Blogia
vgomez

ZONA VERDE

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA
En 1992 a Asemblea das Nacións Unidas estableceu que o 22 de marzo de cada ano se celebrase o Día Mundial da Auga.
Nun mundo que está cuberto nas súas dúas terceiras partes por auga, pode parecer un contrasentido mencionar que o difícil acceso a auga potable é a causa de einfermidades e miseria para 1.500 millóns de persoas.
Sen embargo esta é a realidade. A auga apta para o consumo humano (doce, potable e fácil acceso) é unha parte moi pequena do total e á súa vez non se debe só as condicións naturais de determinadas rexións, senón que ten moito que ver co aumento da poboación, o despilfarro e a contaminación.

Aquí van unha serie de consellos para aforrar auga:

* Repara as billas que goteen. Aforrarás unha media de 170 litros de auga ao mes.

* Cerra billa mentes te enxaboas as mans, te lavas os dentes ou te afeites. Por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto.

* Dúchate en lugar de bañarte, e cerra a billa mentres te enxaboas. Aforrarás unha media de 150 litros cada vez.

* Non utilices o váter como caldeiro do lixo. Coloca unha papeleira no baño.

* Utiliza cisternas de dobre descarga para gastar só a auga que necesites. Se a cisterna do teu cuarto de baño non é de dobre descarga, podes meter dentro unha ou varias botellas de plástico cheas: podes reducir o gasto de auga á metade.

* Compra electrodomésticos ecolóxicos e utilízaos sempre a carga completa (os programas de media carga gastan máis da metade). Unha lavadora pode gastar ata 90 litros cada vez que a utilizas (según as marcas e modelos). Un lavalouzas, ao redor de 30.

* Non deixes a billa aberta para que se arrefríe a auga, xa sabes que por unha billa aberta corren ata 12 litros de auga por minuto. Acostuma a poñer unha xerra ou botella na neveira.

* Emprega cuncas, barreños para lavar a froita, a verdura, os pratos, os cacharros... Se tes un fregadeiro de dúas cubetas, usa unha para enxaboar e a outra para aclarar.

* Rega as plantas ao anoitecer e ao amencer e eveitarás pérdidas de auga por evaporación. Aproveita para regar a auga sobrante das xerras de comida, de lavar as verduras... Recolle a auga da ducha fría antes de que salga a quente e poderás aproveitala para o rego.

* Emprega sistemas automáticos de rego por aspersión ou por goteo. Evita utilizar a mangueira. O uso de plantas autóctonas en xardinaría axuda ao aforro e mantemento dos nosos xardíns.

Este ano adícase especialmente ao saneamento das augas (que comprende o manexo sanitario da auga potable, as augas residuais e excretas, os resíduos sólidos e o comportamento hixiénico que reduce os riscos para a saúde e prevén a contaminación.

Aínda que o Día Internacional da Auga é o 22 de marzo, este ano celebrouse o 20 de marzo.

 

PRIMAVERA

PRIMAVERA
O cambio de estación, paso de inverno a primavera, prodúcese en torno ao día 21 de marzo.
 
O equinoccio de primavera é aquel en que o día dura o mesmo tempo que a noite, feito (o equinoccio) que volve a producirse o 23 de setembro (equinoccio de outono), día de Sta Trega.
 
Este ano 2008, o equinoccio de primavera produciuse ás 6h 48 min do día 20 de marzo (hora galega).
 

LEMBRANZAS DO TEMPORAL

LEMBRANZAS DO TEMPORAL

Ondas no Cantábrico (Santander) 

Según os expertos as ondas acadadas o pasado día 11 non se volverán a repetir en 30 anos. A verdade é que se batiron records no tamaño das mesmas, ata 20 metros.

¡A natureza é imprevisible e indomable !

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA
ANABAM, organiza para o día de hoxe unha actividade moi interesante: PLANTACIÓN DE ÉRBEDOS (Arbutus unedo L.), co fin de preservar unha das bolboretas máis fermosas de Galicia.
A actividade será hoxe, 15 de marzo, ás 4 da tarde.
Se estás interesado pincha en UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO III)

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO III)
Plantación de naranxos de Sumacarcer (Valencia). ¡Estes serían os efectos da desertización!

ANABAM: XOIAS BOTÁNICAS

ANABAM: XOIAS BOTÁNICAS
Genciana (Gentiana pneumonanthe)
ANAMAB está a difundir información interesante sobre aspectos botánicos da zona do Baixo Miño, concretamente cinco xoias botánicas, moitas en perigo de desaparecer e outras imprescindibles no ciclo vital de moitos insectos.
Para coñecelas e profundizar pincha en : CINCO XOIAS BOTÁNICAS:ANABAM

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO I I)

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO I I)
Rio Ebro ao seu paso por Zaragoza sen auga. ¡Imaxes para ser conscientes da realidade!

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO I)

O CAMBIO CLIMÁTICO EN ESPAÑA (HIPOTÉTICO FUTURO I)
Neste hipotético futuro  temos o que pode pasar polo aumento do nivel do mar, consecuencia do cambio climático. Concretamente na Manga do mar Menor en Murcia.
¡Estas imáxen teñen que levarnos a reflexionar!