RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO
Vista aérea do Esteiro do Miño / Imaxe: Kalipedia.com
Hoxe, 4 de setembro, sábado, terá lugar no Observatorio de aves da Xunqueira a presentación da “Ruta da Desembocadura do Miño”.
Ás 19:00 horas comezará a visita guiada para dar a coñecer a nova ruta coa que se pretende acercar ao veciño e ao visitante os valores naturais e o patrimonio que está ligado á desembocadura do Miño.
En 2008 púxose en marcha unha iniciativa para revalorizar os diferentes recursos do concello. Lévanse publicado: "Ruta Urbana Nº 1" (2008), "Ruta de las Casas Indianas" (2009) e para este ano a “Ruta da Desembocadura do Miño”.
Estades todos invitados!
0 comentarios