El campeonato se celebrará el próximo 28 de marzo

Tirando unha "caña" / Imaxe:diariodepontevedra.es

Quen non escoitou, estando nun bar ou cafeteria, a expresión: "Dame unha caña!". Parémonos nesta palabra.

Entre as acepcións que contempla o dicionario da RAE, atopamos estas dúas: “vaso, xeralmente de forma  cilíndrica ou lixeiramente  cónica, alto e estreito, que se usa para beber viño ou cervexa” e tamén “líquido contido” no devandito recipiente.

Pero, por que recibe ese nome? Existen diversas versións sobre a súa orixe, pero una das máis estendidas é que lla chama así pola cervexa a presión; en concreto, polo conduto, ou cano, que une o barril coa billa e polo que circula a bebida cando o camareiro vai servírnola.

Tamén hai quen relaciona este nome coa expresión "dar caña", vinculada ao vendedor ambulante, propio do século  XIX e da zona de Andalucía, que levaba un depósito de bebida ás costas, normalmente viño, e que dispoñía dunha cana ancha que lle servía de unidade de medida.

FONTE: muyinteresante.es/curiosidades