Blogia
vgomez

ZONA VERDE

DOCUMENTAL: GOLFIÑOS E BALEAS

 

Hoxe estréase en Madrid e Barcelona (esperemos que pronto chegue a Galicia) o documental "Delfines y ballenas 3D: Tribus del océano" de Jean-Jacques Mantello.

Presentada por Jean-Michel Cousteau e narrada por Daryl Hannah, a película-documental lévanos a unha viaxe polo fondo do mar, onde viven unha grande variedade de peixes e mamíferos. Cunha duración de 42 minutos, pásase revista a máis de 11 variedades destas especies cetáceas con detalle. A película é o resultado de 3 anos de traballo, 12 expedicións internacionais, 600 horas baixo o océano.

Segundo palabras do director " O noso obxectivo é mostrar a beleza do océano para que a xente tome  conciencia da importancia de protexelo"

Temos unha cita con esta película-documental que non debemos deixar pasar.

Se queres coñecer máis sobre os protagonistas da película (golfiños e baleas) pincha en GOLFIÑOS E BALEAS:GUÍA DIDÁCTICA

 

CLIMATEGATE

CLIMATEGATE

Aínda que non é novo, en datas previas a reunión que se está a celebrar en Copenhague con motivo da Conferencia sobre o Cambio Climático da ONU 2009, sucedeu un feito desestabilizador para a propia cumbre e para todo o relacionado co cambio climático: O Climategate.

Este é o nome dun incidente de piratería de e-mail á CRU (Climatic Research Unit) da Universidade de East Anglia (Inglaterra) alá polo mes de novembro, cando un dos servidores foi ataco por hackers. Un inividuo roubou e de forma anónima difundíu a traves de correos electrónicos arquivos condidenciais que contiñan conversas, datos e opinións sobre o quentamento global. Primeiro na rede e despois nos medios de comunicación, a pelota foi aumentando de tamaño.

Coma sempre, a río revolto... Os escépticos do cambio climático (nos que poderiamos incluír a título de broma, aquel "primo" de Mariano Rajoy) denunciaron que había unha manipulación dos datos a favor a denominada teoría do cambio climático antropogenético (que considera os efectos producidos pola actividade humana sobre o clima da Terra).

En total, que vaia lío para poñer en cuestión algo evidente: o home, en grande medida, é o causante de moitos males, incluído o cambio do clima, que acontecen no noso planeta. Esperemos que en Copenhague tomen o asunto en serio e que deixen a un lado "chismes" que o único que fan e retardar as solución. Igual ere retardo pode ser determinante e fatal para todos.

O CABALEIRO ESCARLATA

O CABALEIRO ESCARLATA

O cabaleiro escarlata ou Scarlet Knight (RU27 nome técnico), é un robot submarino que chegou o pasado día 9 a Baiona.

A súa viaxe escomenzouna o pasado día 27 de abril, recorrendo 7400 km. Este artefacto en forma de torpedo mide 2,4 m e pesa 57 kg. Estivo impulsado pola enerxía das súas baterías e coa axuda das correntes mariñas, emerxendo nalgúns momentos para enviar os datos recollidos por vía satéite.

Ao longo da súa travesía, dende EEUU atravesando o océano Atlántico, foi recollendo datos sobre a salinidade da auga, a súa temperatura e as correntes mariñas, co fin de estudar o seu papel no cambio climático.

O artefacto foi entregado ao reprsentante da Oficiña de Ciencia e Tecnoloxía da Casa Branca. Agora a esperar os resultados!

 

ELIMINACIÓN DOS CONTEDORES DO LIXO

ELIMINACIÓN DOS CONTEDORES DO LIXO

Co paso do tempo as nosas rúas foron cambiando no que respecta á recollida do lixo. Non hai moito tempo depositábanse as bolsas directamente no chan, estando expostas aos ataques de animais e dalgunha que outra patada dun "animal maior". A imaxe de voluminosos, como mobles, colchóns, etc, foi desaparecendo coa chegada do opunto limpo. Houbo un momento importante coa chegada dos contedores, pois implicaba a recollida selectiva e a reciclaxe. Pero a estética leou a dar un paso máis, a metelos subterraneamente. De calquera xeito seguimos convivindo cos contedores e os seus cheiros.

E se desapareceran? Sería fantástico, pero ... e o lixo a onde vai. Pois a esta pregunta algúns concellos de España xa de deron resposta: Recollida selectiva porta a porta. Si, a unha hora determinada veñen á nosa casa e recollen o lixo (seleccionado antes por nós: orgánicos, envases, papel, vidro e resto) para a súa posterior reciclaxe.

Moitos concellos de Cataluña, varios do País Vasco, algún de Asturias e lugares de Italia, Dinamarca e Francia, xa o fixeron e parece que dá resultado. Pero claro, para esto hai que ter unha conciencia ambiental que o noso concello non ten ou non quere ter. Ou si, sería todo un reto!

