Blogia
vgomez

ZONA VERDE

ALUMNADO DE 1º ESO NA PRENSA

ALUMNADO DE 1º ESO NA PRENSA

A prensa, concretamente o diario dixital Galiciasuroeste.info, fíxose eco onte da saída ornitolóxica que o alumnado de 1º ESO do noso centro fixo a principios de abril ao esteiro do Miño, dentro do programa "VISITAS GUIADAS" de ANABAM.

Se queres acceder á información publicada pincha AQUÍ .

NON APRENDEMOS!

 

A plataforma petrolífera da BP, que se incendiou o pasado 20 de abril , despois dunha explosión, e que se afundíu dous días despois, está causando un dos desastres ecolóxicos máis grandes nas costas americanas. Dos 126 traballadores que estaban a bordo da citada plataforma, 11 están aínda desaparecidos.

Para facernos unha idea do dasastre, tedes este vídeo de noticias, no que se albiscan outras consecuencias máis graves, dado que a mancha ten unha extensión de máis de 1000 km2.

Non aprendemos!

AS MÉDULAS

 

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum. Está situada preto da aldea do mesmo nome, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo (León), limitando con Ourense.

Foron declaradas Patrimonio da Humanidade no ano 1997, pola UNESCO.

Neste vídeo podedes coñecer esta marabilla de lugar, ao que merece a pena ir.

Para máis informaciín pincha AQUÍ .

ESPAÑA QUÉNTASE MOITO

ESPAÑA QUÉNTASE MOITO

Hai uns días presentouse o Informe «Clima en España: pasado, presente e futuro», elaborado pola Red Temática CLIVAR-España, no que se pon de manifesto que a Península Ibérica quéntase a un ritmo maior que o resto do hemisferio norte, de tal forma que a súa taxa de quecemento é un 50 por cento superior á media desa zona do planeta e case o triplo da media global.

O informe sintetiza e avalía a información sobre os aspectos físicos do cambio climático recente observado na Península Ibérica e intenta mellorar a comprensión dos cambios climáticos que afectan e afectaron, para poder anticipar mellor os impactos de futuros cambios no clima a distintas escalas temporais.

As proxeccións rexionais na Península Ibérica para finais do século XXI mostran un aumento das temperaturas de ata seis graos centígrados, un 50 por cento menos de precipitacións en media e unha tendencia cara a condicións máis áridas na maior parte do territorio.

Se se considera todo o século XX, a subida de temperatura afectou a todas as estacións por igual, pero nos últimos trinta anos o quecemento foi moito máis pronunciado na primavera e no verán.

En canto ás precipitacións, diminuíron de forma significativa en relación ás décadas dos 60 e 70, especialmente a finais de inverno.

A década que está a piques de concluír foi a máis seca desde 1950, aínda que a forte variabilidade e a falta de datos que se remonten a principios de século impiden afirmar que a precipitación descenda de forma xeneralizada a mínimos históricos.

O informe fai referencia tamén aos océanos e pon de relevo que na costa atlántica o quecemento das augas varía desde 0,15 e 0,30 graos centígrados por década entre 1985 e 2005, mentres que na conca mediterránea rexístrase tamén un aumento da temperatura e da salinidade.

FONTE: La Voz de Galicia

 

FOCA GRIS

 

Este ano celebrase o  seu XXV aniversario de ANABAM. Moitas son as actividades que esta organización naturista leva realizado. Dende aquí quero, durante este ano lembrar algunhas das súas acutacións en defensa da natureza.

"Un día de marzo do ano 2006, recibíase unha chamada no local de ANABAM, alertando da presenza dunha Foca Gris na zona do Seixal, costa sur da Guarda. Ata alí desplazáronse membros desta asociación e colaboradores. Uns e outros rescataron á foca. Foi recollida polo CEMMA e trasladada a un centro de recuperación e soltada meses despois nas augas do Atlántico".

Esta é a historia deste vídeo realizado por esta Organización.

 

PLANETSOLAR

PLANETSOLAR

A procura de enerxías renovables aplicadas ao mundo da navegación acaba de dar novos froitos: PanetSolar.

PlanetSolar é un catamarán propulsado con enerxía solar. As súas dimensións? Espectaculares!:30 metros de eslora por 16 de manga, aínda que aumentando algúns metros coas placas solares fotovoltaicas desplegadas (470 m2). O seu peso entre 60 e 85 toneladas. Capacidade 50 pasaxeiros.P ode acadar unha velocidade máxima de 15 nudos (25 km/h). O barco foi construído en Kiel (Alemania).

 

solar

Imaxe da botadura onte do PlanetSolar / Efe

 Despois da súa presentación inicaiará unha xira europea e comenzará a volta ao mundo en 120 días.

Se queres coñecer o proceso de construcción , así como as etapas da pervista volta ao mundo pincha AQUÍ.

Boa viaxe!

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo, celébrase o DÍA MUNDIAL DA AUGA, que a ONU  adica o 2010 baixo o lema: AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAN,  co obxectivo de demostrar que na xestión dos recursos hídricos a cualidade dese recurso é tan importante como a cantidade.

Nun día coma hoxe do mes de decembro de 1993, a Asemblea das Nacións Unidas , na resolución A/RES/47/193 adoptou un acordo para a celebración o 22 de marzo de cada ano ao Día Mundial da Auga.

É unha chamada de atención para todos: para os que temos acceso libre a ela, para aforrala, evitar a contaminación da mesma,... e para os que teñen un acceso limitado, xa que nese caso ou podecen falta dela ou na maioría dos casos ao non ser potable serve de transmisión de enfermidades letais.

Fai un uso responsable dela!

 

CINE: A PESADELA DE DARWIN

CINE: A PESADELA DE DARWIN

Hoxe, xoves 19 de marzo, ás 20 horas, será proxectado o documental "La pesadilla de Darwin" no Centro Cultural da Guarda, dentro do Ciclo de Documentais co gallo do 25 Aniversario da fundación de Anabam.

Película-documental do ano 2004, de Hubert Sauper, que ten o seguinte argumento: Na década dos 60, en plena África, unha nova especie animal, concretamente un peixe: a perca do Nilo, foi introducida no famoso Lago Victoria, a modo de experimento científico. Os resultados foron desastros, xa que ese peixe era un depredor que acabou con todas as especies autóctonas do citado lago. Todo esto situado politicamente: avións que recollen o peixe e traen armas para guerras, que sabemos aínda hoxe que se levan a cabo nesas latitudes. E claro "colateralmente": miseria, afinamento,... pero pola contra grandes riquezas para ... "os de sempre". 

Merece a pena vela!