Blogia
vgomez

ZONA VERDE

¡CONTAMINACIÓN EN GALICIA!

¡CONTAMINACIÓN EN GALICIA!

Central térmica de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Segundo un informe feito publico pola central sindical CCOO (Comidións Obreiras), as emisións de gases do efecto invernadoiro en España triplican con creces o permitido polo Protocolo de Kioto.

Indica o citado informe que os gases de efecto invernadoiro aumentaron  un 52,3% en 2007 respecto a 1990. Por comunidades autónomas, as que máis medraron nas emisión de CO2 foron: Andalucía, Canarias, País Valenciano, Murcia, A Rioxa, Baleares, Extremadura, Navarra e Madrid.

No mesmo informe indicase que só 120 instalacións industriais son responsables do 36% das emisión totais de España e curiosamente a instalación máis contaminante é a central térmica das Pontes de García Rodríguez que está en Galicia.

A Central Térmica das Pontes é unha central térmica de carbón situada no concello das Pontes de García Rodríguez, na provincia de A Coruña,  pertencente á empresa eléctrica ENDESA. Construíuse e púxose en funcionamento entre os anos 1972 e 1976.

¡Algunha medida habería que tomar!

 

 

TEMPO DE CASTAÑAS

TEMPO DE CASTAÑAS

Estamos en tempo de castañas. Iniciamos hoxe unha serie de artigos sobre este froito, a árbore que o produce, o magosto e a preparación das mesmas. Escomenzamos falando  da árbore: O CASTIÑEIRO.

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Non se sabe con certeza cando chegou á nosa terra, aínda que o que si parece certo é que foron os romanos o que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito, é dicir que potenciaron a utilización destas variedades para obter riquísimas castañas que aínda hoxe en día disfrutamos dende comenzos do outono.

 O Castanea é un xénero sumamente vello, nalgúns lugares dos EEUU atopáronse troncos de castiñeiros petrificados, mesturados con outros de magnolios, loureiros e metasequoias. É un xénero que sobreviviu a moitos desastres do pasado, aínda que no caso do castiñeiro americano, Castanea dentata, practicamente desapareceu recentemente arrasado pola enfermidade do cancro do castiñeiro (un fungo chamado Phytophthora cinnamomi), considerada polos fitopatólogos como unha das máis destructivas sufrida polo mundo. En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise ampliando a zona de cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios, deixando a castaña relegada a un segundo termo. A este segundo plano da castaña que deixo de ser básica na dieta dos galegos sumóuselle a aparición da tinta en Galicia de forma que moitos castiñeiros desapareceron a partires de finais do século XIX.

O castaño é unha árbore de grande tamaño (entre 20-35 metros de altura) cun toro que chega a medir ata 2 metros de diámetro. As follas de 16-28 cm de longo e 5-9 de ancho son oblongo-lanceoladas e profundamente dentadas.

As súas flores, de ambos sexos, nacen en amentos (inflorescencia en forma de racimo) verticais de 10-20 cm de longo. As flores masculinas na parte superior e as femininas na inferior. Xurden no mes de xuño e a finais de verán as femininas convértense e expiñentos ourizos, que conteñen as castañas, que se recollen no mes de outubro. 

A súa clasificación científica é:

Reino:Plantas            División:Magnoliophyta                                                                         Clase:Magnoliopsida     Orde:Fagales                                                                                          Familia:Fagaceae                                                                                                                   Xénero: Castanea 

O próximo día falaremos do froito: A CASTAÑA.

A GUARDA, UN PARAÍSO NATURAL

 

Dicir que "A Guarda é un paraíso natural" non é só unha frase feita, é unha realidade. Se cadra non apreciada  na súa medida polos propios habitantes, pero si polos que a visitan ou os que non sendo  nativos vivimos aquí encandilados por este lugar.

Na Guarda danse cita o río Miño e o seu entorno do esteiro, o bravo océano Atántico  coa súa costa e a  zona de monte representada  polo monte Torroso e o Monte Trega. ¿Quen ten a posibilidade de atopar un lugar, pequeno en extensión por certo, con tanta variadade?

Pero os paraísos hai que coidalos, por todos, por forasteiros e por residentes, pois  de non facelo non perdudará no tempo e sería unha mágoa que os nosos descendentes non puideran disfrutar desta paráxe natural.

Non quixera olvidar o patrimonio cultural con que contamos, moitas veces esquecido como o Castelo de Santa Cruz, as Igrexas Parroquiais,  a Citania, a Tore do Reló e un longo etc. do que tamén debemos preocuparnos en coñecelo e coidalo.

En resumo, vivimos nun lugar único. ¡Coidémolo e disfrutemos del !

