SNR B0509-67.5
Burbulla de gas captada polo "Hubble" na Gran Nube de Magallanes / ESA
O telescopio espacial "Hubble" localizou nunha serie de observacións feitas entre os anos 2006 e 2010 unha soprendente pompa de gas nunha galaxia anana veciña: a Gran Nube de Magallanes, que está a só 160.000 anos luz da Terra.
Esta enorme burbulla transparente e vermella, denominada como SNR B0509-67.5, formouse despois da explosión dunha Supernova hai catro séculos. A delicada burbulla parece flotar apaciblemente nas profundidades do espazo, pero según os astrónomos tras esa calma ocúltase unha gran axitación interna.
0 comentarios