Blogia
vgomez

ZONA VERDE

CARBÓN

CARBÓN

Acumuación de carbón / Imaxe: ecologismo.com

Nestas últimas semanas o CARBÓN e a súa problemática está en tódolos medios de comunicación. Este combustible fósil (rocha sedimentaria de orixe orgánica) pasou de ser moi empregado a ser testimonial. Eu aínda lembro, na época que vivín en León, a ser o material empregado para quentar a casa e para cociñar. A minería industrial diminuíu drasticamente cando o petróleo e os seus derivados irrumpen na escea mundial. Hoxe volve a retomar presenza pola crise  aínda que medioambientalmente ten moitos problemas.

Pero que é o carbón? De onde procede? A consestación a estas e outras preguntas sobre o tema telas premendo AQUÍ, nesta infografía da revista  Consumer Eroski.

RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

Vista aérea do Esteiro do Miño / Imaxe: Kalipedia.com

Hoxe, 4 de setembro, sábado, terá lugar no Observatorio de aves da Xunqueira a presentación da “Ruta da Desembocadura do Miño”.

Ás 19:00 horas comezará a visita guiada para dar a coñecer a nova ruta coa que se pretende acercar ao veciño e ao visitante os valores naturais e o patrimonio que está ligado á desembocadura do Miño.

En 2008 púxose en marcha unha iniciativa para revalorizar os diferentes recursos do concello. Lévanse publicado: "Ruta Urbana Nº 1" (2008), "Ruta de las Casas Indianas" (2009) e para este ano a “Ruta da Desembocadura do Miño”.

Estades todos invitados!

PLANCTON

PLANCTON

O azul eléctrico, o plancton captado dende o satélite "Envisat" / ESA

A primeira vista, a fotografía,  podería parecer o traballo humano dunha mestura de cores. Nada máis lonxe da realidade. Trátase da imaxe captada polo satélite "Envisat" da ESA (Axencia Espacial Europea) ao norte do océano Atántico. Na imaxe distínguese Irlanda (acantilados da costa amarronados e de verde as terras do interior).

O chamativo da imaxe é ese azul eléctrico: plancton (organimos diminutos que viven libremente nas augas marinas e continentais). Neste caso concreto fitoplancton ou plancton vexetal, coñecido vulgarmente como a "herba do mar", a diferencia do zooplancton ou plancton animal que non realizan a fotosíntese.

Aínda que son organismos microscópicos, a clorofila que empregan na fotosintese tingue as augas circundantes cando se xunta en gran cantidade, que é o que permitíu ao espectrómetro de resolución media na proxección de imaxes MERIS do satélite Envisat tomar esta fabulosa imaxe.

O fitoplancton non só é a base do alimenton doutros seres mariños, senón que axuda na eliminación do CO2 e a formación do O2.

  

ILLA TORALLA

ILLA TORALLA

Illa Toralla (Fot.: turismogalicia.blogspot.com)

Seguro que máis dunha vez contemplastes esta imaxe dende a praia do Vao, na ría de Vigo. Trátase da illa Toralla. Seguro que o máis chamativo é a enorme torre duns 70 metros de altura e que foi construída alá polos anos 60. Se fose hoxe! E incluso daquela, non sei como llo permitiron!

Un aspecto máis desta illa é que boa parte dela é privada (45.000 m2) e 24.400 m2 é terreo de dominio público cedidos en concesión á Universidade de Vigo dende 2004.

Dende 1990 a ponte que a une coa praia do Vao, mantendo o  seu carácter privativo, permite o seu uso público peatonal para acceder ás dúas praias da illa.

Finalmente nesta illa aséntanse xacementos arqueolóxicos: un castro da Idade de Ferro e unha necrópolis romana.

Parece incribe que aínda perduren estes atentados á natureza nos nosos días e que se permitira no seu momento facer esta aberración ambientai. E despois tiran aquí na Guarda unha casiña!

Como non podemos pasear pola illa a única forma de coñecela é a través da páxina web que os donos da illa teñen. Se che interesa pincha AQUÍ.

MEXILLÓN CEBRA

MEXILLÓN CEBRA

Exemplar de mexilón cebra (depredators.wordpress.com)

O mexillón cebra (Dreissena polymorpha) é un molusco bivalvo de auga doce, que tamén resiste en augas salobres, procedente do mar Negro e Caspio, onde habita en equilibrio biolóxico. Non é comestible.

A partir do século XIX estendeuse por Europa coa navegación fluvial dos ríos desa zona e nos anos oitenta do século XX empezou a invadir América do Norte co transporte marítimo de mercadurías. Actualmente colonizou numerosas augas continentais (ríos, lagos, lagoas e encoros) de América do Norte e Europa central e occidental.