LIXO XENERADO

LIXO XENERADO

Segundo datos publicados hoxe polo  INE (Instituto Nacional de Estadística), en términos per cápita, en España recolléronse 500 quilogramos de lixo urbano mesturados por persoa e ano.

Os datos referidos ao ano 2006 reflicten un aumento do 1,3% respecto ao ano anterior.

Por comunidades autónomas, as Illas Baleares rexistrou o maior valor per cápita de lixo mesturado con 630 kg, pola contra atópanse Cataluña e Galicia con 441 kg.

Polo que respecta ao lixo urbano procedente da recollida selectiva,  recolléronse 22,1 Kg. por persoa e año de papel e cartón (un 18,9 % máis que o ano anterior) e 12,6 Kg. de vidro (cun incremento do 11,7 % respecto a 2005). Os datos de Galicia son 15 kg de papel e cartón, 11,9 kg de vidro e 21 de envases mistos.

Pola súa parte, o sector industrial xenerou en España 59,3 millóns de toneladas de lixo durante o ano 2006, o que representa un 1,9 % menos que o ano  anterior.

VÍDEO-CANCIÓN: TI ERES PARTE. DESCUBRE O VERDE

Vídeo-canción de Discovery Channel que fala da importancia de coidar e amar o noso planeta.

Artista: Manuela Mejia.

Autores: Manuela Mejia, Dito Reschigna, Xandra Uribe

¡Merece a pena  escoitar a súa mensaxe e ver as imaxes!

TARSIUS SYRICHTA

TARSIUS SYRICHTA

Tarsero filipino (tarsius syrichta)

Filipinas, o segundo maior arquipélago do mundo, conta cunha inmensa riqueza de fauna e flora e centos de especies únicas no planeta, pero estas vense ameazadas pola destrución do seu hábitat a favor das industrias madeireira e mineira.

Nas súas xunglas vive o peculiar tarsero, un dos primates máis pequenos do mundo, que pode ver na escuridade, virar a súa cabeza 180 graos e case non evolucionou desde a época dos dinosauros: tarsero filipino (tarsius syrichta).

De apenas 15 centímetros de lonxitude e enormes ollos marróns, os de maior tamaño en relación ao corpo de todos os mamíferos, dorme durante o día mentres espera ata a noite para capturar insectos e murciélagos saltando desde as ramas ás que está case sempre agarrado.

Grazas a un programa de conservación que os protexe dos depredadores parece que o número de exemplares parace que está a aumentar.

CAMBIO CLIMÁTICO NO HIMALAYA

CAMBIO CLIMÁTICO NO HIMALAYA

Fotografía do pico Taboche (6.367 m.) tomada por Erwin Schneider en Nepal entre os años 1956 e 1961 e a fotografía do mesmo picodel pico tomada por Alton Byers en 2007. (Fotos: Fundación BBVA)

Estas dúas fotografías, tomadas en momentos distintos, forman parte dunha exposición  fotográfica "Himalaya. Paisaxes cambiantes", organizada pola Fundación BBVA e o ICIMOD (Centro Internacional para o Desenvolvemento Integrado das Montañas).

 Nelas podemos observar os impactos do cambio climático no cordal máis alto do mundo, o Himalaya. Multitude de pequenos glaciares situados a baixas latitudes desapareceron por completo e moitos, máis grandes,  perderon a mitade do seu volume.

A  exposición pretende concienciar aos ciudadáns da importancia do cambio climático e  dos desafíos a que se enfrontan as comunidades que habitan en áreas de montaña.

¡Servirá para que dunha vez  todas sexamos máisconscientes do problema!

BANDEIRAS NEGRAS

BANDEIRAS NEGRAS

Ecoloxistas en Acción acaba de presentar o informe "Bandeiras Negras 2008. Hipoteca Costeira" no que realizan unha diagnose sobre a situación da costa, concedendo 303 Bandeiras Negras e 310 Puntos Negros, denunciando como o insostible desenvolvemento da última década dos principais sectores económicos do litoral, úrbanístico, turístico e pesqueiro, franformaron tanto a costa que agora enfróntase a unha importante crise que ten significativas consecuencias para a economía do Estado Español.

O citado informe castigou con 26 bandeiras e 8 puntos negros os proxectos ou actuacións no litoral de Galicia que supoñen un grave atentado contra a conservación dos ecosistemas. Desglosados estes datos:

PROVINCIA

BANDEIRAS NEGRAS

PUNTOS NEGROS

PONTEVEDRA

16

2

A CORUÑA

8

5

LUGO

2

1

Se queres coñecer polo miúdo este informe pinche enINFORME BANDEIRAS NEGRAS