Blogia
vgomez

ZONA VERDE

SACAR ENERXÍA DAS ONDAS

SACAR ENERXÍA DAS ONDAS

Deseño do Wavecat, estrutura flotante con escaso francobordo e impacto visual que utiliza o pase das ondas

A Escola Politécnica de Lugo é o centro que está dando os primeiros pasos en Galicia para deseñar un equipo que permita aproveitar a enerxía das ondas (coñecida tecnicamente como undimotriz) para producir enerxía. A primeira maqueta do Wavecat, como se denomina, estará lista dentro duns tres meses para ser enviada ao Canal de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo, en Madrid, organismo recoñecido internacionalmente para realizar os ensaios de todo tipo de estruturas e buques, incluídos os de estaleiros militares.

O cálculo estrutural, a estabilidade e o sistema de fondeo son aspectos a coidar para asegurar a supervivencia do Wavecat nas condicións extremas do litoral galego. A potencia que xerará cada aparello non está definida, dependerá do tamaño máis adecuado ás condicións da plataforma galega, pero se busca o máximo rendemento enerxético e un mantemento sinxelo. No proxecto participa a firma viguesa Baliño, de hélices e turbinas. Norvento, que xa colaboraba con este Grupo de Enxeñería de Costas e Auga dá USC, ocúpase do estudo económico e ten unha licenza de primeira opción sobre o Wavecat, pensado para evacuar a enerxía cara á costa a través de cable.

Cando se constrúa o primeiro, probarase antes nun lugar abrigado da costa galega.

22 ABRIL : DÍA DA TERRA

22 ABRIL : DÍA DA TERRA

O próximo martes, 22 de abril, celébrase o Día da Terra, aínda que nesta fin de semana concentranse a maior parte das actividades. O lema do presente ano é "Fronte ao cambio climático, menos CO2".

Orixe: No ano 1962, o senador estadounidense Gaylord Nelson comenza a plantexar a necesidade de que as cuestións do medio ambiente formen parte da axenda gubernamental do presidente John F Kennedy. En 1969, e aproveitando o ímpetu das continuas protestas civís conta a guerra do Vietnam, especialmente no ámbito universitario, Nelson convoca unha manifestación popular para que todos os interesados expresen a súa precupación polo manexo do tema ambiental a nivel nacional. Así o 22 de abril de 1970 máis de 20 millóns de estadounidensesmovilizáronse, establecendo nas súas comunidades, universidades e colexios unha plataforma de difusión e discusión, co obxectivo de aumentar a pouca conciencia sobre os problemas ambientais do noso planeta. O evento foi bautizado co nome de Dia da Terra, e considerado por moitos como o nacemento do movemento ecoloxista moderno.

PRENSA : OPERACIÓN CARBALLO

PRENSA : OPERACIÓN CARBALLO

Na fotogría o Alcalde de Vigo e o Director Xeral de Caixagalicia

No día de hoxe aparece unha reseña da actividade que realizamos onte, 15 de marzo, e da que xa dimos conta anteriormente, no xornal FARO DE VIGO. Se queres coñecela polo miúdo pincha en:Operación carballo

 

 

OPERACIÓN CARBALLO

OPERACIÓN CARBALLO

Onte, martes 15 de marzo,  28 alumnos-as e 2 profesores participamos  na denominada Operación Carballo, organizada pola Obra Social de Caixagalicia e o Concello de Vigo e que se celebrou nos montes de Coruxo-Vigo.

Nela plantamos 42 carballos nunha parcela destinada ao noso Centro. Entre os días 14, 15 e 16 plantaranse nestes montes por escolares un total de 1.200 carballos. As nosas felicitacións pola iniciativa e a organización da actividade.

O EMPREGO DE BOMBAS NUCLEARES FARÍA DESAPERECER A CAPA DE OZONO

O EMPREGO DE BOMBAS NUCLEARES FARÍA DESAPERECER A CAPA DE OZONO

A revista 'Proceedings of the National Academy of Sciencies' acaba de publicar unha investigación realizada por Brian Toom e Michael Mills, da Universidade de Boulder, capital do Estado de Colorado, onde se conclúe que un conflicto rexional nuclear arrasaría a capa de ozono de todo o planeta.

Os investigadores simularon informáticamente a explosión dun cento de bombas nucleares de 15 kilotóns cada unha (similares as que se lanzaron en Hirosima) que é o arsenal nuclear que almacenan dous paises do sur de Aásia como India e Pakistán. Esta simulación deu como resultado que as explosións e posteriores incendios urbanos provocarían columnas xigantescas de fumo e ferruxe nunha cantidade de ata cinco millóns de toneladas métricas, de ata 70 km de altura, xa no límite da estratosfera. Diminutas partículas en suspensión, absorberían unha gran parte da radiación solar, que provocaría o quentamento dos gases atmosféricos. Nesas circunstancias, produciríanse reaccións químicas, entre elas a catálisis (proceso mediante o cal se incrementa a velocidade dunha reacción química) que logra romper as moléculas de ozono (O3), destruíndo esa fina capa que nos protexe da radiacións solar, o que tería enormes consecuencias saude humana e os ecosistemas terrestres, acuáticos e mariños.

CASA ECOLÓXICA

CASA  ECOLÓXICA

A marca xaponesa Panasonic (potente empresa en electrodomésticos e tecnoloxía) acaba de presentar a súa eco-house, unha vivenda unifamiliar que multiplica por cinco o factor confort e eficacia, mentres reduce o consumo de electricidade e auga, e por outro lado as emisións de dióxido de carbono (CO2) para producila. Poñerase á venda en 2010.

Se queres coñecer por dentro esta casa ecolóxica visualiza o vídeo en vivenda ecolóxica 

 

 

 

OUTRA VÍCTIMA DO CAMBIO CLIMÁTICO

OUTRA VÍCTIMA DO CAMBIO CLIMÁTICO

O Koala australiano (Phascolarctos cinereus) podería convertirse pronto nunha víctima do cambio climático.

Científicos australianos aseguran que as follas de eucalipto, que compoñen a dieta básia destes animais, corren perigo de convertirse incomentibles polos efectos do incremento do CO2 na atmosfera. Ao parecer o dióxido de carbono está provocando unha reducción do nitróxeno e outros nutrientes contidos nas follas de eucalipto, así como un aumento dunha toxina chamada tanino. Este proceso causa un recorte nos niveis de proteinas nas follas, o que obriga aos koalas e outros animais a buscar follas desta árbore máis pobres en nutrientes para sobrevivir.

Os koalas, como outros marsupiais, dependen case exclusivamente dos eucaliptos para sobrevivir: apotandolle azucres, almidón, graxas e proteínas. De feito, os grandes bosques destas árbores constitúen todo o seu hábitat

 

A HORA DO PLANETA

A HORA DO PLANETA

Cidadáns de todo o mundo están chamados hoxe a apagar as luces durante unha hora para subraiar o perigo e a ameaza que supón o cambio climático. A hora do planeta é como se chama esta iniciativa, convocada pola organización ecoloxista WWF. O apagón é tamén un símbolo de compromiso individual para diminuír o uso de enerxía, por eso a organización invita non só a apagar as luces e aparellos eléctricos entre as 20:00 e as 21:00 da noite, senón tamén a cambiar as bombillas tradicionais por unhas de baixo consumo e aprender o que se pode facer na loita contra o cambio climático..

¿Úneste a iniciativa?