Blogia
vgomez

ZONA VERDE

XARDÍN ESCOLAR

XARDÍN ESCOLAR
Na semana pasada, membros do Comité Ambiental, do IES A Sangriña, completaron de plantar o xardín escolar que a Axenda 21 EG está a elaborar na parte posterior do Centro. Con este traballo remátase a parte arbórea, quedando só por completar a parte de retamas e plantas aromáticas.
Así mesmo un Grupo de Traballo de profesores están a preparar unha senda botánica para a aplicación do xardín botánico escolar nas actividades docentes.
Un traballo que lamentablemente moitas veces vemos frustado polas actitudes dun grupo reducido e illadode membros do Centro que destrúen o que tantro traballo e horas leva facer.

NEW FLAME, OUTRO DESASTRE

NEW FLAME, OUTRO DESASTRE

O cargueiro panameño "New Flame" ,  que quedou semiafundido a media milla de Xibraltar tras colisionar co petroleiro "Torm Gertrud" o pasado 12 de agosto, choque que deixou toneladas de resíduos, está xa case totalmente afundido e mandou á costa de Alxeciras (Cádiz) por terceira vez manchas de hidrocarburos.

É lamentable que despois de 6 meses, ¡SEIS MESES! , aínda se siga nesa situación, e nada fixera Xibraltar por solucionar o problema. Parece que agora, xa era hora, o goberno español toma algunha decisión IMPORTANTE para poñer coto ao despropósito da colonia británica en solo español.

Esperemos que sexa o principio do fin desta situación que aos galego nos recorda  vellas pantasmas como o CASÓN, PRESTIGE, etc.

 

 

O SAPO PARTEIRO

O SAPO PARTEIRO

 sapo parteiro (Alytes obstetricans) Foto: EFE

Un novo centro de cría en cautividade na Serra do Guadarrama trata de protexer aos sapos parteiros e a outros anfibios ameazados. O sapo da imaxe ten "quitidriomicosis" un fungo asasino.

SAÍDA DO COMITE AMBIENTAL DO I.E.S.

SAÍDA DO COMITE AMBIENTAL DO I.E.S.
Na tarde do pasado mércores, 6 de febreiro, boa parte do COMITÉ AMBIENTAL do IES "A Sangriña", formado por alumnos-as e profesores-as do centro, fixeron unha visita ao CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA NATUREZA DO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA de Tui. Alí coñecemos de primeira man unha senda botánica, da que trateremos de reproducir algo similar no xardín que estamos a montar na parte posterior do noso centro escolar.
A verdade, digno de vistalo para aqueles que non o coñezan e lles guste a natureza.
Grazas a Manuel Domínguez (Biólogo) que nos atendeu maravillosamente.

RECUPERACIÓN DA SERRA HIDRÁULICA DE MARZÁN


O delegado da Consellaría de Traballo, Pedro Borrajo Rivas, acompañado do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela; da concelleira de Cultura, Mª do Rosario Tabales, e o coordinador documentalista, Antonio Lomba, visitaron onte a, posiblemente, única serra hidráulica reconstruída en Galicia, que se localiza no lugar de Marzán, no coñecido como Muíño do Pijorro, alimentado polo regato da Soberbia, e no que traballaron catro obreiros: dous carpinteiros, un albanel e un encargado de obra.

Segundo a xustificación que serviu ao concello rosaleiro para reclamar a colaboración de Traballo nesta reconstrución, a información necesaria para redactar o proxecto de rehabilitación da Serra de Marzán, obtívose dun traballo didáctico realizado por un grupo de profesores do IES A Sangriña, “A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial”, premiado pola Consellaría de Educación e a de Industria e Innovación, na modalidade de materiais curriculares.

Explicou a edil de Cultura, que a serra hidráulica de Marzán formará parte dun circuíto turístico-cultural-etnográfico, ao mesmo tempo que didáctico, no que tamén se incorporarán o Aula da Natureza das Aceñas, que está na súa última fase, e o complexo de muíños do Picón-O Folón.

O Muíño do Pijorro, de propiedade privada, pero cedido durante 25 anos ao concello do Rosal, é un muíño dobremente funcional, xa que ao seu carácter de serrería, hai que sumar que era tamén un muíño fariñeiro de dous moas.

