SEGUNDA AVALIACIÓN
Iniciada esta segunda avaliación, cómpre matizar a duracion da mesma. Se tradicionalmente abrangue dende o remate das vacacións de Nadal ata ás de Semana Santa, este ano non é así no noso Centro: a 2ª avaliación rematará o día 25 de marzo, venres (día da entrega de notas).
Durante esta avaliación só teremos vacacións os días 7, 8 e 9 de marzo (luns, martes e mércores de Entroido).
As vacacións de Semana Santa serán polo tanto na 3ª avaliación, do 18 ao 25 de abril, ámbolos dous inclusive.
0 comentarios