Blogia
vgomez

ZONA VERDE

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES XI

 

Stu Gibson recompila neste vídeo algúns dos mellores lugares do mundo para facer surf. Belas postas de sol, golfiños xogando ou unha balea azul son parte da diversión que fai aínda máis atractivo este deporte.

FONTE: Revista Consumer

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES X

 

Este vídeo, de Alte Vedut, fainos sobrevoar algunhas das zonas máis belas de Namibia, no continente africano. Trátase dun dos máis vistos na comunidade Dronestagram, onde se reúnen gran cantidade imaxes e vídeos gravados con drones en todo o mundo.

FONTE: Revista Consumer

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES IX

 

A illa de Tanna está entre as máis fértiles de Vanuatu, no océano Pacífico Sur (Oceanía) e nela habitan tribos melanésicas de cultura ancestral. Neste vídeo de Shaun O’Callaghan pódese contemplar o volcán Yasur en plena acción.

FONTE: Revista Consumer

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES VIII

 

Os golfinós, arroaces ou delfíns son animais sociais e tenden a viaxar en grupos pequenos, pero é inusual velos como neste vídeo. Gravado en Dana Point (California) por Dave Anderson, estímase que había uns mil golfiiños e varias baleas viaxando a toda velocidade.

FONTE: Revista Consumer

NATUREZA CAPTADA POLOS DRINES VII

 

O Parque nacional de Zhangjiajie, é un lugar un lugar único, elixido polo cineasta James Cameron para filmar varias escenas do seu exitoso filme "Avatar": Situado en Hunan (China), onde se atopa o elevador exterior máis alto do mundo no Libro Guinness de los Récords, a nada menos que 326 metros en metade dos preciosos acantilados dende o que pode apreciarse esta colosal sonstrución. Gravado por AEE Unmanned Aircraft System- F50.


O XUÑO MÁIS CÁLIDO DO PLANETA

O XUÑO MÁIS CÁLIDO DO PLANETA

Os percentiles de temperatura 06-2015 Blended Land & Sea. Anomalía temperatura superficial en ° C / NOOA

O mes pasado foi o xuño máis cálido tanto en terra coma nos océanos dende que se teñen rexistros, segundo a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica de EUA (NOAA).

A temperatura media global combinada sobre a superficie da terra e do océano en Xuño de 2015 foi a máis alta dende hai 136 anos, cun valor de 16.38 º C, 0.88 º C por enriba da temperatura media do século XX para un mes de Xuño, e rompendo o récord anterior de 2014 en 0.12 º C.

Tamén Xuño de 2015 foi o cuarto mes deste ano que bateu o seu récord de temperatura mensual, xunto con Febreiro, Marzo e Maio. Se se ten en conta o período dende Xullo de 2014 ata Xuño de 2015, obtense o período de 12 meses consecutivos máis cálido dende 1880, cunha anomalía de 0.83 º C por enriba da media.

Sobre a superficie terrestre, a temperatura media global foi de 14.56 º C, 1.26 º C por enriba da media do S. XX, a temperatura máis alta rexistrada en Xuño dende 1880. As temperaturas máis altas da superficie terrestre do planeta rexistráronse ao oeste de Estados Unidos, partes do norte de Sudamérica, varias rexións dende o centro ao oeste de África, o centro de Asia arredor e ao leste do Mar Caspio, e en zonas do sueste de Asia. Ao oeste de Groenlandia e noutras áreas da India e China, rexistráronse temperaturas máis baixas que a media, e o norte de Paquistán foi moito máis frío do normal.

FONTE: eltiempo.es

NATUREZA CAPTADA POLOS DRONES VI

 

A cova máis grande do mundo encóntrase en Vietnam. Hang Son Doong ten un microclima co seu propio río, selva e praias. Para facerse unha idea, unha das súas galerías ten case 5 quilómetros de longo, 220 metros de altura e 150 metros de ancho. O fotógrafo Ryan Deboodt e o seu equipo publicaba este vídeo tras sobrevoalo durante 10 horas.

FONTE: Revista Consumer

UNHA COMEDIA CONVERTIDA NUN IMPROVISADO VÍDEO

 

Vídeo colgado por un alemán en YouTube, gravado cunha desas diminutas cámaras GoPro, que unha gaivota roubelle pensando que se trata de comida nas Ilas Cies. Unha comedia convertida nun improvisado documental.

Seguro que a visita, aínda así, mereceu a pena!