Blogia
vgomez

UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

ESPAÑA,TAN SIGULAR COMO PLURAL

 

Vídeo de promoción da Marca España para 2018, realizado por TVE, que pon en valor o potencial de España a través do amplo legado do Patrimonio e a historia do noso país.

Un plano aéreo da citania do monte Trega móstrase no minuto 00.36 do vídeo, como un dos mellores exemplos da cultura milenaria que herdou A Guarda e os seus habitantes.

Como non, no vídeo tamén hai momentos no que o resto de Galicia amosa o seu valor histórico e cultural: Catedral de Santiago...

Presumir do noso!

A ÚLTIMA ERUPCIÓN DO ETNA

 

O volcán Etna segue en plena erupción, despois de que o pasado 27 de febrero xa se notara un incremento na súa actividade.

O Etna é un volcán activo na costa este de Sicilia, entre as provincias de Mesina e Catania. Ten ao redor de 3.322 metros de altura, aínda que esta varía debido ás constantes erupcións. É o volcán activo con maior altura da placa Euroasiática.

As erupciones do Etna son algo habitual. É máis, adoita producirse unha erupción desde un dos cráteres laterais da montaña cada tres meses. O volcán goza do sobrenome de “amigable” xa que moi raramente representa unha ameaza real para os seus veciños.


UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA: EXTREMADURA

 

Inicio con este artigo, un percorrido polas diferentes Comunidades Autónomas e Nacionalidades Históricas que compoñen España. E fágoo con EXTREMADURA, situada no mapa ao oeste, formada polas provincias de Cáceres e Badajoz  e cuxa capital é Mérida (Emerita Augusta).

No víseo superior podes coñecela en imaxes e para profundizar en texto, completando o visto na imaxe, só tes que premer AQUÍ.

Extremadura ten moito que ver e coñecer!