Blogia
vgomez

ZONA VERDE

PROXECTO LARUS

PROXECTO LARUS

Ala polo mes de xuño, dende a Organización Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) facíase o seguinte chamamento, para o que eles denominan PROXECTO LARUS:

Das catro especies de gaivotas que se poden ver no Baixo Miño (gaivota chorona -Larus ridibundus-; gaivota patiamarela -Larus cachinans-; gaivota escura -Larus fuscus- e gaivotón -Larus marinus-), soamente unha aniña na comarca: a gaivota patiamarela. Faino dende hai uns 20 anos, aproximadamente dende principios da década dos noventa. Primeiro foron poucas parellas distribuídas as que iniciaron o proceso na vila guardesa. Na actualidade, ANABAM estima que as parellas reproductoras que crían no núcleo urbán guardés deben rondar o centenar. É esta unha estimación subxectiva que posiblemente poda quedarse curta.

 

     Dende este ano, ANABAM vai intentar obter os primeiros datos reais do número de parellas reproductoras na vila guardesa, principal zona de cría, tal vez a única, do Baixo Miño. Para iso, será preciso contar coa colaboración dos propietarios e veciños dos edificios onde estas aves aniñan, e que nos den a información das mesmas. Será un traballo de campo que vai permitir coñecer con exactitude a situación destas aves na actualidade e como avanzará ou retrocederá nos vindeiros anos. Esperamos contar, para a boa marcha deste traballo, coa colaboración cidadá, porque será a única forma de ter o maior número de datos posible.

E xa hai uns primeiros datos:


PRIMEIROS DATOS DA NIDIFICACIÓN DE GAIVOTAS NA GUARDA

 

 
MES Nº DE NIÑOS Nº DE EDIFICIOS Nº DE POLOS Nº DE RÚAS Nº MÁXIMO POLOS/NIÑO Nº MÍNIMO POLOS/NIÑO
Xuño 8+2* 10 9 6 3 2
 

 

*NOTA: O primeiro nº é o dos niños que se rexistraron, o segundo nº corresponde a edificios onde se viron polos e non se rexistraran previamente os niños.

 

Os datos foron recollidos por:

              Yolanda Pazos Giráldez; José Benito Guerreiro Álvarez e Agustín Ferreira Lorenzo.

 

Pero esta colaboración, para que os resultados sexan significativos, ten que aumentar. Por iso volvo pedir unha colaboración activa para que este proxecto acaba en bo porto.

 FONTE: ANABAM

BANDEIRAS NEGRAS 2010

BANDEIRAS NEGRAS 2010

Rexeneración artificial de praias (Ecoloxistas en acción)

Hai uns días coñeciamos o informe das bandeiras azuis 2010, onde por certo A Guarda conseguíu 2: Area Grande e Muiño. Agora coñecemos o informe anual da organización "Ecoloxistas en acción" "Bandeiras Negras 2010. Caos na costa", resaltando os 40 puntos do litoral español con maior dexeneración medioambiental, entre os que destacan Marina d´Or (Castellón) Serra Gelada  en Benidorm (Alicante), Barcelona e a súa área metropolitana, así como o litoral marbellí. Galicia tampouco se libra, aparecendo a ría de Vigo, entre outros.

Se queres coñecer polo miúdo este informe pincha en INFORME BANDEIRAS NEGRAS 2010.

LIMPEZA NA CASA: ECOLÓXICA E BARATA

LIMPEZA NA CASA: ECOLÓXICA E BARATA

Desinfectantes, branqueadores, ambientadores... A despensa dos consumidores está chea de gran cantidade de productos do fogar industriais. Parecen imprescindibles, pero hai alternativas ecolóxicas, sinxelas e baratas, sen os efectos negativos para o medio ambiente e a saude dun uso excesivo de productos químicos. Auga, vinagre, papel de periódico, limón, xabón natural, ou incluso ketchup, son algúns dos ingredientes básicos da ecolimpeza caseira.

Que che parece a proposta? INTERESANTE! Pois as alternativas e os casos prácticos telos quí, nun artigo que publica a revista CONSUMER EROSKI.

Espero que sexán útiles para tod@s e para o medio ambiente tamén.

BANDEIRAS AZUIS 2010

BANDEIRAS AZUIS 2010
O  xurado internacional Bandeira Azul, en 2010, concedeu  3.511 bandeiras azuis, 2.884 para praias e 627 para portos, no hemisferio norte. España con 605 bandeiras azuis, 521 de praias e 84 de portos deportivos, mantense á cabeza entre os 33 países participantes no hemisferio norte: 1 de cada sis bandeiras  do total ondearán no noso país. España recibe 34 bandeiras máis que o ano pasado.

Por comunidades autónomas, Galicia lidera a lista, con 132 bandeiras azuis (122 de praias e 10 de portos), seguida da Comunidade Valenciana, con 108, Cataluña, con 104 e  Baleares, con 94 bandeiras. Andalucía aparece no quinto lugar da clasificación, con 79 bandeiras, seguida de Canarias, con 37 distintivos e Murcia, que recibíu 17 bandera.

O noso concello contará con 2 bandeiras azuis: A praia da Area Grande e a do Muíño.

Se queres coñecer o listado completo pincha AQUÍ .

