Blogia
vgomez

CONTO : O ACEITE E O SANCRISTÁN

CONTO : O ACEITE E O SANCRISTÁN

En certo lugar, de sona polo cultivo da oliveira, o sancristán recibía o encargo de recoller o aceite, que todos os anos ofrecían ao santo patrón os fregueses; pero quixo ter unhas ganancias, por ser o ano en que ía moi caro, e mesturouno con auga. Non obstante, o crego, que sempre andaba ao axexo, pois non era a primeira falcatruada que o sancristán lle facía, descubriuno e dixo, dirixíndose a el aproveitando a misa do domingo:

- Este ano o aceite semella auga e ata o punto que as ras poderían nadar nel.

O que fixo que o rostro do sancristán avermellase ata as orellas. Os olivareiros deseguida se decataron e, como o día coincidira co Domingo de Ramos, agardaron ao sacristán á saída da misa e comenzaron a darlle unha malleira cos ramos, naturalmente de oliveira. Entón o sacristán pedíu axuda dicindo:

- Señor cura, válgame que me van deixar derrengado.

Ao que lle respondeu moi sereno o crego:

- Quen foi agudo para roubar o aceite, que o sexa agora para librarse dos paus.

0 comentarios