Blogia
vgomez

ZONA VERDE

UNHA NOVELA: A TREBOADA DE C

UNHA NOVELA: A TREBOADA DE C

Climántica, o próxecto de Educación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, acaba de publicar no apartado novelas  de bibliotecas as versións en galego e en castelán da primeira novela da colección Contos Climánticos A treboada de C do escritor Agustín Agra.

Agustín Agra Barreiro (Noia, 1966) é licenciado en Bioloxía, profesor desta materia no Instituto de Ensino Secundario Cotarelo Valledor de Vilaxóan. Comezou a escribir en 2003, publicando os seus primeiros textos nas revistas Alameda do Liceo de Noia e Casa da Gramática do IES Virxe do Mar de Noia, colaborando coa Asociación Cultural Barbantia. No ano 2004, gañou o primeiro premio do concurso de narracións curtas Modesto Figueiredo do Pedrón de Ouro con “Os límites do inimaxinable”, obtendo, así mesmo, o primeiro accésit da edición de 2005 con “Na Caeira”. Ten publicado os libros O tesouro da Lagoa de Reid ‘Is (Xerais 2006), premio Merlín de Literatura Infantil 2006, e Cazaría salvaxe (Fóra de Xogo, Xerais 008).

Esta novela pódela ler neste blog, consta deconsta de 24 relatos de temática ambiental, conducidos e relacionados polo cambio climático. 

A miña proposta é adicarlle diariamente entre 5 ou 10 minutos a cada relato. Proba lendo o 1º relato, e se che gusta xa sabes ... a seguir.

No seguinte enlace tes a forma de acceder, despois pincha en cada capítulo e móvete coas frechas verdes do fondo. Se o prefires en castelán, tes a opción.  Tamén tes a posibilidade de descargar cada capítulo. Ti mesmo.

Preparado, pois pincha en A TREBOADA DE C  e a disfrutar.

PEL CONTRA PEL

PEL CONTRA PEL

Neste vídeo de RTVE, do programa Escarabajo verde, titulado : "Piel contra piel"  faise o seguinte plantexamento:

1ª Postura :Lucir unha prenda de pel ou calquera artigo confeccionado con pel auténtica é unha aberración e quen o fan amosan a súa total insensibilidade  cara o mundo animal.

2ª Postura: Usar a pel que provén dos matadeiros é unha forma de reciclar e vestirnos con peles, aínda que sexan de animais criados só para ese fin, sempre será máis sostible que facelo con fibras artificiais ou plásticos que moitas veces son derivados do petróleo.

En que lugar da balanza estás?

Espero que despois de velo poidas contestar á pregunta. Eso si, se non o tedes claro, ao lado do vídeo tedes unha segunda parte, para poder saber máis do tema.

Se estás disposto pincha en Escarabajo verde

ATALAIA: MUSEO DO MAR

 

 

 

Museo do Mar da Guarda abre as súas portas

 

O xoves 9 de abril, terá lugar a apertura do Museo do Mar instalado na Atalaia, que se poderá visitar ata o domingo, de 11.00 a 14.00h, e de 16.00 a 19.00h.

            O horario de verán (sábados, domingos e festivos) será de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

            Non se trata dunha inauguración, á que se procederá máis adiante, senón da súa apertura para facilitar a cantos nos visitan nestas datas unha referencia máis na súa estadía na Guarda.

O Museo do Mar é unha vella aspiración dun grupo de persoas vinculadas coa asociación naturalista ANABAM que, dende hai máis de 20 anos, dedican parte dos seus esforzos a recoller e conservar material etnográfico relacionado coa vida mariñeira.

Algunhas das pezas que se exhiben no Museo do Mar teñen un alto valor etnográfico por ser únicas e porque hai moitas décadas que caeron en desuso. Esta colección etnográfica apóiase en paneis informativos que facilitan a comprensión do seu uso, pero o plan museolóxico presenta tamén, entre outros atractivos, diversos puntos de información táctil e un audiovisual sobre o mundo do mar e da pesca na Guarda.

A réplica da Atalaia, reconstruída no lado norte do porto da Guarda, en Punta Xinete, vai ser o edifico que albergue os fondos do Museo do Mar, no que xunto coa colección de útiles e aparellos usados polos mariñeiros da vila, poderemos admirar tamén unha selección de cunchas da colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro formada por máis de 18.000 pezas e adquirida polo concello. Por motivos de espacio non é posible amosar todas esas cunchas, polo que o malacólogo Emilio Rolán Mosquera xunto con Ignacio Saa e Agustín Ferreira, realizaron a selección das cunchas para a súa exposición, optando por diferenciar a mostra en cuatro grupos de familias: Volutidae, Conidae, Cypraeidae y Muricidae.