INSECTO FOLLA

INSECTO FOLLA

 A biodiversidade do noso planeta é marabillosa e sorprendente. Un exemplo é o insecto folla (Phyllium bioculatum). Vive nas áreas tropicais con moita vexetación do sur de Asia e Australia. Pode medir ata 20 centímetros, o seu corpo é ancho e posúe grandes ás e patas provistas de expansións laminares imitando á perfección o aspecto dunha folla. É herbívoro e os seus grandes predadores son as aves e outros insectos, aínda que se defenden bastante ben grazas ao seu extraordinario camuflaxe. Ata os seus ovos están camuflados, pois teñen aspecto de sementes.

FONTE: 365especies.com

CORAIS DE AUGA FRÍA EN ESPAÑA

CORAIS DE AUGA FRÍA EN ESPAÑA

Parte do coral de augaa fría localizado no canón de Avilés / EFE

Seguramente oiriades falar máis dunha vez dos CORAIS . A maioría destes marabillosos animais viven nas augas tropicais e subtropicais, onde forman arrecifes, como en Australia. Tamén tiñamos coñecemento de pequenas colonias de auga fría en Noruega. Pois ben a noticia radica que un equipo de científicos españois descubriron un arrecife nun canón submarino do Mar Cantábrico, tratándose do primeiro destas características en España.

Os protagonistas deste achádego foron un grupo de xeólogos da Secretaria do Mar e biólogos do Instituto Español sde Oceanografía, durante unha campaña a bordo do buque Vizconde de Eza.

A zona concreta foi no canón de Avilés de 16km de longo e 6 de ancho, a 800 metros de profundidade. Alí e valéndose dun robot e un submarino, localizaron corais "Madrepora oculata" e "Lophelia pertusa", acompañados doutras moitas especies de esponxas de cristal, cangrexos reais, equinodermos, gorgonias e peixes. 

AUTOGÁS

AUTOGÁS

O autogás ou gas licuado do petróleo (GLP), vale a metade da gasolina e é menos contaminante que outro combustible de automoción, polo que se sitúa como alternativa. En Europa  xa o empregan 7 millóns de vehículos, en España tan só 3.000.

O GLP é un combustible líquido que resulta da mestura dun 60% de gas natural e un 40% do refino do petróleo. Tamén coñecido como gas licuado vehicular (GLV).

As súa vantaxes: Menos contaminante (emite menos gases e partículas nocivas, en especial fronte a un vehículo diésel, está exento de compostos como o xofre e o chumbo, diminuíndo os niveis de ruído nun 50% e as emisións  de gases de efecto invernadoiro nun 15% con respecto á gasolina), máis económico (o autogás reclama un maior consumo, pero ao ser un 50% máis barato que a gasolina convencional, o gasto cada 100  quilómetros redúcese entre un 30% e un 40%. Nótanse menos as oscilaciones do petróleo. Tamén se aforra no mantemento, xa que a súa combustión non deixa residuos e sofre menos avarías. Eso si, o seu uso conleva unha pequena perda de potencia, que nos motores medianos apenas se percibe) e seguro (os seus riscos son comparables a outros carburantes. En caso dunha eventual fuga de gas, detéctase de maneira rápida polo olfato grazas a un elemento odorante que se agrega).

Case que calquera vehículo de gasolina (non así os de diésel) poden utilizar  GLP. Os coches son bifueles, xa que funcionan con un ou otro tipo de combustible, unha opción que se pode variar sobre a marcha. Hai que facer unhas pequenas modificacións, incluídas un deposito adicional de combustible, que poden chegar aos 2.000€, pero que o Instituto para a Diversificación do Aforro e a Eficiencia (IDAE) otorga subvencións.

Haberá que telo en consideración!

Fonte: Revista Consumer Eroski

PETICIÓN DE COLABORACIÓN

PETICIÓN DE COLABORACIÓN

Dende o mes de marzo, as gaivotas deron comezo ao período reproductor que ten como finalidade perpetuar a especie, algo que a máis dun non gusta pero algo que é común a tódolos seres vivos do planeta. Sabemos que quen ten que sufrir as consecuencias destes ruidosos e, en moitas ocasisóns, molestos veciños, lles gustaría que este período reproductor non chegara. Tamén sabemos que as consecuencias dos seus "misiles" lanzados en pleno vó, non son de recibo (un xa tuvo a desagradable experiencia de sufrir un destes impactos mentres camiñaba placidamente polo paseo marítimo), pero sexa ou non do noso agrado, aí están.

 

     Todos esperabamos que coa eliminación dos vertedoiros de lixo, controlados ou incontrolados, legais ou ilegais, estas aves ían diminuír en número. Pero non é así, e dende finais da década dos oitenta, comezaron a aniñar no máis alto dos edificios, ou sexa, nos tellados, que era o que máis se lles parecía aos acantilados onde adoitaban facelo. Algunha debeu dar o primeiro paso e as demais non se quedaron atrás, e o que hai 20 anos podería considerarse como algo anecdótico, hoxe é habitual.

 

     Dende ANABAM tratase de facer un seguimento dos niños de gaivotas que hai na Guarda. Para iso precisa a colaboración da poboación, enviando de datos de aqueles niños que están sendo usados polas gaivotas ou dos que se destrúen para evitar as molestias que producen.

 

Colaboremos todos!