABÉNS DEPOR E CELTA

PARABÉNS DEPOR E CELTA

 

A semana pasada foi o Deportivo da Coruña e agora o Celta de Vigo. Ámbolos dous son equipos da 1ª División.

Parabéns a tódolos seareiros de ambolos dous equipos!

ÚNETE Á VOLTA

ÚNETE Á VOLTA

 O programa "Úne á Volta", parte da tradicional Festa da Bicicleta promovida pola Deputación de Pontevedra, busca promover o deporte da bicicleta e extender o espíritu da Volta a España por tódolos concellos que participen nesta acción, ofrecendo unha actividade lúdica e deportiva relacionada co ciclismo.

No Concello da Guarda terá lugar nañá, sábado día 2 de xuño, as 17:30 horas, tendo como punto de partida a Alameda e como percorrido a tradicional volta ao Monte Santa Trega.

A idade mínima para participar é de 8 anos e será obrigatorio o uso de casco.

As inscricións e recollida de dorsais terán lugar no punto de saída na Alameda, a partir das 16:30 horas.

Anímate!

PARABÉNS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

PARABÉNS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Celebración do ascenso do Mecalia Atlético Guardés / Imaxe: galiciasuroeste.info

O Mecalia Atlético Guardés, equipo feminino de balonmán, xa é equipo da División de Honra, despois de superar a liguilla de ascenso a ABF, na fase de ida nos días 11, 12 e 13 en Valladolid e na fase de volta nos días 25,26 e 27 en Valencia.

Os meus parabéns!

 

PARABÉNS PARA IAGO PATIÑO

PARABÉNS PARA IAGO PATIÑO

Iago Patiño López, natural da Guarda (Pontevedra) e alumno de 4º da ESO do noso Instituto de Educación Secundaria A Sangriña, estudará os dous próximos cursos (2012-2014) o Bacharelato Internacional no colexio do Mundo Unido, na cidade de Montezuma (Novo México, Estados Unidos), cunha bolsa de 45.000 euros da Fundación Barrié. A entidade outorga anualmente desde 1993 esta axuda destinada a alumnos galegos de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato con bo expediente académico que desexen estudar nestes centros internacionais. Iago, de 15 anos, ten un 9,5 de nota media no seu expediente académico, pero tamén atopa tempo para cultivar algunhas das súas moitas afeccións.

Dende aquí os meus parabéns e moita sorte!

FONTE: Xornal La Voz de Galicia

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012

Valentín Paz-Anrade / Imaxe:europapress.es

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS cumpre nesta ano 2012 a súa quincuasésima edición, sendo adicado a Valentín Paz-Andrade.

Valentín Paz-Andrade, naceu en Pontevedra o 23 de abril de 1889. Alí realiza os estudos primarios e de segundo ensino. Estudou Dereito na universidade de Santiago de Compostela, comenzando a exercer a avogacía na Audiencia de Pontevedra despois de rematalos estudos. Destinado como soldado de cota á fronte de África, é  ferido na fronte de guerra en Marrocos.

Foi redactor xefe e posterior director do xornal Galicia, de Vigo, ingresando no cárcere por dous artigos publicados nese xornal. Despis da desaparición do xornal, volve a exercer a avogacía en Vigo. Colaborou con moitas revistas e xornais como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El País, La Vanguardia...

Participou activamente na política, sendo el o que propuxo a Castelao para que encabezase a candidatura das minorías nas eleccións ás Cortes Constituíntes por Pontevedra. Castelao aceptou esa proposta. A súa actividade política galeguista lévao a desterros como Badajoz, Verín, ... Foi senador pola provincia de Pontevedra na democracia.

Casou con Pilar Cilda Rodríguez Losada e tivo un único fillo: Alfonso Valentín Francisco Juan Paz-Andrade Rodríguez.

Como empresario e economista participou, como vicepresudente, na empresa Pescanova, cando esta foi fundada.

Como escritor, escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectíu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha motivación patriótica, como se pode observar en Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975 en cinco linguas; Sementeira do vento (1968), en que canta a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio e o amor ausente; Cen chaves de sombra (1979) e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1986), en que incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán. Utilizou a lingua galega durante toda a súa vida para a obra poética e narrativa. Para os ensaios utilizou o castelán até 1975 (se ben é certo que estas obras foron publicadas en Madrid e Bos Aires) e o galego desde entón. Respecto aos artigos, publicou en castelán os de temas pesqueiros e en galego os de temática literaria e cultural.

En 1987, 19 de maio, falece aos 89 anos en Vigo.

En resumo foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista ao que hoxe ríndeselle homenaxe.

Se queres p`rofundizar máis na figura deste home só tes que pinchar AQUÍ.