Blogia
vgomez

ZONA VERDE

COGOMELOS

COGOMELOS

Chegou o outono (aínda que cunha temperatura fóra do normal) e despois duns días de choiva escomenzan a aparecer polos nosos montes os primeiros cogomelos.

Este mundo da micoloxía e fascinante, pero no que se precisa unha formación previa, sobre todo para evitar accidentes e confusións que poden pagarse moi caras. Esta formación pasa por ir acompañados sempre dunha persoa coñecedora do lugar e das especies que se pretender recolectar. Tamén é preciso ter ou consultar algunha guía que poidan resolver dúbidas ou que podan permitirnos investigar. Empregade cesta e navalla para cortar. Finalmente, disfrutade do monte, dos paseos e da compaña pero sempre trespectando a natureza.

Dende hoxe contaredes cunha guía para consulta pinchado en GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS ou ben no ENLACE  do mesmo nome.

FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA

FOTOGRAFÍAS DA NATUREZA

Veolia Environment Wildlife Photographer of the Year 2009 é o concurso fotográfico da natureza máis prestixioso do mundo. Na presente edición o gañador foi un fotógrafo español, concretamente de Ávila: José Luis Rodríguez.

O tema foi o lobo ibérico (Canis lupus signatus). A imaxe como podedes observar é impresionante.

Se queres ver outras fotografías deste concurso pincha en Veolia Environnement Wildlife Photographer of the Year - Competition  

Merece a pen velas!

ABELLAS

ABELLAS

A abella europea ou melífera ten o nome científico de Apis mellifera e coñécense máis de 30 razas.

"O número de abellas diminúe no noso planeta, un descenso que, lonxe de ser irrelevante, supón un importante problema. Alén do seu labor produtor de mel, néctar, propóleo e cera, os insectos melíferos son os principais polinizadores dos cultivos. Da súa supervivencia dependen as árbores froiteiras , as verduras e os pasteiros"

Deste xeito comenza un artigo que publica último número da revista CONSUMER EROSKI, na sección de Medio Natural.

No artigo, con imaxes espectaculares, faise un estudo da importancia destes pequenos insectos para o home. Se queres velo só tes que pinchar en REVISTA CONSUMER EROSKI  


CAMPAÑA

CAMPAÑA

“MOVILízate por la selva” é unha campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall España, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall, da que xa temos falado neste blog en nomes propios, embaixadora do Año do Gorila 2009, Premio Príncipe de Asturias 2003 e Mensaxeira da Paz polas Nacións Unidas.

 

 A campaña ofrecelle aos cidadáns unha forma sinxela e gratuíta de aportar móbiles en desuso (en funcionamento ou non), o que permitirá:
-
reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes.
-reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
-recaudar fondos para proxectos de apoio ao desenrolo de ciudadáns congoleños, e aos programas de educación e conservación na R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de máis de 140 chimpancés rescatados, a grande maioría achegados en péximas condicións tras ser decomisados a cazadores, traficantes ou particulares.

Se estás interesado nesta campaña ou queres participar, pincha en MOVILízate  para ter unha maior información ao respecto.

É por unha boa causa!

BOLSAS DE PLÁSTICO

 

Fíxate nos seguintes datos: En España consumimos 238 bolsas de plástico por habitante e ano. Cada bolsa emite 4 g de CO2 na súa fabricación e o total delas produce o 0,1% da emisión nacional. Este tipo de envases tarda sobre 100 anos en descompoñerse. Tan só o 10% acaba nos contedores amarelos para a reciclaxe. Un 65% delas emprégase como bolsas do lixo, pero a maioría acaba o seu ciclo nos vertedoiros e, no peor dos casos, nas costas. O 20% do lixo das praias son bolsas, onde se convirten en trampas para as aves e fauna mariña.

Ante esto o Plan Nacional Integrado de Residuos establece que para o 2010 deben reducirse nun 50%, ano a partir do cal deberán prohibirse progresivamente.

Nós temos nas mans moitas solucións: cambiar esas bolsas por outras máis resistentes  de varios usos, empregar as de papel, tela, etc. O medio ambiente precisa da nosa axuda!

