POZNAN

Poznan é unha cidade situada no centro-oeste de Polonia. Pasaría desapecibida, pero nela estase a celebrar dende onte, luns, a XIV Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC), na que participan 190 países e que durante dúas semanas debatirán sobre o futuro do planeta.
Este encontro é fundamental para conensuar a folla de ruta que permita acadar un protocolo pos-Kioto na conferencia de Copenhague do próximo ano.
0 comentarios