Iago Patiño López, natural da Guarda (Pontevedra) e alumno de 4º da ESO do noso Instituto de Educación Secundaria A Sangriña, estudará os dous próximos cursos (2012-2014) o Bacharelato Internacional no colexio do Mundo Unido, na cidade de Montezuma (Novo México, Estados Unidos), cunha bolsa de 45.000 euros da Fundación Barrié. A entidade outorga anualmente desde 1993 esta axuda destinada a alumnos galegos de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato con bo expediente académico que desexen estudar nestes centros internacionais. Iago, de 15 anos, ten un 9,5 de nota media no seu expediente académico, pero tamén atopa tempo para cultivar algunhas das súas moitas afeccións.
Dende aquí os meus parabéns e moita sorte!
FONTE: Xornal La Voz de Galicia
0 comentarios