A BOMBILLA CLÁSICA TEN OS DÍAS CONTADOS
Denuncia de "Destrucción a Toda Costa" 2008 (Foto: Greennpeace)
Greenpeace presenta a octava edición do informe "Destrucción a Toda Costa" no que se repasa a situación do litoral español.
O informe analiza os 100 casos de maior gravidade en cada unha das comunidades autónomas litorais, reflictindo unha distribución proporcional ao numero de quilómetros de costa de cada comunidade.
Nesta edición, Greenpeace, ademais de analizar os problemas urbanísticos, presta especial atención á contaminación do litoral xa que los verquidos seguen a ser un de los problemas principais das nosas costas.
Se queres coñecer polo miúdo este informe 2008, concretamente o apartado adicado a Galicia pincha enDestrucción a toda costa GALICIA-Greenpeace 2008
Buque de Invesigacións Oceanográficas "Sarmiento Gamboa"
O buque de investigación oceanográfica "Sarmiento de Gamboa", pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), con máis de 60 investigadores das tres Universidades Galegas e entros de Investigacións dependentas da Consellería de Pesca, participarán nunha campaña para analizar os fondos mariños da costa noroeste de Galicia, coñecida como "A Selva". O nome do proxecto a realizar é :" Os fondos batiais das costas carbonatadas da Selva: sobre a estructura e o funcionamento do ecosistema".
O buque foi construído en Construccións Navais P. Freire (Vigo), ten unha eslora de 70,5 m, unha manga de 15,50 m, un calado a plena carga de 4,60 m, unha velocidade máxima de 15 nós e unha autonomía de 40 días. Esta provisto de laboratorios e todo o material de última xeneración para a realización este tipo de investigacións.
A investigación desenvolverase en dúas fases: do 7 ao 24 de xullo e do 28 de xullo ao 2 de agosto.
O obxectivo desta primeira campaña é obter información sobre a estructura e o funcionamento do ecosistema dos fondos mariños máis profundos, con obxectivos específicos en diferentes campos de estudio: xeociencias mariñas, oceanografía física, bioloxía larvaria, estudios de placton, biodiversidade, pesquerías e conservación.
Os parques nacionais son áreas naturais, pouco transformadas pola explotación ou pola ocupación humana que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos polos que a súa conservación merece unha atención preferente.
Galicia conta na actualidade con un parque nacional, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia que pasou hoxe 1 de xullo de 2008 a ser xestionado pola Xunta de Galicia.
Se queres coñecer máis sobre o Parque pinche en Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rapeces voluntarios
Onte día 5 de xuño, celebrouse o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Seguramente houbo celebracións de todo tipo e co único obxecivo final de conseguir engregar este mundo aos nosos fillos e netos polo menos igual e nunca peor do que o recibimos dos nosos pais, o que tecnicamente chámase como desenvolvemento sostible.
No noso Centro, este día que coincidíu coa XVI Carreira das Letras Galegas, que fora aprazada polas malas condicións climáticas do pasado 23 de maio, foi todo un acontecemento deportivo, lúdico e reivindicativo.
Dende a A21EG quixemos darlle un toque propio ao día: Os participantes na citada carreira necesitan inxerir auga durante o percorrido. A organización facilítalle auga en botellas de plástico, que ... acaban na cuneta da estrada que rodea ao monte de A Guarda. Pois un equipo de voluntarios fomos recollendo esas botellas, que foron moitas, e que encheron un contedor amarelo.
¡Estamos satisfeitos!
Hoxe pola maña, 2 de xuño, os alumnos-as da Axenda 21 Escolar Galega do noso IES, participaron nunha xornada de convivencia cos alumnos-as do CIFP "A Granxa" de Ponteareas. Alí ao longo da mañá fixeron actividades relacioanadas co medio ambiente, enerxias renovables e sostibilidade. Como curiosidade atopámonos con moitos alumnos-as que estiveron hai anos no noso centro e que son nativos da nosa localidade ou de zonas próximas.
En resumo, un día productivo medioambientalmente falando.
O día 14 de xuño abre a EXOPO ZARAGOZA 2008 baixo o lema "A AUGA E O DESEROLO SOSTIBE". Este evento insta á reflexión sobre a situación mundial da Auga, compaxinandoa con oferta cultural, exposicións e arquitectura de vangarda na cidade de Zaragoza.
Permanecerá aberta ata o 14 de setembro. Nela participan 106 paises.
Se queres facer un percorrido virtual pola EXPO, coñecer os distintos recintos ou os seus horarios, forma de chegar, prezos e un longo etc pincha en EXPO ZARAGOZA 2008
Este día orixinariamente celebrábase o 29 de decembro, pero para darlle maior realce, a ONU por Res. Nº 55 do 20-12-00, cambiouno ao 22 de maio, data que coincide coa aprobación do texto do Convenio sobre Diversidade Biolóxica. O termo Biodiversidade, é relativamente novo, xa que se acuñou en 1985 e é unha contracción da expresión ’diversidade biolóxica’, comprensiva da variedade do mundo biolóxico e case sinónimo de ’vida sobre a Tierra’.
Nesta data deberíamos tomar conciencia sobre os perigos que planexan sobre a Terra e que indican que: "o mundo atópase agora en medio da máis rápida extinción masiva de seres vivientes na historia do noso Planeta e leva perdido un tercio da súa riqueza natural".
O empobrecemento da biodiversidade constitúe un dos aspectos máis preocupantes da crisis ecolóxica mundial. Estímase que entre 50 e3 00 especies extinguense cada día".