Blogia
vgomez

UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO VI

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é A Coruña. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome, está situada no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. Os detalles para identificar a fotografía son esa preciosa praia do Orzán e o estadio de Riazor.

E Imos coa proposta de hoxe!

6. Identifica esta cidade:

- Zamora

- Ourense

- Zaragoza

- Soria

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO V

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Mérida. Esta cidade  está situada na provincia de Badaxoz, sendo a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. O detalle para identificar a fotografía é esa enorme ponte romana sobre o río Guadiana. Do século I, ten 762 metros de longo por 5 m de ancho, cunha altura de 11 m e 60 arcos de bloques de granito.

E Imos coa proposta de hoxe!

5. Identifica esta cidade:

- Xixón

- A Coruña

- San sebastián

- Alacant

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO IV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Santiago de Compostela. Esta cidade atópase na provincia de A Coruña e é a capital de Galicia. É o destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago. O detalle para identificar a fotografía é a súa Catedral (iniciada en 1075 e rematada en 1211) e a súa impresionante Praza do Obradoiro.

E Imos coa proposta de hoxe!

4. Identifica esta cidade:

- Múrcia

- Cáceres

- Valladolid

- Mérida

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO III

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Toledo. Esta cidade, capital da provincia do mesmo nome e da Comunidade de Castela-A Mancha. Está situada na marxe dereita do río Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. O detalle para identificar a fotografía é o Alcázar, unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade.

E Imos coa proposta de hoxe!

3. Identifica esta cidade:

- Sevilla

- Córdoba

- Santiago de Compostela

- Zaragoza

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO II

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é San Sebastián. Esta cidade, conocida tamén como Donostia, está situada na costa do golfo de Biscaia e a 20 quilómetros da fronteira con Francia. É a capital da provincia de Guipúscoa, na comunidade autónoma do País Vasco. O detalle para identificar a fotografía é a súa praia La Concha, que ten unha loxitude de 1350 m e unha anchura media de 40 m.

E Imos coa proposta de hoxe!

2. Identifica esta cidade:

- Burgos

- Salamanca

- Toledo

- Albacete

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO

Os monumentos, catedrais e prazas son algúns dos símbolos que fan inconfundibles as cidades españolas. La Sagrada Familia? Barcelona. O Pórtico da Gloria? Santiago de Compostela. Porta do Sol? Madrid. A cousa complícase cando estes monumentos comparten fotografía con decenas de bloques de edificios e, no canto da súa fachada, vemos os seus tellados. É normal: estamos afeitos visitalos e velos a pé de rúa e non desde o alto.

Para poñer a proba os teus coñecementos da España vista desde o ceo, propoñoche iste test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas.

Preparado? Comezamos!

1. Identifica esta cidade:

- A Coruña

- Valencia

- Alacant

- San Sebastián

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal e imaxes verne.elpais.com

UN LUGAR CULTURAL ESPAÑOL NA NOVA LISTA DO PATRIMONIO MUNDIAL DA UNESCO

 

O Comité do Patrimonio Mundial inscribiu 29 novos sitios na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO na súa 43ª reunión que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), celebrada do 30 de xuño ao 10 de xullo.

Nela aparece un sitio cultural de España: Paisaxe cultural do Risco Caído e montañas sacras de Gran Canaria.

Situado nunha vasta zona montañosa do centro da illa de Gran Canaria, o sitio do Risco Caído caracterízase por unha topografía de cantís, barrancos e formacións  volcánicas presentes nunha paisaxe de rica biodiversidade. O seu territorio abarca un considerable número de vestixios de vivendas, cisternas e celeiros troglodíticos, cuxa antigüidade pon de manifesto a presenza dunha cultura insular autóctona que evolucionou de modo autárquico dende a chegada dos bereberes norteafricanos, a principios de nosa era, ata a conquista do arquipélago das Canarias polos españois no século XV. Os vestixios troglodíticos comprenden tamén algunhas covas dedicadas a prácticas rituais, así como os templos ou «almogarenes» do Risco Caído e o Roque  Bentayga onde se celebraban cerimonias relacionadas coas estacións do ano. É posible que estes dous « almogarenes» garden relación cun eventual culto rendido aos astros e á «Terra Nai».

FONTE: abc.es

O FARO DE CHIPIONA

Faro de Chipiona / Imaxe: cadiztur.com

A súa característica principal é que é o faro máis alto de España, o terceiro de Europa e o quinto de todo o mundo. Atópase e Chipiona (Cádiz-Comunidade Autónoma de Andalucia).

A súa construción estivo a mans do enxeñeiro catalán Jaime Font e foron necesarios catro anos para culminar a súa edificación no ano 1867.

Construíuse para indicar a entrada do río  Guadalquivir,  ten 69 metros e 322 chanzos para chera á súa parte máis alta.

Foi mencionado na época romana en textos de Pomponio Mela (xeógrafo latino) e Estrabón (xeógrafo, viaxeiro e historiador grego) como un potente faro en Caepionis, hoxe Chipiona, para advertir aos navegantes que pretendían remontar o río Betis dos peligrosos escollos de Salmedina, non quedando ningún tipo de restos daquela construción.

FONTE: cadiztur.com