Blogia
vgomez

ZONA VERDE

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE VIII

 

Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe a terceira parte e última dos tres capítulos adicados ás especies "Ao bordo da extinción". Neste capítulo séguese a falar dos animais dos capítulos anteriores que viven nos Pririneos, engadindo o rato do almiscre (Galemys pyrenaicus), o voitre leonado (Gyps fulvus), a aguia real (Aquila chrysaetos), dos corvos carniceiros (Corvus corax) e o coello (Oryctolagus cuniculus)

Mañá un novo capítulo.

Que o disfrutedes!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE VII

 

Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe a segunda parte dos tres capítulos adicados ás especies "Ao bordo da extinción". En concreto neste capítulo séguese a falar da pita do monte (Tetrao urogallus), do crebaosos  (Gypaetus barbatus) e do oso pardo ibérico (Ursus arctos pyrenaicus) e engádese a aguia perdiceira (Aquila fasciata), o corzo (Capreolus capreolus) e un conxunto de aves carroneiras.

Mañá a terceira parte.

Que o disfrutedes!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE VI

 

Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe a primeira parte dos tres capítulos adicados ás especies "Ao bordo da extinción". En concreto neste capítulo falarase da pita do monte (Tetrao urogallus), do crebaosos  (Gypaetus barbatus) e do oso pardo ibérico (Ursus arctos pyrenaicus).

Mañá a segunda parte.

Que o disfrutedes!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE V

 

Continuando con iste apartado adicado ao legado de Félix Rodríguez de la Fuente, imos visionar a segunda parte do capítulo adicado a Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti)  , da serie "O home e a terra. Fauna ibérica".

Mañá un novo capítulo!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE IV

 

Continuado co visionado da serie "O home e a Terra. Fauna ibérica", dentro dese legado marabilloso que deixou Félix Rodriguez de la Fuente, propónovos hoxe a primeira parte do capítulo adicado a Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti).

Mañá a segunda parte.

Que o disfrutedes!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE III

 

Continuando con iste apartado adicado ao legado de Félix Rodríguez de la Fuente, imos visionar a segunda parte do capítulo adicado a "O abellaruco" (Merops apiaster), da serie "O home e a terra. Fauna ibérica".

Mañá un novo capítulo!

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE II

 

Tal como che proponía onte, imos comezar hoxe e durante todo iste mes de xullo, o visionado de capítulos da serie "O home e a terra. Fauna ibérica" que Félix Rodríguez de la Fuente deixounos como legado.

Comezamos coa primeira parte de "O abellaruco" (Merops apiaster). Tal como quedamos non pasaremos dos 30 minutos, por iso moitos capítulos estan divididos en partes para non ser cansinos.

Mañá a segunda parte!

Que disfrutedes!

(Merops apiaster)

(Merops apiaster)

O LEGADO DE FÉLIX RODRÍGUEZ DE LA FUENTE


Ao norte de Burgos atópase Poza de la Sal, un pequeno municipio de apenas 300 habitantes que seguramente pasaría desapercibido, a pesar de situarse nunha contorna natural privilexiada, de non ser porque alí naceu, en 1928, o noso naturalista e  divulgador ambiental máis famoso: Félix Rodríguez de la Fuente.

Foi precisamente alí, nos seus paseos polo campo, onde naceu o seu intenso amor pola natureza, un amor que Félix soubo, nunha época na que aínda seguían vixentes en España as Xuntas de Extinción de Animais Daniños, divulgar e compartir con cidadáns de todo o mundo.

Félix Rodríguez de la Fuente licenciouse en Medicina na Universidade de Valladolid e graduouse en  estomatología, e de feito chegou a exercer como dentista en Madrid, profesión que abandonou ao pouco tempo para dedicarse ás súas paixóns: a cetrería e a divulgación ambiental.

Félix non foi o único defensor da natureza da súa época. Francisco Bernis ou Xosé Antonio Valverde foron outros dos grandes naturalistas que contribuíron a implantar o xerme da conservación no noso país, e deron pasos de xigante como a creación do Parque Nacional de Doñana ou a fundación da Sociedade Española de Ornitoloxía. Pero, seguramente, Félix Rodríguez de la Fuente foi o máis mediático, e conseguiu que a súa mensaxe en defensa de todas as especies chegase aos cinco continentes, como proba a súa serie documental máis famosa: O home e a terra.

A pesar das críticas recibidas polo uso de animais troquelados para a produción dos seus documentais, o legado de Félix Rodríguez de la Fuente transcendeu xeracións e inspirado multitude de movementos en defensa da natureza. Foi o fundador do Refuxio de Rapaces de  Montejo de la Vega, participou na formación da delegación española do Fondo Mundial para a Natureza, e logrou importantes avances lexislativos para a protección de diversas especies ameazadas. En definitiva, contribuíu a cambiar a mentalidade nunha época na que o ecoloxismo e a conservación da natureza aínda estaban en cueiros no noso país.

No ano 1980, Félix Rodríguez de la Fuente morreu nun accidente en Alaska, rexión á que viaxara para rodar unha carreira de cans con zorra. A súa avioneta estrelouse e todos os seus ocupantes pereceron. En 2004, a súa familia creou a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente co fin de perpetuar o legado do noso  divulgador ambiental máis famoso.

Como parte fundamental dise legado están os documentais que TVE difundiu e que eu particualtemente seguín hai anos. Nesta época de descanso, seguro que hai tempo para adicarlle a revivir aqueles documentais. Propóñoche precisamente iso, adicar 30 minutos cada día do que resta diste mes de xullo (15 días) a visionar un capítulo da serie de "O home e a terra. Fauna ibérica" a partir de maná.

Espérote!