Pedro Borrajo valorou positivamente o traballo realizado, e engadiu que tanto polo seu valor etnográfico, como polo futuro que lle destine a corporación do Rosal, poderáselle sacar un gran rendemento, sobre todo desde o punto de vista didáctico, xa que permitirá coñecer como se traballaba na época preindustrial e tamén os usos da auga.
Orixes

A serra hidráulica de Marzán é unha instalación construída a finais do século XIX, de 100 metros cadrados, que consta dunha serra hidráulica alternativa e dous muíños de rodicio. A maquinaria da serra, segundo o estudo elaborado por Antonio Lomba, atopábase en moi bo estado de conservación na parte correspondente ao tremiñado (piso superior), e nun estado de certa deterioración na parte correspondente ao inferno (zona inferior).

No Rosal, ademais desta, coñécense outras dúas serras: a de Couto, en Valdemiñotos, descrita por Praxiteles González Martínez no seu libro “Ribeiras do Baixo Miño”, e outro máis no lugar de Fornelos.

A levada bifúrcase para alimentar, á esquerda, á serra; a dereita ás dúas moas fariñeiras

Entrada do cubo

Regato da Soberbia que alimenta a levada

Entrada, desde o exterior, ao inferno cando se precisa realizar algún arranxo nos artiluxios que moven a serra

Serra no tremiñado, vista desde a porta principal. Ao fondo, a porta traseira do muíño, que permitía retirar as taboas cortadas

Forno no interior do muíño

Roda, e árbore (eixe), que se move pola forza da auga. Vista dese o tremiñado

Gateira, ten forma troncocónica, e acumula a auga que moverá a roda

O mecanismo motriz visto desde o inferno

Trampiña que permite baixar desde o tremiñado ao inferno

Antonio Lomba explica o funcionamento das distintas pezas que se atopan no inferno

Detalle da serra e outros elementos situados no tremiñado

Unha parte do Muíño está dedicado a moenda dos cereais

Cruciformes nunha das pedras da fachada

 

Información obtida de www.galiciasuroeste.info

TRANSXÉNICOS

TRANSXÉNICOS
Sen dúbida eso de alimentos transxénicos é un dos temas da actualidade máis polémicos e interesantes. Hoxe imos tratar, na medida do posible, de poñer un pouco de luz sobre este tema.
Todos os organismos vivos están constituídos por xenes (que son considerados como como a unidade de almaceamento de información e herencial ao transmitir esa información á descencencia. Tecnicamente é unha secuencia lineal de nucleótidos de ADN ou ARN). As diferentes composicións destes conxuntos determinan as caracteristicas de cada organismo.
Por alteración desa composición os científicos poden cambiar as características dunha planta ou dun animal. O proceso consiste na transferencia dun xen responsable de determinada característica nun organismo, cara outro organismo ao que se pretende incorporar esta característica. Neste tipo de tecnoloxía é posible transferir xenes de plantas a bacterias, a virus, a outras plantas, e tamén combinar xenes de plantas con plantas, de plantas con animais, ou de animais entre si, superando por completo as barreiras naturais que separan as especies.
Sobre o tema de se son ou non inofensivos hai moita controversia. Según algúns estudios causan dano á saúde e ao medio ambiente. En Europa hai unha moratoria ata que se revise e modifique a lexislación sobre a liberación ao medio ambiente de organismos transxénicos. Tema complexo e do que temos que estar á espectativa.
Para profundizar neste tema poden consultar o seguinte gráfico interactivo, tomando como exemplo o tomate: Transxénicos

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA VIII

A MÁXICA NATUREZA IBÉRICA  VIII
Escuadra en voo (Lagoa de Gallocanta-Teruel) Fotografía: José B. Ruíz

O MAR MEDITERRÁNEO QUÉNTASE

O MAR MEDITERRÁNEO QUÉNTASE
O mar Mediterráneo está expirementando un acelerado quentamento e unha subida do nivel das augas, especialmente na década dos anos 90. Estes datos foron revelados polo IEO (Instituto Español de Oceonografía), despois de contrastar estudios entre os anos 1948 e o 2005.
Según este estudio a temperatura variou entre 0,1 ºC e 0,5 ºC nos 3.200 km de litoral deste mar. Así mesmo a elevación do nivel do mar foi dunha media 8 cm (que van dos 16 cm no mar de Alborán e os 4 cm das costas de Cataluña.
Estamos falando de 15 anos; se esta tendencia continuase nos próximos 50 anos a variación no nivel das augas sería de medio metro.