Blogia
vgomez

HUMOR: REAL COMO A VIDA MESMA

HUMOR: REAL COMO A VIDA MESMA

A viñeta de Aguilera, publicada no xornal Faro de Vigo o pasado 26 de xullo, recolle un feito real como a vida mesma, que aparece cando hai grandes concentracións de xente: fins de semana e sobre todo nestas datas nas que Galicia está chea de festas e eventos gastronómicos, deportivos, musicais..

Á falta de WC suficientes, xunto coa facilidade de facer o que lle peta e en calquera lugar que hai neste país, engadindo a pouca preocupación de limpeza nas rúas dos nosos gobernantes locais, acontece o que acontece: cheiros a mexo polas rúas, vómitos en portais e entradas a garaxes, botellas e anacos de vidro  na rúa, excrementos de animais e de persoas nos lugares máis insospeitados ...

Hai que tomar medidas que van por colocar máis WC portátiles para dar a posibilidade a que empreguemos a educación que suponse que levamos dentro. Hai que limpar, de madrugada, as rúas con auga diariamente, sen deixar de lado a limpeza normal de día. Hai que informar con pedagoxía, por parte da policia local, e se fose preciso sancionar a aqueles que pensan que todo é chairo. E finalmente hai que pedir a cidadanía un pouquiño de POR FAVOR.

Estamos en festas, pero eso non xustifica que todo vale!

0 comentarios