Neste vídeo de Consumer Eroski faise un repaso a esta problemática.

DÍA INTERNACIONAL PARA A PRESERVACIÓN DA CAPA DE OZONO

DÍA INTERNACIONAL PARA A PRESERVACIÓN DA CAPA DE OZONO

Hoxe, mércores 16, celebrase o Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono. Naceu como tal para conmemorar a firma, o 16 de setembro de 1987, do Protocolo de Montreal sobre Substancias que Esgotan a Capa de Ozono.

O lema deste ano é "Participación universal: a protección do ozono unifica ao mundo". Este día ten como obxectivo lembrar a importancia de eliminar as substancias destructoras do ozono, principalmente as coñecidas como CFCs e Halóns, así como outros novos compostos causantes desa destrucción. É unha oportunidad para reflexionar sobre este importante tema e  así previr á humanidade de potenciais emerxencias ambientais que poderían chegar a ameazar a vida do noso planeta.

A capa de ozono está formada por unha variedade alotrópica do osíxeno (O3), sendo un filtro natural que ten efecto beneficioso para a vida, retendo a maioría dos raios ultravioleta do Sol e actuando como regulador climático. Debido ao incremento nas últimas décadas da liberación á atmosfera de gases como los CFC, HCFC (cloro e hidroclorofluorocarbonados) usados en propelentes de aerosois e en refrixeración e o bromuro de metilo (gas violento para pesticidas), a capa foi sistemáticamente agredida, provocando o seu adelgazamento.

Coincidindo con esta data  a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) fixo público datos nos que pronostica que os seus efectos perdurarán moito tempo, e a recuperación dos niveles de ozono será moi lenta. No citado informe rexístrase unha progresiva pero lenta recuperación, polo que haberá que esperar ata 2050 parta acadar os niveis anteriores aos anos oitenta, perspectivas que aínda  son moi pesimistas na área Antártica, onde non se chegará a eses valores ata o período 2060-2075.

 

OCEAN WORLD 3D

 

O próximo día 25 estréase a película-documental Ocean World. Película rodada coa tecnoloxía 3D, sumerxe ao espectador no fondo do océano. Empregando a viaxe dunha tartaruga mariña polos océanos de medio mundo, podemos ver os ecosistemas mariños máis espectaculares: dende os bosques de algas de California ata a Grande Barreira de Coral de Australia, ou dende a rocha fendida de México ata as illas Azores.

De nacionalidade británica, o seu director é Jean Jacques Mantello e o productor Francois Mantello. Ten unha duración de 1 hora e 25 minutos. Para a súa realización contouse co asesoramento de Jean-Michel Cousteau e Sylvia Earle, referentes mundiais na exploración mariña.

Anímovos, se podedes, a ver esta película, pois é unha lección de conservacionismo. Para que teñades unha idea aquí tedes o seu trailer.

III CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE O CLIMA

III CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE O CLIMA

Na III Conferencia Mundial sobre o Clima, que se esta a celebrar en Ginebra (Suíza) e organizada pola Organización Meteorolóxica Mundial (UMM), acábase de presentar un informe cientifico da WWF ( World Wide Fund for Nature - Fondo Mundial para a Natureza, a máis grande e respectada organización conservacionista independente do mundo) no que, entre outras conclusión, apunta que o quentamento do Ártico é moito máis rápido do que se pensaba e que acarreará graves consecuencias globais como a elevación dun metro do nivel do mar en 2100, provocando inundacións que afectarán a un cuarto da población mundial.

 

El glaciar Helheim , en Groenlandia | Efe.

 Glaciar Helheim , en Groenlandia. Foto: EFE.

WWF considera que non hai tempo que perder e advierte que na Cumbre de Copenhague de decembro, na que os Estados deberán acordar un nuevo tratado post-Kioto, deben saír proposicións claras para atallar este problema xa que  esta perda de xeo está cambiando patróns de temperatura e precipitacións no Hemisferio Norte, o que afectará cada vez máis á agricultura, aos bosques e o acceso á auga.

Esperemos que fagan caso e  se tomen en serio o cambio climático!