SEN PALABRAS

A verdade é que hoxe pola tarde, cando un grupo de rapaces e rapazas de A21EG escomenzamos o traballo semanal no xardín do Centro, atopamonos co que vedes na fotografía (e eso que aparece xunto, pois estaba todos ciscado).
Traballo de alumnos-as e profes do curso pasado deseñando e facendo indicadores de cada especie, pedras destrozadas, anacos do bordos da pista, etc., e non falemos da catidade de porcallada que recollemos semanalmente desa zona.
Por que? Que sentido ten? Non acado a comprendelo! A verdade é que non merece a pena facer nada!
Os que o fixeron poden estar orgullosos, pero seguro que a eles non lles gustarií nada que llo fixesen. Espero que a quen corresponda tome as medidas oprtunas para que esto non volva suceder.
Hai que ter empatia cos demais!
0 comentarios