Blogia
vgomez

ZONA VERDE

LÁMPADAS INCANDESCENTES

LÁMPADAS INCANDESCENTES

Maña, martes, desaparecerán do mercado da UE (Unión Europea) todas as lámpadas incandescentes de máis de 100W. No próximo ano, en setembro, desaparecerán as de máis de 75W. En 2011 desaparecarán as de máis de 60W e, finalmanete, en 2012 quedarán eliminados todos os tipos.

Esta normativa foi aprobada pola UE o pasado ano, en decembro, para a desparición de lámpadas incandescentes e baixo redimento, para ser substituídas por outras de maior eficiencia. Esto suporá un aforrro medio por fogar de 50 € e un recorte de 15 millóns de toneladas de emisións de dióxido de carbono (CO2).

GLACIAR PERTERMANN

GLACIAR PERTERMANN

Glaciar Pertemann (Foto Greenpeace)

A organización ecoloxista Greenpeace que dende comenzos do verán, a bordo do rompexeos "Artic Sunrise", evalúa o impacto do cambio climático sobre o fiordo de Sermilik (Canadá), acaba de facer público o risco de dun posible colapso do glaciar "Pertermann (Groenlandia), podendo fragmentarse polo efecto das altas temperaturas, o que deixaría á deriva unha superficie xeada equivalente a illa de Manhattan (EEUU) e tamén o posterior desxeo das zonas permanentemente xeadas producindo á subida do nivel do mar.

Esta mesma organización apela aos gobernos para reducir a emisións de dióxido de carbono, un dos responsables fundamentais do cambio climático.

CENTRO AMBIENTAL

Polo interes da noticia, reprodúcese a que publica ANABAM na súa páxina  www.anabam.org  e na que se dá conta pa posibilidade da creación dun Centro Ambiental preto da Armona.

Sen dúbida unha gran noticia para todos e todas e da que esperamos quitar partido profesorado, alumnado e público en xeral, non só de A Guarda, senón de toda Galicia.

As nosas felicidades a ANABAM por esta consecución.

 

 

 

De esquerda á dereita: Agustín Ferreira, en representación de ANABAM; Emilio Alonso, axente de M.A. que desempeña seu labor na comarca; Rafael Álvarez, Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos; J.Manuel Araújo, técnico da Consellería de M.A.

 

        O venres 15 de maio pasado, tiña lugar na Casa do Pobo da Entidade Local Menor de Camposancos, unha xuntanza a tres bandas (Representante desta Entidade Local; representantes da Consellería de M.A. e presidente de ANABAM) para tratar o tema da posible construción dun Centro Ambiental no Esteiro do Miño. Este centro é unha vella aspiración de ANABAM que leva varios anos xestionando, diante da Consellería de M.A., a súa construción. Parece que agora a cousa marcha xa por bó camiño e mesmo xa hai unha empresa da localidade encargada da construción do centro.

 

     A zona elixida para a súa ubicación é a mesma que xa cedera a Entidade Local no ano 2004 para este fin, ou sexa na Armona, nas inmediacións da zona coñecida como "A Noria", nun piñeiral cuxos terreos son propiedade da citada entidade. A zona foi elixida por ANABAM tendo en conta, entre outros, os seguintes puntos:

 

          -a/ Pola dispoñibilidade da Entidade Local de Camposancos a ceder unha parcela, previo convenio con Medio Ambiente, para a ubicación do centro.

          -b/ Por atoparse fronte a unha das áreas ornitolóxicas máis importantes do Esteiro do Miño, cumprindo deste xeito un dos requisitos que tiñamos en mente: poder observar dende ela as aves e ampliar as infraestructuras e posibilidades de Educación Ambiental.

          -c/ Por ter un acceso doado e ser unha zona de paso habitual de persoas.

          -d/ Para facilitar a observación e obtención de información desta área aos afeccionados e usuarios, potenciando, se cabe, aínda máis os seus valores.

          -Por ser un terreo con certa altura sobre o leito do río dende o que se pode dominar e observar perfectamente a zona ornitolóxica.

 

       O centro, será de planta baixa e construído de madeira. Está previsto que conte cunha sa para exposicións, duns cen metros cadrados, un pequeno almacén e servizos adaptados para minusválidos. De cumprirse cos prazos previstos, ANABAM podería celebrar os seus 25 anos de existencia inaugurando este Centro Ambiental polo que leva traballando dende hai varios anos.

 

 

A frecha indica a zona onde está prevista a construción do centro ambiental. fronte ao lameiro da Armona, entre a praia da Lamiña e o Codesal.

 

 

PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA

PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA

Dende esta páxina temos falados dos diferentes tipos de protección ambiental que hai en España: Parques Nacionais, Parques Naturais, Reservas da Biosfera e Rede Natura 2000 (cos LIC -Lugares de Importancia Comunitaria- e ZEPA -Zonas de Especial Protección para Aves).

Galicia conta  con:

1 só Parque Nacional: Illas Atlánticas de Galicia.

6 Parques Naturais: As Fragas do Eume, Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Enciña de Lastra, Montes do Invernadoiro, Monte Aloia e Baixa lLmia-Serra dos Xurés.

5 Reservas da Biosfera: Oscos-Eo-Terra de Burón, Área de Allariz, Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, Terras de Miño e Gers-Xurés.

