Blogia
vgomez

ZONA VERDE

SEN PALABRAS

SEN PALABRAS

A verdade é que hoxe pola tarde, cando un grupo de rapaces e rapazas de A21EG  escomenzamos o traballo semanal no xardín do Centro, atopamonos co que vedes na fotografía (e eso que aparece xunto, pois estaba todos ciscado).

Traballo de alumnos-as e profes do curso pasado deseñando e facendo indicadores de cada especie, pedras destrozadas, anacos do bordos da pista, etc., e  non falemos da catidade de porcallada que recollemos semanalmente desa zona.

Por que? Que sentido ten? Non acado a comprendelo! A verdade é que non merece a pena facer nada!

Os que o fixeron poden estar orgullosos, pero seguro que a eles non lles gustarií nada que llo fixesen. Espero que a quen corresponda tome as medidas oprtunas para que esto non volva suceder.

Hai que ter empatia cos demais!

AREA GRANDE: BANDEIRA AZUL

AREA GRANDE: BANDEIRA AZUL

Á praia da AERA GRANDE foille concedida unha BANDEIRA AZUL para este verán. Foi unha das 124 que levou Galicia, das 493 praias e 78 portos que levou o conxunto de España.

As bandeiras azuis concédeas un xurado internacional formado por representantes do Programa de Nacións para o Medio Ambiente, da Organización Mundial do Turismo, da Asociación Internacional de Salvamento e Socorrismo, e de varias organizacións dedicadas á conservación e protección da natureza.

As bandeiras azuis son un selo ambiental internacional que certifica o cumprimento de criterios de calidade como a accesibilidade, a salubridade das augas, a información ambiental aos usuarios ou o respecto á lexislación.

Estas son as características desta praia (Datos tomados da páxina web do Concello):

 

Praia Area Grande

 Latitude: 41° 54’ 36.28’’ N Lonxitude: 8° 52’ 25.42’’ W

Area Grande


Praia bañada polo oceáno Atlántico, a escasa distancia do centro urbano o que facilita o acceso a pé dos bañistas atraídos pola sona e as propiedades beneficiosas das súas augas iodadas, ideais para mellorar das enfermidades reumáticas e dermatolóxicas. Para todos aqueles que o necesiten dispón de transporte urbano e diversos servizos hostaleiros, así mesmo pódese tomar como punto de partida dun agradable paseo cara o porto da Guarda seguindo a liña da costa

SERVIZOS:

AparcadoiroTeléfonoRecollida selectiva
PapeleirasAcceso minusválidosDuchas
AseosServizo de limpezaTransporte
HoteisRestaurantes


ACCESO:
Está situada saíndo da Guarda en dirección a Baiona, pola PO-552, aproximadamente a 400 metros cóllese un desvío á esquerda que leva ata a praia.

ACCESIBILIDADES:
Coche, peonil ou transporte urbano (autobús).

CARACTERÍSTICAS:

Tipo:Praia resgardada
Longura:300 metros
Ocupación tempada estival:Alta
Tipo de area:Dourada

Podemos felicitarnos e é unha mágoa que a praia maritimo-fluvial do Muíño non recebira tal galardón. Hai que seguir traballando para conseguila. Esperemos que o próximo ano reciban este selo de calidade as dúas.

 

EXPOANIMALIA II

Xa comentei días atrás que ata o próximo 23 de maio está no Centro Cultural unha interesante exposición denominada "EXPOANIMALIA". Para que teñades unha idea do seu contido aquí temos unha mostra: (Imaxes tomadas de www.galiciasuroeste.info)

 

 

 

 

  

 

 

 

 

  

 

 

 

Esta fin de semana sería un bo día para ir (pola tade do venres de 17:00 a 20:0e o sábado 10:00 a 13:00 horas), aínda que queda a proxima semana pola tarde.

 

Por certo hai un concurso para os visitantes e agasallos. Só hai que contestar a unhas pequenas preguntas. Interésache? Pois pincha en EXPOANIMALIA.

 

EXPO-ANIMALIA

EXPO-ANIMALIA

Hoxe, luns, ás 20.30 horas inaugúrase no Centro Cultural da Guarda unha exposición organizada pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e ANABAM. A exposición leva por título “Expo-Animalia”,e poderá visitarse do 11 ó 23 de maio en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h os días laborables e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.

Nesta exposición preténdese levar fóra das paredes da Facultade unha mostra da biodiversidade animal a través dunha colección (aínda que pequena) da Facultade de Bioloxía (Zooloxía). Moitas das especies desta colección foron recollidas en Galicia, pero parte delas proceden de puntos tan distantes como a Antártida, de expedicións realizadas pola costa Africana, ou de distintos países de América do Sur, grazas ao labor realizado polos distintos integrantes da área de Zooloxía e a persoas anónimas interesadas na vida animal que doaron parte do material exposto.

¡Merece a pena vela!

E POR QUE NON PARA OS VOSOS PAIS?

 

Hai uns día estivestes en Ourense.  Entre outras cousas difrutastes das augas termais  e dos seus beneficios. Penso que deberiades de animar aos vosos pais a pasar un día nesa cidade: un paseo, unha comida e as augas. Ao fin é unha hora e cuarto e penso que merece a pena. Podedes facer de guías e pode ser ata un agasallo.

Para animalos poden ver este vídeo.

DÍA INTERNACIONAL DA CONCIENCIA POLO RUÍDO

DÍA  INTERNACIONAL  DA CONCIENCIA POLO RUÍDO

Hai máis dunha década que se fala do RUÍDO como contaminante, sen embargo, dificilmente atópase considerado na educación ambiental, xa que esta centra o seu interese no ecolóxico.

Cada día é máis frecuente escoitar acerca da CONTAMINACIÓN ACÚSTICA. Os innumerables e potentes ruídos da cidade producen irritabilidade, atordamento e falta de concentración no traballo. O nivel de ruído en que se desenvolve  a nosa vida inflúe negativamente no rendemento do noso traballo e na nosa saúude.

Por iso celébrase hoxe o Día Internacional da Conciencia polo Ruído. Esta xornada pretende chamar a atención deste tipo de contaminación, oculto, que non se nota axiña, pero que pasara factura a un curto prazo.

E un consello: O estudo é un traballo para o que se necesita a máxima concentración; un ambiente ruidoso é moi prexudicial. A música de fondo fai o mesmo efecto que un ruído cando temos que concentrarnos no estudo.

 

 

DÍA DA TERRA

 

O "Día da Terra"  celébrase hoxe en todo o mundo, cun planeta  "que tamén se atopa en crise", e que se celebra dende 1970, cun único obxectivo primordial: propiciar o desenvolvemento du nha conciencia ambiental en todo o planeta.

Este vídeo intenta, dalgún xeito, contar a Historia do Universo e de como encaixamos nel, como parte dun todo.

¡Nas nosas man s está entregarlle este planeta ás xeracións vindeiras!

ENERXÍA EÓLICA II

ENERXÍA EÓLICA II

O pasado día 13 de marzo falamos da enexía eólica dun xeito xeral. No día de hoxe imos tratalo dun xeito específico, atendendo as aplicacións domésticas (o que se denomina mini-eólica), aos sistemas mixtos de eólica-solar, e futuristas (plantas eólicas mariñas e turbinas eólicas fururistas). Penso que deste xeito queda completo esta revisión desta fonte de enerxía limpa, rentable e sostible.

Se estás interesado pincha en TODO SOBRE E. EÓLICA