Blogia
vgomez

ZONA VERDE

XXV ANIVERSARIO ANABAM

XXV ANIVERSARIO ANABAM

Con motivo do peche do XXV aniversario de ANABAM , esta asociación presentará o vindeiro sábado, 18 de decembro, ás seis da tarde na Casa dos Alonso, da Guarda, unha campaña coa que pretende impulsar o Turismo Ornitolóxico no Esteiro do Miño, co seguinte programa:

18.00 horas: ANABAM, 25 anos.

18.10 horas: Vídeo resume 25 anos de ANABAM.

18.20 horas: Presentación da Campaña de turismo ornitolóxico: Achégate ao Esteiro do Miño. Vén observar aves.

18.30 horas: Vídeo: As aves acuáticas e a ruta ornitolóxica do esteiro do Miño.

18.40 horas: Presentación dos Socios de Honra Jonh Weeden e Gloria Villaraviz.

18:45 horas: Vídeo: Proxectos desenvolvidos co apoio da Weeden Foundation.

18.55 horas: Entrega da credencial de Socios de Honra.

19.00 horas: Remate do acto coa entrega de agasallos aos asistentes e degustación de Rosca de Xema guardesa acompañada de viño doce e café.

Acto aberto ao público. Estades invidos!

Á VOLTAS CO CAMBIO CLIMÁTICO

Á VOLTAS CO CAMBIO CLIMÁTICO

A organización ecoloxista Greenpeace acaba de difundir estas fotografías (unha tomada en 1931 e a aoutra no pasado marzo) nas que se poñen de manifesto o retroceso que sufríu o glaciar Ameghino.

O glaciar Ameghino, situado no Parque Nacional Los Glaciares, na provincia de Santa Cruz, ao sur de Arxentina, retrocedeu catro quilómetros en case 80 anos polo efecto do quentamento global.

O quentamento global foi algo negado por moitos e agora admitido, foi a tematica tratada durante case dúas semanas de intensas negociacións na Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas (COP16), que se celebou na cidade balneario de Cancún (México) e que devolveu o optimismo na  loita contra o cambio climático ao lograr a firma dun importante paquete de medidas e dejixar a porta aberta para a extensión do Protocolo de Kioto en novembrO do próximo ano, en Durban (Sudáfrica).

A PEGADA ECOLÓXICA

A PEGADA ECOLÓXICA

Pegada ecolóxica / Imaxe: ecologiaverde.com

O termo "pegada ecolóxica" mide a superficie necesaria para producir os recursos consumidos por un cidadán medio dunha determinada comunidade, así como a necesaria para absorber os residuos que xenera, independientemente de onde se atopen localizadas estas áreas. A ilusión de que hai un inesgotable corno da abundancia ao servizo do noso consumo esvaécese como o fumo cando calculamos a nosa pegada.

Para calculala, primeiro hai que decidir que comunidade (país, cidade, rexión…) queremos estudiar e elexir un período de tempo. Despois búscase para ese tempo tomado canto consome esa poboación para cubrir as súas necesidades alimentarias, enerxéticas, de materias primas e de solo. Tátase de coñecer cantos campos de cultivo foron necesarios para producir alimentos, forraxes e materias primas; canto terreo de pastos provéenos de hovos, carne ou leite; a superficie forestal necesaria para obtener a nosa madeira; o espazo mariño necesario para os productos pesqueiros que consumimos; o territorio construído ocupado polos nosos pobos, cidades, vivendas, estradas e industrias, e finalmente a enerxía que necesitamos, que se traduza na superficie forestal necesaria para absorber o CO2 desprendido da queima dos combustibles fósiles. Dentro deste cálculo o 12% do territorio resérvase para a conservación da biodiversidade.
Sumando todas as superficies e dividíndoas entre os habitantes da área estudada obteremos a pegada ecolóxica per cápita. Unha vez coñecido este dato interésanos descubrir se a comunidade estudiada é sostible ou non e para iso temos que coñecer o terreo productivo do que dispón. Se o seu ritmo de consumo produce unha pegada  maior que o territorio dispoñible, entón teremos “déficit ecológxco”, é dicir, consumimos máis terra da que dispoñemos. 

Segundo o informe "Planeta Vivo" da WWF, a humanidade duplicou nos últimos 40 anos a súa pegada ecolóxica global e a poboación mundial empregou de media en 2007 o equivalente a 1,5 planetas para soster as súas actividades.

