Blogia
vgomez

ZONA VERDE

O BOSQUE DE CASCAXIDE

O BOSQUE DE CASCAXIDE

Seguro que o nome de Cascaxide non vos soa de nada. Persoalmente si teño certo coñecemento do lugar pois hai anos, en A Guarda houbo unha mestra no antigo Colexio Manuel Rodriguez Sinde chamada Dona Isabel (seguro que moitos dos vosos pais pasou polas súas mans, como algunha filla miña) e que era preto deste lugar. Atópase na parroquia de Escuadro, pertencente a Silleda (Pontevedra).

A noticia é que nese lugar atópase un bosque (que forma parte dun pazo que leva o mesmo nome) cunha masa arbórea única e singular, polo que o Ministerio de Medio Ambiente acaba de concederlle o "Premio del Árbol y del Bosque del Año". A súa propietaria Lucía Espinosa denunciou talas e proponse mantelo preservando o contorno natural.

¡As nosas felicidades e que o exemplo cunda!

 

 

HESPÉRIDES

HESPÉRIDES

Buque "Hespérides" (Foto: CSIC)

O Buque de Investigación Oceanográfica (BIO) "HESPÉRIDES", da Armada española, con base en Cartagena, foi construído e botado o 12 de marzo de 1990. Tamén ten responsabilidades da xestión científica o Ministerio de Cinecia e Tecnoloxía.

Ata hoxe o BIO realizou numerosas campañas de investigación, recorrendo máis de 300.000 millas náuticas e acollendo a máis dun millar de investigadores e técnicos nacionais e estranxeiros.

A noticia é que onte, sábado, zarpou de cartagena para iniciar a XIV campaña antártacica, coa que conclúe a súa participación no Ano Polar Internacional.

O  estudo do desxeo nos polos será unha das actividades máis interesantas que realizarán os científicos españois que participan na misión.

 

A dotación será exclusivamemte militar (50 homes e 6 mulleres) ata a chegada do barco, a finais de xaneiro, a Punta Arenas (Chile), onde embarcarán 37 científicos para realizar varias campañas, unha delas a denominada ATOS-Antártida sobre o desxeo dos polos. Outras campañas serán sobre contaminación orgánica provocada polo home nos polos, outra denominada Caribe Norte, etc.

¡Voa viaxe!

FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD

FUNDACIÓN BIODIVERSIDAD

A Fundación Biodiversidade é unha organización da natureza fundacional, sen ánimo de lucro, cuxa actividade desenvólvese no ámbito da conservación, estudo e uso sostible da biodiversidade, así como a cooperación internacional ao desenvolvemento.

O 22 de decembro de 1998 constituíuse, mediante escritura pública, a Fundación Biodiversidade, pero foi en setembro de 2004 cando inicia unha nova etapa  con novos obxectivos, principios e liñas estratéxicas.

Se queres coñecer polo miúdo esta fundación, terás dende hoxe un enlace,  aínda que podes facelo pinchando en Fundación Biodiversidade

REMATA A CUMBRE CLIMÁTICA DE POZNAN

REMATA A CUMBRE CLIMÁTICA DE POZNAN

Al Gore, na cumbre do clima de Poznan (Foto: EFE)

Na pasada madrugada rematou en Poznan (Polonia) a XIV Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC), na que participaron 190 paises e con poucos acordos importantes.

Os documentos que saen desta conferencia son manter a referencia da conferencia de Bali (Indonesia) do pasado ano, sobre reducción de emisións de gases  de efecto invernadoiro entre un 25 e un 40 % para os países industrializados. Así mesmo danlle un impulso ás axudas destinadas aos países pobres para facer fronte aos efectos do cambio climático, aínda que cunha cuantía moi baixa, polo que os países afectados mostraron a súa decepción.

Escomenza agora o camiño cara a cumbre de Copenhague, para a que queda case un ano e da que terá que saír un novo réximen climático que sustitúa ao protocolo de Kioto, que remata no 2012. Para logralo haberá catro citas antes da danesa, a primeira en marzo a celebrar en Bonn (Alemania).

