Blogia
vgomez

ZONA VERDE

CINE: "HOME"

CINE: "HOME"

Hoxe, venres 5 de marzo,ás 20 horas, será proxectado o documental "Home" no Centro Cultural da Guarda, dentro do Ciclo de Documentais co gallo do 25 Aniversario da fundación de Anabam.Home” é un deses documentais que non deben deixar de mirarse. A última película creada por Yann Arthus-Bertrand, o autor de A terra vista desde o ceo. Un documento indispensable para comprender a Terra e o efecto do home sobre o planeta. Un canto emocional de amor ao noso fogar común. "Home", é unha película para sensibilizar sobre o problema do deterioro medioambiental do Planeta.

Estás invitado!

DECLARACIÓN DE NUSA DUA

DECLARACIÓN DE NUSA DUA

Arrozais de Bali / Foto: isladebali.es

O pasado 26 de febreiro, clausurouse o Foro Ministerial Global sobre Medio Ambiente, celebrada en Indonesia, concretamente en Bali. Esta reunión internacional congregou a ministros e delegados de máis de 130 países e foi a primeira desde a Conferencia da ONU sobre Cambio Climático de Copenhague, organizada en decembro.

O máis importante desta reunión foi a aprobación da Declaración de Nusa Dua sobre Medio Ambiente, que subliña a importancia de preservar a biodiversidade e a necesidade de adoptar unha economía verde baixa en carbono que free o cambio climático.

A declaración promove a creación dun panel intergobernamental que achegue os avances científicos á comunidade política, para que esta poida lexislar en consecuencia e con rapidez. FONTE: La Voz de Galicia

É un avance!

 

TIERRA

TIERRA

Hoxe , venres 26 de febreiro, ás 20 horas, no Centro Cultural e dentro dos actos previstos pola Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) para celebrar o 25 aniversario deste colectivo, vaise proxectar a película de temática natural "Tierra".

“Tierra”, é un documental que fai un espectacular recorrido pola Terra, de norte a sur e ao longo das estacións, observando o comportamento de distintas especies animais e a influencia do cambio climático nas súas vidas. Foi realizado coas máis sofisticadas técnicas da serie televisiva da BBC Planet Earth. A súa presentación levouse a cabo na Sección Oficial do Festival de cine de San Sebastián.

Non faltedes!

PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM E DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM  E  DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo do 25 aniversario de ANABAM, esta organización naturalista convoca o PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM E DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, nas seguintes categorías:

- Infantil

- Primaria

- ESO, Bacharelato, Ciclo Medio ou Ciclo Superior

- Universitarios

- Alumnos dos veciños municipios de Valença, Vila Nova de Cerveira, Caminha e Afife que cursen estudos equivalentes aos ciatados anteriormente

 

No refrente á categoría que afecta ao IES, poden participar os alumnos-as que cursen a ESO, BACHARELATO, CICLO MEDIO ou CICLO SUPERIOR.

 

 Modalidades: Filme ou presentación en PowerPoint. Duración: mínimo 5 minutos e máximo 15 minutos.

 

O tema terá que estar relacionado co PATRIMONIO NATURAL da comarca do Baixo Miño ou do Esteiro do Miño, incluída a marxe portuguesa dende Valença ata Afife, neste caso con límite na estrada nacional 13.

 

Establécense tres premios: 1º de 400 euros; 2º de 300 euros e 3º de 200 euros.

 

Presentación: en DVD, en galego ou en portugués.

 

Os traballos presentados terán que ser orixinais.

Prazo de entrega: rematará o 15 de maio de 2010.

Se estades interesados en participar, pincha en BASES CONCURSO  e terás toda a información completa desta e das outras categorías.

Dende aquí as nosas felicidades polos 25 anos de traballo de ANABAM.

FONTE: ANABAM

NACIÓNS UNIDAS. ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

NACIÓNS UNIDAS. ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

Como sabedes, este ano, a ONU declarouno como ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE. Durante todo o 2010 celebraranse moitos eventos. Existe unha páxina oficial onde podedes seguir todos estes acontecementos. Se queres consultala pincha en ANO INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE , que a partir de agora figurará como ENLACE permanente.