En España necesítanse casi 3,5 superficies como a do noso país para satisfacer o nivel de desenvolvemento actual. Este dato sitúa ao noso país entre as rexións que máis presionan á natureza. España está situada no posto 19 do mundo e no 12 de Europa en canto á maior pegada ecolóxica por persoa.

A receta segundo a WWF para salvar a Terra é: máis enerxías renovables e menos consumo de carne.

FONTE: CENEAM e WWF.

XORNADA DE CONVIVENCIA AMBIENTAL

XORNADA DE CONVIVENCIA AMBIENTAL

Un ano máis comenzan as actividades da  Axenda 21 Escolar Galega, e faino cunha convivencia Lengua fuera, a celebrar o próximo día 12 (venres) a partir das 16:30 horas.

Seguramente preguntaraste que é a A21EG. A resposta tela pinchando AQUÍ.

Se queres participar, formando parte do Comité Ambiental, apúntate, falando co Coordinador: Arsenio Arias, na Xefatura de Estudos, nos recreos.

Participa!

ANABAM:"BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"

ANABAM:"BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA"

O sábado, día 23 de outubro, a partires das catro da tarde, levarase a cabo unha nova limpeza do “Bosque para unha Bolboreta” eliminando as acacias que medran nel. 

Trátase de eliminar as acacias que medran na superficie que se destinou para promover un proxecto pioneiro en España e, quizais, único en Europa, que precisa un seguimento continuado para evitar a invasión de especies foráneas que poderían malograr esta iniciativa.

Anabam informa que esta actividade, como as demais que realiza, está aberta a cantos queiran colaborar, sendo agora máis importante a presenza de voluntarios para acometer este traballo, porque xa está garantido o éxito da Charaxes ao detectarse  que esta bolboreta, das máis grandes de Galicia, xa realizou postas neste erbedal polo que desde a única asociación ecoloxista que resiste no sur de Galicia, din que “contamos contigo, e  tamén con el, con aquel e con aqueloutro” para axilizar a limpeza do “Bosque para unha Bolboreta”. Para máis información pódese contactar polas tarde no teléfono 986 61 17 99.

FONTE:Galiciasuroeste

 

OUTONO E COGOMELOS

OUTONO E COGOMELOS

Exemplares de Macrolepiota procera, moi abundante en Galicia

Outono é sinómino de cogomelos  e castañas, das que falaremos outro día. Estes días son moitos os que patexan os montes de Galicia, eu un deles. Eso si, dende o pasado domingo, inicio da temporada de caza, hai que ter coidado por se nos confunden cun algún exemplar ou trofeo.

Este mundo da micoloxía e fascinante, pero no que se precisa unha formación previa, sobre todo para evitar accidentes e confusións que se poden pagar moi caras, como sucedeu hai uns días en Bilbao por culpa dunha amanita phalloides. Esta formación pasa por ir acompañados sempre dunha persoa coñecedora do lugar e das especies que se pretender recolectar. Tamén é preciso ter ou consultar algunha guía que poidan resolver dúbidas ou que podan permitirnos investigar. Empregade cesta e navalla para cortar. Finalmente, disfrutade do monte, dos paseos e da compaña pero sempre trespectando a natureza.

Lémbrovos que tedes un ENLACE cunha guía para consulta: GUÍA DE FUNGOS E COGOMELOS.

A TERRA. SOMOS INSIGNIFICANTES NO UNIVERSO

 

Este vídeo, feito a partir dunha presentación de powerpoint, plantexanos moitas preguntas interesantes, pero quita unha conclusión final demoledora: somos unha area na praia do universo, somos insignificantes.

Merece a pena velo e quitar... moitas conclusión.

Que sexa do voso agrado! Pena da música do orixinal powerpoint, pero sempre queda poñer música de fondo como Star Wars.

BOIA DE A GUARDA (WMO)

BOIA DE A GUARDA (WMO)

A Boia de A Guarda (WMO) é unha estación océano-meteorolóxica que está situada no noso concello, ubicada a 41,9º de latitude N e -8,9º de lonxitude O, e que comenzou a funcionar o pasado 29 de xullo de 2010.

Esta plataforma está dotada dos seguintes sensores:

  • Anemómetro-Cataventos
  • Correntímetro Perfilador Doppler Horizontal
  • Sensor de calidade de auga
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Se queres consultar os últimos datos recollidos pincha AQUÍ ou ben en calquera momento no ENLACE: BOIA DE A GUARDA (WMO).

FONTE:Meteogalicia