O QUECEMENTO GLOBAL RESUMIDO NUN VÍDEO DE MENOS DUN MINUTO
Antti Lipponen é un investigador do Instituto Meteorolóxico de Finlandia empeñado en que o maior número de persoas posible entenda a importancia do cambio climático. A partir da información e os coñecementos que obtén no seu traballo, crea gráficos en movemento pensados para as redes sociais que explican o quecemento global en menos dun minuto.
O 25 de agosto publicou un deles na súa conta de Twitter con datos da NASA. Nel inclúe as anomalías térmicas de máis de 190 países entre 1880 e 2017.
Por anomalía térmica, Lipponen considera a diferenza entre a temperatura de cada ano coa media do período entre os anos 1951 e 1980. A medida que os países se van quentando, as burbullas de cores que os representan agrándanse máis e máis.
Ademais das moitas horas de investigación que inviste no seu traballo, o finlandés dedicou outras catro horas na creación do gráfico que resume os datos. O último plano mostra a diferenza de graos de cada país en 2017 con respecto á media.
No caso do noso país, que aparece ao final da liña 10, esa anomalía é de +1,5 ºC.
FONTE: verne/elpais.com
0 comentarios