A vía de entrada do mexilón cebra nun ecosistema libre desta especie acontece ser a solta de auga con larvas deste molusco invasor transportada nuna embarcación ou recipiente procedente dotro lugar donde esté presente.

As larvas do mexillón cebra teñen unha gran capacidade de dispersión, o que favorece unha rápida expansión desta especie augas arriba e abaixo dende o punto onde se introducira no río, cubrindo todas as áreas húmidas en lagos, lagoas e encoros. Teñen un crecemento rápido e prácticamente cada mes reprodúcense, deste xeito pronto forman as características mexilloneiras constituídas por numerosos individuos por metro cadrado, e as súas cunchas valeiras acumúlanse nas beiras e fondos dos cauces.

O mexillón cebra aliméntase de fitoplancton, competindo con outras especies autóctonas por este alimento e incrementando o nivel de materia orgánica, afectando así á calidade das augas continentais. Polo tanto, afecta a toda a fauna e flora silvestres debido á alteración dos ecosistemas. O mexillón cebra caracterízase por causar un gran desequilibrio ecolóxico ao cubrir e tapizar todo o sustrato que atopa ao seu paso: leito fluvial, cantos rodados e rochas, vexetación de ribeira, cunchas de bivalvos autóctonos, construccións hidráulicas de todo tipo, turbinas, desagües, depósitos, cascos, motores e áncoras de embarcacións, embarcadoiros, industrias, centrais hidroeléctricas, plantas potabilizadoras de auga, encoros, canles de rego, canles de entrada e saída de centrais enerxéticas, etc.; e incluso chega a obstruír totalmente cañerías, tuberías, conductos de irrigación e conduccións hidráulicas en xeral.

A acumulación de miles e miles de valvas de especímenes mortos modifica o sustrato dos fondos dos ríos, das praias de ribeira e dos sedimentos fluviais.

Como vedes non é algo anecdótico, é un desastre ecolóxico. Unha das zonas máis afectadas en España é o río Ebro. No vídeo podedes constatar este problema.

FONTE:naturalezadearagon.com



TEIXO

TEIXO

Detalle da folla e froito do teixo / 365especies.com

O teixo (Taxus baccata) é unha das árbores ximnospermas perennes máis antigas (xa abundaba no Xurásico) e máis velenosos do mundo, xa que contén un potente alcaloide chamado taxina que actúa sobre o sistema nervioso, podendo causar a morte súbita.

  Non  obstante, esta substancia tamén ten un lado bo, xa que dela obtense o taxol, que se emprega como anticanceríxeno.

Os seus froitos son a única parte da planta non velenosa, que se usan para fabricar xaropes. A súa madeira é moi apreciada para ebanistería e carpintería, así como na fabricación de arcos e ballestas.

Os exemplares máis vellos (ata 3.000 anos de idade) poden acadar os 20 metros de altura e 7 metros de diámetro.

O teixo foi unha árbore sagrada para os celtas. Os druídas fabricaban coas súa ramas bastóns "máxicos", e cos palillos desta madeira adiviñaban o futuro.

O famoso Robin Hood empregaba esta madeira para fabricar os seus arcos e os viquingos empregabana para os mástiles, para soster as velmes das súas embarcacións, xa que esta madeira é imputrescible.

En Galicia hai teixo en moitos sitios, pero a maior fraga de Europa atópase na provincia de Ourense: O Teixedal de Casaio. O teixo máis vello atópase en Fortingall (Escocia).

TURISMO VERDE

TURISMO VERDE

Outra das posibilidades para este verán é o que denomino TURISMO VERDE, é dicir aquel que se fai directamente en contacto coa natureza. O noso país conta cun potencial enorme neste eido: 14 Parques Nacionais, 135 Parques Naturais e 38 Reservas da Biosfera, sen olvidarnos da Rede Natura 2000, os LIC e ZEPAS.

É unha forma distinta de coñecer o noso  país, as súas xentes, a súa gastronomia e cultura. Se alguén esta pensando neste tipo de turismo, aquí tedes unha guía ben completa publicada na revista Eroski Consumer:Guía de Paques Nacionais.

Boa viaxe!

DESASTRE ECOLÓXICO

 

Greenpeace España acaba de presentar a décima edición do seu informe Destrucción a Toda Costa, onde se analizan e recopilan os datos sobre a situación do litoral español durante a última década e se propón unha folla de ruta para protexer a pouca costa que queda en bo estado. Tras anos vixiando o litoral español, a organización ecoloxista destaca que o urbanismo salvaxe, a construcción de infraestructuras e a contaminación destruíron nas últimas dúas décadas na costa española a superficie equivalente a oito campos de fútbol ao día. Tamén, denuncia o acoso aos escasos espacios vírxes que quedan e exige a súa protección.

No vídeo pode verse imaxes do antes e o despois de lugares concretos do noso país, que son probas evidentes do deterioro e do desastre ecolóxico das nosas costas.