O obxectivo principal do Museo do Mar é recuperar, conservar e difundir o patrimonio relacionado coa vida mariñeira e realizar unha mostra representativa das cunchas máis curiosas e vistosas que poden atoparse en todos os mares do mundo.

A Atalaia

O Museo del Mar localízase ao final do paseo marítimo, preto do Dique norte, convertido hai un ano nun fermoso mural de referencia pictórica nos peiraos galegos O edificio vén dado pola réplica da Atalaia, obra dos anos 90, para recordar a torre defensiva construida polos portugueses no século  XVII, cuxos restos derruíronse na primeira mitade do século XX.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fonte de información: www.Galiciasuroeste.info

A HORA DO PLANETA

 

Hoxe, sábado 28 de marzo, ás 20,30 tes unha cita co noso Planeta para demostrar que a loita contra o cambio climático é posible.

Esta iniciativa de WWF (Adena/World Wildlife Fund)  é a maior campaña en defensa do medio ambiente da historia na que esperemos que participen 1.200 millóns de persoas. Na Hora do Palneta están implicados gobernos, cidadáns e empresas nunha acción conxunta para  chamar a atención sobre os efectos do quentamento global e esixir aos líoderes políticos que actúen para controlar as emisión de CO2 antes de que sexa demasiado tarde.

Moitos Concellos, institucións e empresas participarán. E ti?

Simbólicamente apaga as luces da túa casa 5 minutos ¡Participa!

OLIVEIRA

OLIVEIRA

Oliveira (Olea europea L.)

Dende hai uns días contamos cunha nova árbore no noso xardín botánico. Trátase dunha oliveira (Olea europeaL.) doada por un particular: Jesús Baldonedo  (Muebles Suso). Dende a A21EG o noso agradecemento.

A planta ten bo porte é esta situada preto doutra oliveira, moito máis pequena. Lembremos que esta árbore ten un crecemento moi lento.

A oliveira é unha árbore perennifolia (sempre con folla), lonxeva, que pode acadrar os 15 m de altura, con copa ancha e toro groso e retorcido. A súa clasificación científica é:

Reino: Plantas

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Lamiales

Familia: Oleáceas

Xénero: Olea

OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA

No día de onte, luns 9 de marzo, os alumnos-as de 1º ESO e na materia de CN, distribuídos en quendas de mañá e tarde, fixeron unha saída  para a realización de observacións ornitolóxicas. Contamos co asesoramento e material facilitado por ANABAM.

Aínda que tivemos un día fermosísimo, tendo en conta a época que nos atopamos, as aves que había non eran moitas. De calquera xeito puidemos observar: Alavanco real (Anas platyrhynchos), Mazarico galego (Numenius phaeopus), Píllara riscada ( Arenaria interpres), Garza real (Ardea cinerea), Garzota (Egretta garzetta), Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), Carrán cristado (Sterna sandvicensis), etc

¡Un día a recordar!

ERROS NA RECICLAXE

ERROS NA RECICLAXE

Foto: Daniel Lobo (Revista Consumer Eroski)

Cando tratamos de reciclar na casa, por medio da separación de resíduos, moitas veces cometesmos erros, non por non facelo, senón por desconecemento.

A Revista CONSUMER EROSKI, publica un artigo datado o 16 de ferebreiro do 2009, da autoría de Alex Fernández Muera, titulado : "Como evitar erros na reciclaxe". Nel resolve moitas dubidas sobre o destino dos resíduos e a que contedor deben de ir. A súa lectura pode axudarnos  a facer unha selección axeitada xa na casa, polo que vola recomendo.

Para acceder ao documento pincha en ERROS NA RECICLAXE

VARAMENTO MASIVO DE BALEAS

VARAMENTO MASIVO DE BALEAS

Baleas varadas (Foto: Reuters)

Ao sur de Australia, na illa de King, apareceron varios centos de baleas e golfiños varados na súa praia. Din os científicos que os cetáceos síntense  atraídos polo sónar dos grandes buques ou que seguen aos seus líderes enfermos e desorientados polos danos auditivos.

Foron moitos voluntarios os que intentaron devolver ao mar  a estes cetáceos, logrando salvar a 48.