Blogia
vgomez

UN PAÍS CHAMADO ESPAÑA

ENCLAVES DE ESPAÑA V

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

5. Enclaves de Valladolid

Os enclaves de Valladolid están en provincias coas que comparte autonomía (Castela e León). Roales e Quintanilla están na fronteira de Zamora e León. Dehesa de San Llorente está completamente rodeada por territorio leonés.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com


ENCLAVES DE ESPAÑA IV

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

4. A provincia de Palencia é a que máis enclaves ten fóra do seu territorio. Cezura e Lastrilla están en Cantabria e Villodrigo en Burgos. Xusto ao sur de Villodrigo hai outro enclave moi pequeno, tamén en Burgos: Aguanares. Berzosilla está na fronteira de Burgos e Cantabria.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

ENCLAVES DE ESPAÑA III

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

3. Enclaves do Cantábrico

Orduña é un enclave de Bizkaia, cuxas fronteiras delimitan con Áraba no norte e Burgos no sur. Este municipio ten media hectárea do seu termo municipal en Burgos, pero é un enclave tan pequeno que nin sequera aparece nos mapas. Coñécese como a Cerca de  Villaño.

Valle de Villaverde, que ata 2005 chamábase Villaverde de Trucios, é un enclave de Cantabria completamente rodeado pola provincia de Bizkaia. Neste enclave, o prefixo telefónico é biscaíño, pero o código postal é cántabro. Ata mediados do século  XV, este territorio foi parte do Señorío de Bizkaia. Unha transacción de territorios entre familias separou este territorio do País Vasco.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

ENCLAVES DE ESPAÑA II

Continuo coa serie ENCLAVES DE ESPAÑA, na que estamos a coñecer estes caprichos xeográficos que son unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

2. Enclaves en Cataluña. 

Valielles corresponde á provincia de Barcelona, pero está incrustado en Lleida. É parte do termo municipal de Montmajor. Dentro da provincia de Barcelona hai tres enclaves:  Malagarriga, pertencente a Lleida; La Rovira de Abajo, parte de Xirona; e Can Vies, territorio de Tarragona.

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

ENCLAVES DE ESPAÑA

En xeografía política, un enclave é unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

Nesta serie, que denomino ENCLAVES DE ESPAÑA, imos coñecer estes caprichos xeográficos que obedecen a cuestións históricas.

Comezamos!

1.Enclaves de Burgos

Treviño, o máis coñecido. Un enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Álava (País Vasco) cuxas terras rodéano completamente. Dista apenas vinte quilómetros de Vitoria (Álava) e 90 de Burgos, a súa capital oficial.

Situación de Treviño / Imaxe: libertadigital.com

Para entender o caso de Treviño hai que remontarse ao século XII. No ano 1179, o rei navarro Sancho XI e o rei de Castela Alfonso VIII acordaron a transacción de Treviño a Castela. Esa renuncia foi unha das cesións navarras tras unha guerra que enfrontou a ambos os reinos.

Pero, ademais de Treviño, a provincia de Burgos ten tres enclaves máis, un en Palencia (La Rebolleda), e dous na Rioxa (Sajuela e El Ternero).

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

 


ESPAÑA VISTA DESDE O CEO (FIN)

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Tui. Esta cidade está situada na comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra e na comunidade autónoma de Galicia. O detalle para identificar a fotografía é a súa famosa catedral (que xunto coa concatedral de Vigo, é unha das sedes episcopais da Diocese de Tui-Vigo) e o río Miño. Como curiosidade, esta catedral considérase catedral-fortaleza. Tui foi a capital dunha das sete provincias de Galicia até 1833.

Catedral de Tui

E con esto remato esta serie que espero que axudase e coñecer o noso país doutra maneira.

Ata outra serie!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe rutasdelaslenguas.com


ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XVI

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Cuenca. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, situada na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. O detalle para identificar a fotografía é o cerro rochoso bordeado polas fouces do río Xúcar ao norte e o seu afluente o río Huécar ao sur, onde se atopan as famosas casas colgantes. tamén serve para a identificación a súa catedral, no centro da imaxe, do século XII.

E Imos coa proposta de hoxe!

16. Identifica esta cidade:

- Ourense

- Tui

- Betanzos

- Pontevedra

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe hoteles.net

ESPAÑA VISTA DESDE O CEO XV

A contestación correcta ao test con fotografías de cidades españolas tomadas desde as alturas ESPAÑA VISTA DESDE O CEO é Pontevedra. Esta cidade é a capital da provincia do mesmo nome, situada suroeste de Galicia, nas rías Baixas, nas beiras do río Lérez. Precisamente este detalle, o do río Lerez ao seu paso pola cidade e o comezo da ría de Pontevedra é o que serve para identificar a foto.

E Imos coa proposta de hoxe!

15. Identifica esta cidade:

- Ourense

- Soria

- Cuenca

- Logroño

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal verne.elpais.com e imaxe lasnoticiasdecuenca.es