OURIÑOS

OURIÑOS

Foto www.quo.es

Por ouriños entendemos un líquido de cor normalmente ambarada e de olor característico que os riles excretan para a eliminación dos produtos finais do metabolismo nitroxenado (urea, ácido úrico), o mantemento do equilibrio ácido-base e a regulación do metabolismo da auga e dos sales. DICCIONARIO IR INDO.

Calquera de vós estará pensano que o tema de hoxe non é moi limpo, pois todo o contrario. Vai de limpo e de ecolóxico. Como sabedes imos concienzándonos de que a enerxía obtida dos combustibles fósiles (carbón, petróleo fundamentalmente) están na súa recta final. Cada día apostamos máis polas enerxías renovables. Parece ser que o futuro enerxético pasa HIDRÓXENO. O hidróxeno é o elemento máis abundante, básico e lixeiro do Universo. Non obstante, a súa presenza en estado puro é excepcional, o que fai necesario o uso de diferentes técnicas para a súa obtención. A dificultade na consecución do hidróxeno de modo limpo e masivo aparece como un dos principais obstáculos nunha carreira na que as corporacións automobilísticas están investindo moitos esforzos económicos e de I+D. 

Pois aquí é onde aparecen os ouriños. Un equipo de investigadores da Universidad de Ohio (EE.UU.) acaba de propoñer un sistema para producir hidróxeno a partir dos ouriños, concretamente da urea. Este componente principal dos ouriños incorpora na súa estructura catro átomos de hidróxeno por molécula. Os investigadores desenvolveron un sistema de electrolisis (proceso para separar un composto nos elementos que oconforman, empregando a electricidade) barato para romper a molécula e lograr o hidróxeno sen necesidade de utilizar grandes cantidades de electricidade. Para liberar o hidróxeno da agua necesítanse 1,23 voltios, mentres que o sistema dos científicos de Ohio require 0,037 voltios.

Os ouriños dunha vaca poderían suministrar enerxía para proveer de agua quente a 19 fogares. O hidróxeno podería obterse tanto dos ouriños animais como humanos.

Pero os ouriños poderían ter outras aplicacións: fertilizante, reducindo o impacto mediamabiental dos fertlizantes químicos tradicionais. Os ouriños conteñen fósforo (P), un elemento utilizado como fertilizante cun prezo que se incrementou nun 50% no pasado ano nalgunhas partes do mundo.  

Como vedes non era broma. Esto só é un pequeno resumo do que publica a revista Consumer Eroski. Se queres coñecela na súa integridade pincha en CONSUMER EROSKI.

 

UNHA ESPECIE CADA DÍA

UNHA ESPECIE CADA DÍA

Continuando coas actividades e eventos relacionados co ano 2010 como Ano Internacional da Diversidade, Ciencia Dixital a través da súa web 365especies.com propuxo un gran reto: coñecer cada día dos 365 do ano unha especie, dos millós que forman a gran biodiversidade do noso planeta. É unha forma amena de coñecer datos, fotografías, etc... que nos dará un maior coñecemento do mundo circundante.

Aplaudo esta iniciativa tan orixinal. Se queres coñecer a especie 12: Trachycystis clifdeni ou caracol de Sudáfrica, pincha en 365especies.com . De calquera xeito as 11 anteriores e as seguintes pódelas seguir no ENLACE co mesmo nome.

OUTRA VEZ, BALEAS VARADAS

OUTRA VEZ, BALEAS VARADAS

 

Repetitivamente sucede, desta vez nas costas de  Nova Zelandia (imaxe  da instantánea  de Ursula Walsh da Axencia EFE). Un total de 126 baleas morreron varadas durante esta fin de semana, a pesar dos esfozos de voluntarios por volvelas ao mar.

Os científicos seguen sen saber a razón pola que estes cetáceos morren deste xeito e albiscan que pode ser por ser atraídas polos soares dos  grandes barcos ou que seguen a un lider desorientado e enfermo.

Seguro que o home está por medio!