Blogia
vgomez

LULIN

LULIN

Fred. L. Whipple, pioneiro na investigación de cometas, dicía sobre eles: "Os cometas, esas lixosas bolas de neve que se vaporizan ao pasar preto do Sol ..."

Lulin é o alias do cometa C/2007 N3. Foi descuberto no ano 2007 por Quanzhi Ye e Chi Sheng Lin . Estudios realizados, aínda que se coñece pouco del, indican que dá unha volta ao redor do Sol cada 28,5 milóns de anos. A súa procedencia... das zonas remotas: o cinturon de Kuiper e a Nube de OOrt.

Este cometa estase aproximando á Terra, e o próximo martes 24 (véndose próximo a Saturno), atoparase no punto máis preto a nós (a 60 millóns de km), polo que será fácil observalo con binoculares. Actualmente a súa magnitude é 7 e de mellorar pasaría a 5 (canto máis baixa magnitude máis brillo) debe ser visible a simple vista, sempre lonxe de zonas con contaminación lumínica e un par de horas antes do amencer. Para a súa localización atópase entre as pinzas de Escorpio e Libra , preto da estrela Beta Scorpi.

 

 

 

0 comentarios