Blogia
vgomez

ZONA VERDE

ESTOCOLMO

ESTOCOLMO

Estocolmo (Foto: www.portalviajar.com)

De xeografía, recordamos que Estocolmo é a capital e a cidade máis grande de Suecia (país escandinavo da Europa do Norte). Está ubicada nun importante arquipélago, constituído por numerosas illas. Ten unha poboación (olmenses) aproximada de 795.000 habitantes. Foi fundada no ano 1250.

Estocolmo é noticia hoxe por ser galardoada pola Comisión Europea como Capital Verde Europea 2010.

Este novo galardón da Comisión Europea ten como obxectivo animar ás cidades a mellorar a súa calidade de vida urbana, tendo en conta sistemáticamente o medio ambiente nos seus plans de urbanismo.

Lamentablemente as cidades española que competían (entre ellas Valencia, Vitoria, Zaragoza, Pamplona, Murcia e Sabadell) quedaron lonxe. Para o ano 2011 foi elexida Hamburgo (cidade alemana).

Esperemos que teñamos máis sorte para o ano 2012, aínda que temos moito que mellorar para competir coas cidades do norte europeo. Ao mellor esto serve para facelo.

AQUA MUSEU DE VILA NOVA DE CERVEIRA

 

O pasadao día 18, xoves, os compoñentes da AXENDA 21 ESCOLAR GALEGA (A21EG) do noso IES, dentro das súas actividades, visitaron o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A visita é unha das programadas durante o curso co obxectivo de coñecer o río Miño e o seu entorno (centro da actividade xeral do curso, e que terán continuidade coa visita a Ourense e a Melgaço). Como tal constou de dúas partes: a visita propia ao aqua museu e logo unha práctica  na recollida e estudo dos pequenos animais que viven no sedimento. Eso si, previamente disfrutamos da comida nesa zona privilexiada e do parque que teñen.

¡Menuda envexa !

ENERXÍA VERDE E SOSTIBILIDADE

ENERXÍA VERDE E SOSTIBILIDADE

Imaxe da base polar Princesa Isabel (Antártida) Foto:AP

Unha nova base polar acaba de ser inagurada na Antártida. Trátase da denominada Princesa Isabel e é de nacionalidade Belga. Ata aquí parece unha notica normal dentro das investigacións internacionais nesta zona. O que a diferencia doutras noticias deste tipo é que esta base non emite gases contaminantes á atmosfera, xa que funciona unicamente con enerxía solar e eólica.

Se esto resulta factible nunha zona cun clima tan difícil,  como seguramente o será, xa non teremos escusa para aplicalo en paraxes moito máis temperados.

¡A enerxía verde cada pouco vai gañando terreo!

NATURAX12

NATURAX12

Este é o nome dunha nova páxina de internet www.naturax12.com coa que a Obra Social de Caja Madrid petender ofertar unha nova ferramenta para aproximarse á natureza española.

Unha oportunidade que xa podedes coñecer pinchando en NATURAX12

LAMPREA

LAMPREA

Estamos en época de lamprea. A lamprea (Petromyzon marinus), é un peixe sen mándíbula, de  corpo alongado e cilíndrico e con forma de serpe. É un ser moi primitivo e moi pouco evolucionado dentro do mundo animal, cunha antigüedade de 500 millóns de anos. Ten a boca en forma de ventosa (que lle permite ser parásito doutros animais mariños) e presenta sete buratos a ambos os lados do corpo (branquias) e non ten escamas. O seu esqueleto é cartilaxinoso. Nace nos ríos, medra no mar e volve de novo ao río para reproducirse, que é cando é capturada polos nosos pescadores.

 

A súa clasificación científica é:

REINO: Animal

FILO: Cordados.

CLASE: Cefalaspidomorfos.

ORDE: Petromyzondes.

XENERO: Petromyzon

 

CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA: UN DESAFÍO PARA TODOS

CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA: UN DESAFÍO PARA TODOS

En poucos días, moitos poderedes ver o primeiro documental rodado no noso país sobre os efectos do cambio climático, de National Geographic Channel e Endesa, titulado "Cambio climático en España: Un desafío para todos".

Entre os lugares analizados figura Galicia, onde se quitan tres conclusión:

1ª. É a comunidade española onde se producen maiores emisións de gases efecto invernadoiro, fundamentalmente debido a queima de madeira dos incendios.

2ª. Zona con maior risco polos aumentos da costa de inundación costeira.

3ª. A fauna mariña do Parque Nacional das Illas Atlánticas (fundamentalmente Illas Cies) pode desaparecer.

!Malos pronósticos¡ Merecerá a pena ver esta producción documental.

WILKINS A PUNTO DO COLAPSAR

WILKINS A PUNTO DO COLAPSAR

Plataforma de xeo de Wilkins (Antártida)  (Foto: Reuters/Bas)

As plataformas de xeo son extensións de capas de xeo continental que flotan no mar. A plataforma de Wilkins, que se atopa na península ártica, que na súa orixe cubría 16.000 km2, foi perdendo superficie e está a punto de desaparecer. Neste momento atópase unida por unha franxa de 40 km de longo (cando hai 50 anos era de 100)  e 500 m de expesor no punto máis estreito. A temperatura na península antártica aumentou uns 3ºC dende 1950.

¿Cambio Climático?

A Antártida ou continente antártico é unha masa terrestre cuberta na súa maior parte por xeo e que rodea ao Polo Sur. Considérase continente antático a todos os territorios e mares situados ao sur do paralelo 60º, incluíndo os arquipélagos das Georgias do Sur e Sandwich do Sur, que son as rexións máis próximas ao continente sudamericano.

 

Foto

Se queres coñecer máis deste continente xeado, podes facelo na seguinte páxina onde Alfredo Merino (enviado especial do xornal El Mundo) e que participou na expedición Internacional Inspire Antartic, que tiña por obxectivo chegar a E-Base (que é un edificio ecolóxico e sustentable que funciona dun modo eficaz dende o punto de vista medioambiental e de recursos.  Pincha aquí A ANTÁRTIDA  

 

 

A MAIOR PLANTA DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DO MUNDO

A MAIOR PLANTA DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DO MUNDO

Planta fotovoltaica de Amareleja (Foto: Acciona)

A maior planta de enerxía fotovoltaica do mundo acaba de inagurarse no país veciño:Portugal, concretamente preto da fronteira co noso país, no Alentexo, en Amareleja (Moura).

Ten unha potencia de 46 Megawatios (Mw), que producirán 93 millóns de kilowatios/hora.A central solar ocupa unha superficie de 250 hectáreas e consta de 2.520 seguidores solaresde 140 m2 (13 m de longo por 10,8 m de ancho). Cada un deles alberga 104 módulos de silicio policristalino, de 170 e 180 Mw de potencia, con 262.080 módulos fotovoltaicos no comnxunto da central solar. Os seguidores desenvolven un movemento acimutal de 240º de xiro seguendo a parábola do Sol, cunha inclinación fixa de 45º.

 

Esta central evitará a emisión de 89.383 toneladas anuais de CO2 en centrais de carbón. Construída pola empresa española Acciona, produccira a enerxía que poden gastar 30.000 fogares portugueses.

Aínda en construcción, en España, está a plata fotovoltaica de Puertollano, que no momento de estar rematada producirá algo máis que a portuguesa, un total de 47,6 Mw.

¡Este é o camiño, as enerxías renovables e limpas!