Blogia
vgomez

AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN II

Continúo coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Hoxe tócalle á segunda: o visón europeo!

2. Visón Europeo (Mustela lutreola)


visón europeo

Visón europeo / Imaxe: fundacion-biodiversidad.es

Xunto ao lince, é o  carnívoro máis ameazado de Europa. Apenas quedan 500 exemplares no noso país. É un mamífero pertencente á familia dos mustélidos.

Posúe unhas orellas curtas e redondas. O pelame é pardo escuro cos beizos e queixo máis claros. Vive nas proximidades da auga e mergúllase con facilidade. A súa alimentación é completamente animal: roedores, ras, peixes, aves acuáticas ou ovos.

A súa principal ameaza: O visón americano, unha especie invasora, e a degradación dos ríos, o seu hábitat natural.

Onde atopalo? País Vasco, Navarra e A Rioxa.

Mañá, outra especie!

FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/wikipedia

0 comentarios