Facebook Twitter Google +1     Admin

 

Conta a mitoloxía budista que un día, ao redor do século V antes de nosa era, Sidarta Gautama sentou baixo unha figueira unha noite de lúa chea e prometeu non levantarse ata alcanzar o Nirvana. Permaneceu na mesma postura durante 49 días coas súas noites. Cando abriu os ollos converteuse nun iluminado (un buda) e estaba tan agradecido a aquel "ficus relixiosa" por darlle acubillo que permaneceu unha semana enteira mirando as súas ramas en sinal de respecto e admiración. No caso do Buda a luz chegou do seu interior (unha iluminación metafórica) pero Antony Evans, fundador de Glowing Plants, quere que esa luz teña unha dimensión física e que proveña das plantas.

A idea de conseguir que algunhas especies vexetais brillen na escuridade non é nova. Nos anos 80 xa se conseguiu ao introducir encimas luciferinas provenientes de luciérnagas nalgunhas plantas. Os resultados, aínda que rechamantes, foron modestos: había que fotografar á planta cunha exposición de oito horas para apreciar unha tenue luminiscencia. Máis adiante, en 2010, investigadores da universidade Stony Brook modificaron xeneticamente unha planta de tabaco ao transplantarle algúns xenes dunha bacteria mariña produtora de luciferina. O novo no proxecto que lidera Evans é que deseñan as secuencias de ADN nun computador cun software especial, e despois imprímeno para inxectalo cunha pistola de xenes.

Calquera pode conseguir unha destas sementes milagrosas a través da web de Glowing Plants e facer crecer unha planta luminosa en casa. Mesmo, se se atreve, probar os seus propios experimentos, posto que o ADN creado é de código aberto e, por tanto, modificable. Antony Evans e os seus socios insisten en que o seu proxecto é a solución a un mundo que consome recursos de forma toleada, o que levará a crebar os límites do planeta. A propia Natureza, afirman, ten a resposta a través da bioluminiscencia, posto que é unha enerxía limpa, renovable e sustentable. "Estamos, afirma Evans, entrando nunha era na que deseñar un organismo biolóxico será tan fácil como deseñar unha aplicación móbil" por iso confía en que as súas plantas poderán, en poucos anos, servir para eliminar os farois nas cidades e substituílas por árbores luminosas.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.