Consumer Eroski acaba de publicar unha guía completa de todos os Parques Nacionais, Parques Naturais e Reservas da Biosfera de España. Un bo lugar para coñecer, máis polo miúdo, o anteriormente citado respecto a Galicia, ou de calquera outra Comunidade Autónoma. Dende hoxe haberá un ENLACE permanente, pero se agora queres ter unha idea pincha en GUÍA DE PARQUES E RESERVAS DA BIOSFERA.

Pode ser útil para preparar calquera traballo, para satisfacer a curiosidade ou para preparar unha viaxe. Espero que sexa útil!

BANDEIRAS NEGRAS 2009

BANDEIRAS NEGRAS 2009

Case coincidentes coa publicación das denominadas Bandeiras Azuis, que premian a cualidade das augas e os servcios que prestan as praias, Ecoloxistas en Acción publican, no mes de xullo, as denominadas Bandeiras Negras 2009. O informe deste ano leva por lema "A crise unha oportunidade para a costa".

No ano 2009 concedéronse un total de 311 bandeiras negras (zonas con degradación ambiental alta e con graves ameazas para os seus ecosistemas) e 392 puntos negros (lugares con impactos puntuais ou de menor gravidade).

Lamentablemente Galicia ocupa o primeiro lugar neste listado con 55 bandeiras negras e 102 puntos negros. Séguennos Andalucia, Comunidade Valenciana e Murcia.

A nosa provincia, Pontevedra, acada 5 bandeiras negras e 24 puntos negros.

Refrente á nosa localidade, A Guarda, aparece con 1 bandeira negra e 1 punto negro, a saber:

Bandeira Negra ao dragado da canle do ferry internacional A Guarda-Caminha. Quérese manter o calado para a navegación do ferry, así que van sacar 70.000 metros cúbicos de area que usarán para rexenerar praias en toda a provincia de Pontevedra.
Punto Negro ao porto deportivo A Pasaxe. Este porto con 100 amarres en zona LIC e ZEPA. Afectará ás correntes e aos bancos de area.

Se queres coñecer a fondo este informe pincha en INFORME BANDEIRAS NEGRAS 2009

CENTRAIS NUCLEARES

CENTRAIS NUCLEARES

Nos últimos meses o tema das centrais nucleares está en todos os medios, incluso políticos e laborais, a raíz do posible peche da planta de Sta. María de Garoña (Burgos). As principais organizacións ecoloxistas e diversos expertos antinucleares argumentan o peche definitivo deste tipo de instalacións, mentres que os seus responsables e os expertos favorables ao uso da enerxía nuclear con fins pacíficos ofrecen explicacións contrapostas para defender a súa continuidade e incluso a construcción de novas centrais. Cuestións clave como a seguridade das instalacións, o almacenamento dos residuos e a radiactividade, a súa sustitución por enerxías renovables, o seu efecto na factura eléctrica dos consumidores, as reservas de uranio, ou o impacto laboral dun hipotético peche enfrontan con argumentos e contra-argumentos a uns e outros.

Na seguinte infografía poderás coñecer todo sobre a enerxía nuclear, os seus perigos, as súas ventaxas e desventaxas. Se estás interesado pinche en ENERXÍA NUCLEAR

Fonte: Consumer Eroski

 

E POR QUE?

E POR QUE?

Imaxe de Galiciasuroeste.info 30/07/2009

Tiven hoxe coñecemento do incendio dun dos Observatorios Ornitolóxicos, o coñecido como o da Regueira Ancha, que ao parecer sucedeu onte sobre as  18 horas e que practicamente o estragou.

Este xunto co resto de observatorios foron inagurados por ANABAM o 10 de abril de 1988, é dicir levan 21 anos servindo de plataforma para a observación de diferentes especies de aves dun xeito respectuoso coa natureza.

Dende aquí, a nosa solidaridade con  ANABAM, que sempre colaborou co IES e persoalmente co departamento de Bioloxía-Xeoloxía ao que pertenzo.

Non atopo explicación a esta acción, de todo deplorable, que vai en detrimento do coñecemento da ornitoloxía do noso esteiro.


 

HOME

HOME
HOME é unha oda á beleza do planeta e á súa delicada armonía. A través das paisaxes de 54 países capturados dende o aire, Yann Arthus-Bertrand lévanos nunha viaxe única arredor do planeta, para contemplalo e entendelo. Pero HOME é máis que un documental con mesaxe, é realmente unha magnífica película.

As súas espectaculares imaxes amosan  a Terra, a nosa Terra, como nunha a viramos antes. Cada imaxe ensínanos os tesouros da Terra que estamos destruíndo e todas as súas marabillas que aínda podemos conservar. " A vista de paxaro son necesarias menos explicacións". A nosa visión faise máis inmediata, intuitiva e emocional. HOME non deixa impasiblea ningúen dos que a ve, despertando en todos nós a conciencia necesaria para cambiar o modo en que vemos o mundo.

HOME abarca os principais temas ecolóxicos aos que nos enfrentamos e amosa como todo no noso planeta está interconectado.

Se estás interesado en ver esta película pincha en HOME
Por certo dura  1 hora e 33 minutos. Ponte cómodo e a disfrutar. Pincha en HD para mellor calidade de imaxe.