Blogia
vgomez

AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN

España é o país de Europa con máis especies ameazadas. Segundo estimacións do Banco Mundial, actualmente só no noso país hai 326 especies en risco de desaparecer para sempre. E esta cifra non deixa de medrar.

Sen ir máis lonxe, o pasado mes de xullo, a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente declaraba a pita do monte cantábrica, ao visón europeo, á xara de Cartaxena, o  picanzo pequeno, a cerceta pardilla, a ameixa de auga doce   e a nacra común especies ameazadas "próximas á extinción.

Nesta serie, imos coñecer esas especies. Comezamos!

1. Pita do monte cantábrica (Tetrao urogallus cantabricus)

El urogallo cantábrico, en situación crítica
Pita do monte cantábrica / Fundación Biodiversidade

 

A pita do monte cantábrica (Tetrao  urogallus  cantabricus) é unha  subespecie da pia do monte occidental (Tetrao  urogallus), un ave galiforme da familia Phasianidae endémica dos montes Cantábricos.

Viuse minguar a súa poboación entre un 25 e un 50% nos últimos 15 anos (calcúlase que só quedan uns 250 machos). Este animal é moi delicado e calquera variación do seu hábitat pode afectarlle de maneira fatal.

A súa principal ameaza: O cambio climático, a fragmentación dos bosques e a elevada densidade dos depredadores.

Mañá, outra especie!

FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/wikipedia

0 comentarios