Este proceso ten as súas vantaxes e inconvintes, a valorar:

Vantaxes:

  • A concienciación dos consumidores e o seguemento de entrega do lixo tradúcese en niveis máis altos de recollida selectiva e baixo nivel de residuos impropios.
  • Reducción da cantidade da fracción resto (residuos destinados ao vertedoiro ou incineradora).
  • A desaparición dos contedores da rúa permite máis espazo na vía pública, eliminando os desbordamentos do lixo e os malos cheiros.
  • O custe da reciclaxe é menor e os ingresos por sistemas integrados de xestión, venda de materiais e retorno do canon de residuos (onde exista) son superiores.
  • Os sistemas complementarios de recollida selectiva (fracción vexetal, voluminosos, etc.) acostuman  funcionar mellor.

Inconvintes:

  • Necesítase unha campaña moi importante de sensibilización entre a poboación.
  • Supón un cambio de hábitos importante para moitos fogares.
  • Está suxieto a un horario de entrega bastante estricto.
  • É necesario gardar cada fracción dos residuos na casa ata o momento da recollida.
  • O custe parcial da recollida tende a ser similar ou, en todo caso, algo superior.

É unha proposta orixinal, que merece a pena polo menos considerala, interesándose de como a levan a cabo neses lugares citados. Quen di que, nun prazo de tempo  razoable, contemos no noso concello con este sistema?

CAMBIO CLIMÁTICO E AUMENTO DE TEMPERATURA

CAMBIO CLIMÁTICO E AUMENTO DE TEMPERATURA

Un recente estudo, dirixido por Corinne Le Quéré (da Universidad de East Anglia), que forma parte do proxecto Global Carbon Project, asegura que as emisións de CO2 procedentes da queima de combustibles fósiles aumentaron un promedio do 3,4% anual entre 2000 e 2008 en comparación co 1% do decenio de 1990. A pesar da desaceleración económica mundial, as emisións aumentaron un 2% en 2008.

A consecuencia destes datos, o estudo, o máis amplo ata esta data, afirma que a temperatura global incrementarase ata 6 graos a finais deste século, precisamente polo aumento das emisións de CO2 e a capacidade da Terra para absorber os gases.

Parece mentira pero os paises seguen sen darse conta da situación real do noso planeta e seguirán sen pararse neste problema na próxima reunión de Copenhague, que se celebrará no próximo mes. Coa escusa da economía seguirase aparcando o problema, ata que sexa demasido tarde, sobre todo para os países pouco desenvolvidos.

PROXECTO ODONATA

PROXECTO ODONATA

ANABAM (Organización Naturista do Baixo Miño) acaba de por en marxa o denominado Proxecto Odonata, que ten como meta tratar de inventariar e estudar tanto as libeliñas como os gaiteiros así como a súa área de distribución.

Para diferenciar unha libeliña dun gaiteiro séguese esta norma:

LIBELIÑA:  Cando se pousa as ás as mantén estendidas exteriormente, facendo unha especie de cruz formada por estas e o resto do corpo.

GAITEIRO: Cando se pousa mantén as ás na mesma dirección do corpo.

 

As persoas que desexen colaborar neste traballo (poñerse en contacto con ANABAM), precisarán dunha cámara fotográfica, paciencia, e, por suposto, visitar os regatos, ríos,  acequias, etc. da comarca co fin de recoller a información dos cabaliños do demo.

 

Unha das persoas que colaboran é Laura lago, profesora que foi o curso pasado do noso Centro, impartindo Lingua Castela e Literatura, que é unha gran fotógrafa. Se queres ver algunha das súas fotografías pincha en PROXECTO  ODONATA

Fonte: ANABAM

"MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

"MOVIÉNDONOS POR EL RÍO"

A Cruz Vermella de A Guarda, coa colaboración da Asociación Ecoloxista ANABAM pon en marcha o Proxecto "Moviéndonos por el Río" co obxectivo principal de contribuír á conservación e recuperación do Río Miño a través da concienciación e a educación ambiental dos cidadáns.

A campaña realizarase entre os meses de novembro e decembro, con accións formativas e de intervención directa sobre o río. Concretamente mañá, sábado 5 de novembro, comenza a actividade formativa, que constará de 16 horas, das que 8 serán de actividade teórica e as restantes prácticas.

Se estás interesado pasa pola sede da Cruz Vermella, preto da igrexa parroquial de A Guarda.

CATÁSTROFE AMBIENTAL NO MAR DE TIMOR

CATÁSTROFE AMBIENTAL NO MAR DE TIMOR

Unha nova catástrode ambiental acaba de suceder: derrame de cru no mar. Neste caso non por un barco, senón por unha plataforma petrolífera. Todo aconteceu no Mar de Timor (O Mar de Timor é un brazo do océano Índico situado entre a Illa de Timor, hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Oriental, e o Territorio do Norte de Australia).

A plataforma pertence á petrolera pública tailandesa PTTEP e verqueu 400 barriles diarios ao mar durante 10 semanas, cubrindo máis de 10.000 quilómetros cadrados en pleno triángulo do Coral, no que os expertos chaman o "Amazonas submarino". Para colmo, nos traballos de contención da mancha, produciuse un incendio na torre de perforación.

A consecuencia: unha marea negra, que chegou ás augas territoriais de Indonesia e puxo en perigo a biodiversidade mariña e a pesca na área protexida do Mar de Savu, onde viven varias especies ameazadas de tartarugas, golfiños e baleas.

Seguimos sen aprender e non vai ser a última vez que o home atenta contra si mesmo.