Supermercados Gadis volve coa entrega anual 2018 da súa campaña "Vivamos como galegos".

Desta vez, o protagonista do anuncio é un neno que, como tantos hoxe, vive pegado á pantalla dun teléfono móbil e "ao que non lle interesa nada do noso. Un repunantiño". O seu avó sae ao seu rescate agasallándoo cun libro máxico: "A maxia do noso". Coa axuda de tres meigas, o mozo remata berrando: "Eu creo no noso! Vivamos como  galegos!". E todo isto a ritmo de cumbia verbeneira.

Cada día supéranse máis!