OS BOSQUES, IMPRESCINDIBLES PARA O NOSO PLANETA
As áreas verdes son zonas con superficie forestal. As vermellos sufriron perdas, as azuis gañaron e as rosas experimentaron ambas as dúas cousas, perda e posteiormente ganancia / Universidade de Maryland
A revista "Science" publicou un estudo da Universidade de Maryland (UMD) que foi capaz de desenvolver un mapa interactivo en alta resolución. A ferramenta proporciona por primeira vez información espacial e temporalmente detallada sobre a superficie forestal perdida e gañada durante os últimos 12 anos a través das observacións do satélite Landsat 7.
Identificar as causas das perturbacións nas superficies boscosas, as relacións entre as dinámicas forestais e o benestar social, ou o alcance das políticas ambientais son algúns dos temas que a partir de agora se valorarán con maior precisión.
O estudo confirma que un total de 2,3 millóns de quilómetros cadrados de bosque perdéronse, fronte aos 800.000 quilómetros cadrados que conquistaron. Se se fan contas, iso supón que hai 1,5 millóns de quilómetros cadrados menos de superficie forestal que hai unha década aproximadamente. Estas áreas, advirten os conservacionistas, son particularmente importantes para salvagardar a biodiversidade, pois albergan boa parte das aves, anfibios e mamíferos ameazadas no planeta.
A análise dos datos do satélite fíxose posible grazas á colaboración de Google Earth Engine que puxo en práctica os modelos desenvolvidos pola UMD para a caracterización dos conxuntos de datos do satélite Landsat 7 .
FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios