A SONDA KEPLER

Lanzamento do foguete Delta 2, que leva a sonda Kepler (Foto: EFE/NASA)
Na pasada noite, segundo confirma a NASA, foi lanzado con éxito dende a base de Cabo Cañaveral (Florida, EEUU) o foguete Delta 2 que leva unha sonda, denominada Kepler (Johannes Kepler foi un astrónomo e matemático alemán, coñecido fundamentalmente polas leis sobre os movementos dos planetas sobre a súa órbita ao redor do Sol).
A misión desta sonda, cunha duración prevista de tres anos e medio, é a busca doutros planetas como a Terra (planetas rochosos e con auga en forma líquida). A cámara coa que vai provista a sonda Kepker (que pode funcionar maís do tempo previsto para a misión) observará con maior atención máis de 100.000 estrelas, que son similares ao Sol, na rexión de Cygnus Lyra da Vía Láctea.
¡Boa viaxe!
0 comentarios