Esperemos que daquela a crise non faga acto de presencia, coma nesta, e os compromisos sexan maiores.

Se aínda non coñeces o contido do protocolo de Kioto pincha no seguinte enlace e obterás toda a información sobre o mesmo PROTOCOLO DE KIOTO

ENERXÍA EÓLICA

ENERXÍA EÓLICA

Parque eólico de Tarifa (Foto: Luis Barrios)

A enerxía eólica é a que obtemos do vento. É unha enerxía renovable e limpa que é empregada dende o principio dos tempos nas velas dor barcos e nos muíños de vento. Modernamente é utilizada  para producción de corrente eléctrica nos parques eólicos. Actualmente, España ocupa o segundo posto mundial, só por detrás de Alemania, en potencia eólica instalada, con 11.615,07 MW producidos por 538 parques eólicos en funcionamiento repartidos pola nosa  xeografía.Os parques eólicos presentan un problema grave coas aves, provocandi unha grande mortandade nas mesmas polas aspas dos aeroxeradores.

Pois parece que se atopou unha solución. Un equipo de investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Migres acaban de ultimar un  dispositivo capaz de detectar a presenza de aves e a súa traxectoria, co fin de deter as aspas do aeroxeradores para evitala súa morte.

O prototipo está en fase de ensaio de campo para dentro duns meses pasar a fase de producción.

¡Unha boa noticia!

POZNAN

POZNAN

Poznan é unha cidade situada no centro-oeste de Polonia. Pasaría desapecibida, pero nela estase a celebrar dende  onte, luns, a XIV Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC), na que participan 190 países e que durante dúas semanas debatirán sobre o futuro do planeta.

Este encontro é fundamental para conensuar a folla de ruta que permita acadar un protocolo pos-Kioto na conferencia de Copenhague do próximo ano.

 

 

MARABILLAS DO MUNDO EN PERIGO DE EXTINCIÓN

MARABILLAS DO MUNDO EN PERIGO DE EXTINCIÓN

A Gran Barreira de Coral, situada no Mar do Coral (Australia)

No seguinte gráfico interactivo preséntanse as oito marabillas do mundo, lugares excepcionais (moitos deles Patrimonio da Humanidade) que se atopan en perigo  debido ao cambio climático ou a explotación turística.

Eses oito lugares son: A Gran Barreira de Coral, Katmandú, o Parque Nacional Everglades, Atenas, a Toscana, as Maldivas, costa Amalfitana e a costa de Croacia.

Se queres coñecer estes lugares pincha en Marabillas do mundo

COGOMELOS II: COPRINUS

COGOMELOS II: COPRINUS

Coprinus comatus

Estes días temos unha espectacular plantación deste cogomelo Coprinus comatus no noso xardín do IES. Calquera de vós podedes observalos e recolectar os que se atopen en condicións. Imos pois coñecer algo sobre este cogomelo.

Nun principio aparece como unha especie de ovo, máis ou menos alongado, podendo acadar ata os 10 cm de altura e de 4-6 cm de diámetro. A súa superficie está adornada con fibriñas brancas dispostas en mechas, facilmente desprendibles. Na súa parte superior pode aparecer unha especie de casquete ce cor parda cervino, con pequenas escamas parduscas no resto do sombreiro. Orixinalmente teñen cor branca e coa maduración adquiren unha cor rosada e logo negra dende o fondo cara arriba.  Cando está todo negro descomponse  nunha especie de tinta negra viscosa. A carne é branca, fráxil, cun cheiro e sabor moi tenues e agradables.

É excelente comestible, aínda que dura pouco, polo que só se pode consumir cando as láminas están aínda brancas. A mellor forma de preparalo é en revolto.

De calquera xeito, consulta en caso de dúbida. Non consumas cogomelos sen estar seguro e sen contar coa opinión dun experto.